Glosario de expresións e termos
De Manual de Estilo DOG
Revisión feita o 8 de abril de 2013 ás 12:36 por Servizotraducion (Conversa | contribucións)
|
Páxinas principais |
En elaboración
Índice |
Observacións
- Confeccionamos o glosario partindo da expresión ou do termo en castelán. Consideramos que, deste xeito, moitas persoas que o consulten, afeitas a se manexaren coas expresións en castelán, terán máis fácil acceso á correspondente forma galega. Puntualmente, incluímos observacións e comentarios sobre o emprego dalgunhas expresións.
- Cando se dan varias opcións, todas correctas, incluímos en primeiro termo aquela de uso máis frecuente.
- As formas precedidas de asterisco (*) non son correctas en galego.
- Para a elaboración do glosario tomamos como referencias as que se citan a seguir. Ademais, tanto no caso de haber varias formas correctas como naqueles en que poida haber discrepancias entre as distintas fontes lexicográficas ou terminolóxicas, optamos por lles dar preferencia ás expresións e termos que se veñen utilizando de forma habitual nos textos oficiais, nomeadamente no DOG.
- • Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
- • Dicionario Xurídico: http://dixuri.com/
- • Buscatermos (banco de datos terminolóxico da Universidade de Santiago de Compostela)
- • Corpus técnico do galego (banco de datos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CTG/
- • Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
| Castelán | Galego | Observacións |
|---|---|---|
| a (la) disposición de | á disposición de, ao dispor de | |
| a cargo de | a cargo de, por conta de | |
| a causa de | por causa de, a causa de, por mor de | |
| a ciencia cierta | con certeza, de certo, sen dúbida | |
| a contar desde | que comezará a contar, a partir de, contado desde | |
| a continuación | a seguir, a continuación, seguidamente, deseguido | Evítese o emprego de deseguida, que ten a acepción de "axiña, decontado" |
| a costa de | á custa de, por conta de | |
| a cuenta y riesgo | por conta e risco | |
| a cuyo fin | para o fin, para o cal | |
| a destajo | a obra feita, a traballo feito, ao axuste, por tarefa | |
| a efectos de | para os efectos de | |
| a este efecto | para este efecto | |
| a este fin | con este fin, para esta finalidade, con este obxecto, para isto | |
| a excepción de | coa excepción de, exceptuando, agás | |
| a falta de | na falta de, a falta de | |
| a fecha fija | con data fixa | |
| a fin de | co fin de, a fin de | |
| a fin de que | co fin de que, a fin de que | |
| a grandes rasgos | en xeral, a grandes trazos, sen entrar en detalles | |
| a instancia de | por instancia de, a/por pedimento de | |
| a la larga | co tempo, ao final | |
| a la mayor brevedad posible | o máis axiña posible, canto antes, coa maior brevidade, no prazo máis breve posible | Non é correcto *á maior brevidade posible |
| a la postre | en definitiva, despois de todo | |
| a la sazón | daquela, naquel tempo, nese momento | |
| a la vez | á vez, a un tempo, asemade | |
| a lo mejor | ao mellor, se cadra, quizais, talvez | |
| a lo sumo | como máximo | |
| a los efectos de | para os efectos de, para os efectos, co fin de, co obxecto de | |
| a los solos efectos de | só para os efectos de, unicamente para os efectos de, para os únicos efectos de | |
| a mayor abundamiento | por/para maior abastanza, por máis abastamento | |
| a menos que | a menos que, salvo que, agás que, non sendo que, a non ser que | |
| a mi presencia | perante min, na miña presenza | |
| a modo de | como, á maneira de, ao xeito de | |
| a partir de | a partir de | É incorrecta a expresión *a partires de |
| a pesar de (que) | a pesar de (que), pese a, malia | É incorrecta a expresión *a pesares de (que) |
| a precio alzado | a prezo axustado, a prezo global | |
| a propuesta de | por proposta de | |
| a raíz de | por mor de, debido a, a consecuencia de | |
| a requerimiento de | por requirimento de | |
| a reserva de | agás, excepto, fóra de | |
| a su ruego | por pedimento seu, a pedimento seu | |
| a su vez | pola súa vez, á súa vez, cando lle corresponda, pola súa parte | |
| a tal efecto | para tal efecto, con tal efecto | |
| a tanto alzado | a prezo global, a prezo fixado, a prezo acordado, a prezo concertado | |
| a tenor de | a teor de, de acordo con, consonte, segundo o teor de | |
| a todos los efectos | para todos os efectos | |
| a veces | ás veces, por veces | |
| a(l) nivel de | — a(o) nivel de — no ámbito (de), con respecto a, en termos de | Cando nos referimos á altura física, é correcta a expresión a(o) nivel de (a temperatura é maior ao nivel do mar). En cambio non é correcta, en sentido figurado, cando se pode substituír por expresións como no ámbito de, con respecto ou similares: *as medidas aplicaranse a nivel de co-munidade autónoma (= as medidas aplicaranse no ámbito da comunidade autónoma). |
| abogar | avogar | Non debe confundirse con avocar |

