Glosario de expresións e termos

De Manual de Estilo DOG

Páxinas principais


En elaboración

Índice

Observacións

  1. Confeccionamos o glosario partindo da expresión ou do termo en castelán. Consideramos que, deste xeito, moitas persoas que o consulten, afeitas a se manexaren coas expresións en castelán, terán máis fácil acceso á correspondente forma galega. Puntualmente, incluímos observacións e comentarios sobre o emprego dalgunhas expresións.
  2. Cando se dan varias opcións, todas correctas, incluímos en primeiro termo aquela de uso máis frecuente.
  3. As formas precedidas de asterisco (*) non son correctas en galego.
  4. Para a elaboración do glosario tomamos como referencias as que se citan a seguir. Ademais, tanto no caso de haber varias formas correctas como naqueles en que poida haber discrepancias entre as distintas fontes lexicográficas ou terminolóxicas, optamos por lles dar preferencia ás expresións e termos que se veñen utilizando de forma habitual nos textos oficiais, nomeadamente no DOG.
• Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=
• Dicionario Xurídico: http://dixuri.com/
• Buscatermos (banco de datos terminolóxico da Universidade de Santiago de Compostela)
https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm;jsessionid=E335E65BAEEDEE8F0B172765CE32B08D
• Corpus técnico do galego (banco de datos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CTG/
Ferramentas persoais
Xunta de Galicia