Glosario de expresións e termos
De Manual de Estilo DOG
|
Páxinas principais |
En elaboración
Índice |
Observacións
- Confeccionamos o glosario partindo da expresión ou do termo en castelán. Consideramos que, deste xeito, moitas persoas que o consulten, afeitas a se manexaren coas expresións en castelán, terán máis fácil acceso á correspondente forma galega. Puntualmente, incluímos observacións e comentarios sobre o emprego dalgunhas expresións.
- Cando se dan varias opcións, todas correctas, incluímos en primeiro termo aquela de uso máis frecuente.
- As formas precedidas de asterisco (*) non son correctas en galego.
- Para a elaboración do glosario tomamos como referencias as que se citan a seguir. Ademais, tanto no caso de haber varias formas correctas como naqueles en que poida haber discrepancias entre as distintas fontes lexicográficas ou terminolóxicas, optamos por lles dar preferencia ás expresións e termos que se veñen utilizando de forma habitual nos textos oficiais, nomeadamente no DOG.
- • Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
- • Dicionario Xurídico: http://www.dixuri.com/ — http://dicionarioxuridico.xerais.es/
- • Buscatermos (banco de datos terminolóxico da Universidade de Santiago de Compostela)
- • Corpus técnico do galego (banco de datos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CTG/
- • InterActive Terminology for Europe (IATE): Visitar IATE
- • Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
Glosario
A
| Castelán | Galego | Observacións |
|---|---|---|
| a (la) disposición de | á disposición de, ao dispor de | |
| a cargo de | a cargo de, por conta de | |
| a causa de | por causa de, a causa de, por mor de | |
| a ciencia cierta | con certeza, de certo, sen dúbida | |
| a contar desde | que comezará a contar, a partir de, contado desde | |
| a continuación | a seguir, a continuación, seguidamente, deseguido | Evítese o emprego de deseguida, que ten a acepción de "axiña, decontado" |
| a costa de | á custa de, por conta de | |
| a cuenta y riesgo | por conta e risco | |
| a cuyo fin | para o fin, para o cal | |
| a destajo | a obra feita, a traballo feito, ao axuste, por tarefa | |
| a efectos de | para os efectos de | |
| a este efecto | para este efecto | |
| a este fin | con este fin, para esta finalidade, con este obxecto, para isto | |
| a excepción de | coa excepción de, exceptuando, agás | |
| a falta de | na falta de, a falta de | |
| a fecha fija | con data fixa | |
| a fin de | co fin de, a fin de | |
| a fin de que | co fin de que, a fin de que | |
| a grandes rasgos | en xeral, a grandes trazos, sen entrar en detalles | |
| a instancia de | por instancia de, a/por pedimento de | |
| a la larga | co tempo, ao final | |
| a la mayor brevedad posible | o máis axiña posible, canto antes, coa maior brevidade, no prazo máis breve posible | Non é correcto *á maior brevidade posible |
| a la postre | en definitiva, despois de todo | |
| a la sazón | daquela, naquel tempo, nese momento | |
| a la vez | á vez, a un tempo, asemade | |
| a lo mejor | ao mellor, se cadra, quizais, talvez | |
| a lo sumo | como máximo | |
| a los efectos de | para os efectos de, para os efectos, co fin de, co obxecto de | |
| a los solos efectos de | só para os efectos de, unicamente para os efectos de, para os únicos efectos de | |
| a mayor abundamiento | por/para maior abastanza, por máis abastamento | |
| a menos que | a menos que, salvo que, agás que, non sendo que, a non ser que | |
| a mi presencia | perante min, na miña presenza | |
| a modo de | como, á maneira de, ao xeito de | |
| a partir de | a partir de | É incorrecta a expresión *a partires de |
| a pesar de (que) | a pesar de (que), pese a, malia | É incorrecta a expresión *a pesares de (que) |
| a precio alzado | a prezo axustado, a prezo global | |
| a propuesta de | por proposta de | |
| a raíz de | por mor de, debido a, a consecuencia de | |
| a requerimiento de | por requirimento de | |
| a reserva de | agás, excepto, fóra de | |
| a su ruego | por pedimento seu, a pedimento seu | |
| a su vez | pola súa vez, á súa vez, cando lle corresponda, pola súa parte | |
| a tal efecto | para tal efecto, con tal efecto | |
| a tanto alzado | a prezo global, a prezo fixado, a prezo acordado, a prezo concertado | |
| a tenor de | a teor de, de acordo con, consonte, segundo o teor de | |
| a todos los efectos | para todos os efectos | |
| a veces | ás veces, por veces | |
| a(l) nivel de | — a(o) nivel de — no ámbito (de), con respecto a, en termos de | Cando nos referimos á altura física, é correcta a expresión a(o) nivel de (a temperatura é maior ao nivel do mar). En cambio non é correcta, en sentido figurado, cando se pode substituír por expresións como no ámbito de, con respecto ou similares: *as medidas aplicaranse a nivel de comunidade autónoma (= as medidas aplicaranse no ámbito da comunidade autónoma). |
| abogar | avogar | Non debe confundirse con avocar |
| abonar | —aboar (=pagar) —abonar (=subscribir) | Aboar e abonar teñen significados diferentes e non deben confundirse. En galego, o equivalente do castelán abonar na acepción de botarlle á terra materias que aumenten a súa fertilidade non é abonar senón fertilizar. |
| abono | —aboamento (=acción de aboar; pagamento) —abono (=subscrición) | Non debe confundirse aboamento con abono. Para a acepción do castelán referida á substancia que se lle bota á terra para enriquecela non é correcto abono en galego; a palabra que se utiliza é fertilizante. |
| acarrear | carrexar, carretar, motivar, ocasionar | Non é correcto *acarrear. |
| acompañar | —acompañar —achegar, xuntar, presentar | Non é correcto o emprego deste verbo como transitivo no canto de achegar, xuntar, presentar, en contextos deste tipo: *Hai que acompañar unha fotocopia do DNI. É correcto como transitivo en contextos coma estes: A instancia deberá ir acompañada de fotocopia compulsada do DNI. |
| acto seguido | a seguir, logo | |
| acusar recibo | xustificar a recepción, avisar da recepción | |
| acuse de recibo | xustificante de recepción, aviso de recepción | |
| adeudar | —deber (=ter unha débeda) —cargar (=anotar unha cantidade no debe dunha conta bancaria) | Non é correcto *adeudar en conta, debe dicirse cargar en conta. |
| adjuntar | achegar, xuntar, anexar, engadir | Non é correcto *adxuntar. |
| adjunto | adxunto(a), como adxectivo | É correcto o seu emprego como adxectivo en frases como o documento adxunto, a nota adxunta. Porén, non é correcto o seu emprego na forma invariable en masculino *Adxunto remito o documento ou *Adxunto remito copia do escrito. |
| aduana | alfándega, aduana | |
| aforo | —capacidade (dun recinto) —contaxe (estación de) | Non é correcto *aforo. |
| al amparo de | ao abeiro de, ao amparo de | |
| al corriente | ao día, ao corrente | |
| al efecto de | para o efecto de | |
| al fin y al cabo | ao cabo, á fin e ao cabo | |
| al menos | polo menos, cando menos, ao menos, alomenos | |
| al objeto de | co obxecto de, co fin de | |
| al por mayor | por groso, por xunto | |
| al por menor | a(o) retallo, polo miúdo | |
| albacea | testamenteiro(a) | |
| albaceazgo | testamentaría | |
| alevosía | aleivosía | |
| alienable | alleable, alienable | |
| allanamiento (a la demanda) | achantamento (ante a deman-da), conformidade (coa deman-da) | |
| allanamiento de morada | violación de domicilio, violación de morada | |
| allanarse (a la demanda) | achantar (ante a demanda), conformarse coa demanda | |
| alquilar | alugar | |
| alquiler (acción de alquilar) | alugamento, arrendamento, alugueiro, arrendo | Non é correcto *aluguer. |
| alquiler (renta, cantidad de dinero) | alugueiro, renda | Non é correcto *aluguer. |
| alzamiento (de bienes) | alzamento (de bens) | |
| amonestar | amoestar | |
| ancho/a | largo(a), ancho(a) | A forma largo(a) do galego non equivale á forma largo(a) do castelán, cuxo equivalente en en galego é longo(a). |
| ante todo | ante todo, antes de nada, en primeiro lugar, primeiro de nada | |
| apilar | empillar | |
| aplazamiento | aprazamento, adiamento | |
| aplazar | aprazar, adiar | |
| apoderado | apoderado | |
| aportación | achega, contribución | Non é correcto *aportación. |
| aportar | —aportar (=chegar a porto) —achegar, contribuír, proporcionar, presentar | En galego o verbo aportar só se utiliza na acepción de "chegar o barco a porto". |
| apostilla | apostila, postila | |
| apremio | constrinximento, prema | |
| archivar | arquivar | |
| archivo | —arquivo (=lugar onde se arquiva) &·8212;arquivamento (=acción de arquivar) | |
| asequible | accesible, alcanzable | Non é correcto *asequible. |
| atestiguar | testemuñar | Non é correcto *atestiguar. |
| aunar | unir(se), sumar | Non é correcto *aunar. |
| avalúo (de bienes) | taxación (de bens), valoración (de bens) | |
| avenencia | avinza, acordo, convenio, pacto | |
| avenir(se) | avir(se) | |
| averiguar | indagar, investigar, pescudar | Non é correcto *averiguar. |
| avocar | avocar | Dito dunha autoridade gober-nativa ou xudicial (un xuíz ou maxistrado), significa "atraer para si a resolución dun asunto ou causa cuxa decisión correspondería a un órgano inferior en virtude da incompetencia do tribunal en que a causa foi orixinalmente interposta". Non debe confundirse con avogar, que ten a acepción de "interceder, manifestarse en defensa de". |
B
| Castelán | Galego | Observacións |
|---|---|---|
| banda ancha | banda larga | |
| bastantear | verificar a suficiencia | Non é correcto *bastantear. |
| bastanteo | verificación da suficiencia | Non é correcto *bastanteo. |
| beca | beca (insignia, banda), bolsa (de estudos, axuda formativa) | |
| becario(a) | bolseiro(a) | |
| boceto | bosquexo, esbozo, esquema | |
| botiquín | caixa de urxencias, depósito de medicamentos, equipamento de primeiros auxilios, botica anexa | Na Lei 5/1999, de ordenación farmacéutica (DOG do 26.5.1999) recóllese a forma botica anexa como equivalente do castelán botiquín, para referirse a oficinas de farmacia instaladas en núcleos pequenos, ligadas a unha farmacia principal. |
| brecha digital | fenda dixital, brecha dixital | |
| bursátil | bolsista | |
| buzón | caixa de correo (para o postal caixa de entrada (para o correo electrónico) |
C
| Castelán | Galego | Observacións |
|---|---|---|
| —calidad —cualidad | calidade | Non é correcto *cualidade. |
| —calificación —cualificación | cualificación | Non é correcto *calificación. |
| —calificar —cualificar | cualificar | Non é correcto *calificar. |
| canje | troca, troco, intercambio | Non é correcto *canxe. |
| canjear | trocar, intercambiar, cambiar | Non é correcto *canxear. |
| carátula | cara, portada, cuberta | Se se trata da carátula dun prego, empregaremos folla de especificacións do prego. |
| casa consistorial | casa do concello, concello | |
| casilla | recadro, casa, compartimento | Non é correcto *casiña. |
| cauce | —leito (dun río) —canle (en sentido figurado, medio para chegar a algo) | Non é correcto *cauce. |
| caudal | —caudal (só co significado de "cantidade de auga dunha
corrente ou dun manancial" )—bens, diñeiro, capital | En galego non ten a acepción de "diñeiro, bens". |
| caudal hereditario | masa hereditaria, bens heredi-tarios, capital hereditario | |
| caudal público | capitais públicos, bens públicos, fondos públicos | |
| caudal relicto | bens relictos | |
| causahabiente | habente causa | O plural é habentes causa. |
| celebrar | celebrar (organizar unha festa, unha reunión para conmemorar algo) | É abusivo o seu emprego en contextos como celebrar unha reunión, que podemos substituír por realizar unha reunión. Noutros contextos, aínda que a maioría das linguas xa utilizan celebrar acompañando os substantivos contrato ou convenio, tamén se poden utilizar as formas asinar, subscribir ou formalizar. |
| censal | censual | Non é correcto *censal. |
| cercanía | proximidade | Expresións como transporte de cercanías deben expresarse en galego como transporte de proximidade. |
| certidumbre | certeza | Non é correcto *certidume. |
| cesar | cesar | Malia o indicado no DRAG, este verbo é intransitivo. Por tanto, é incorrecto dicir *O presidente cesou varios conselleiros. O correcto é: O presidente destituíu varios conselleiros, O presidente ordenou o cesamento de varios conselleiros ou mesmo Varios conselleiros cesaron (se estes cesaron por vontade propia). Así, para a fórmula castelá Decreto por el que se cesa a [...] como... o correcto é: Decreto polo que se dispón que cese [...] como... ou ben: Decreto polo que se dispón o cesamento de […] como... Tamén se pode utilizar, tanto en galego como en castelán, o verbo separar nestes contextos. Así, o artigo 62 da Constitución española, na súa alínea e), di: «Nomear e separar os membros do Goberno, por proposta do seu presidente». |
| cese, cesación | cesamento, separación | |
| cirugía | cirurxía | Non é correcto *ciruxía. |
| cobro | cobramento, cobro | |
| cohecho | suborno | Non é correcto *cofeito. |
| coheredero(a) | coherdeiro(a) | |
| colindante | lindeiro(a), estremeiro(a),
contiguo(a) | |
| colindar | estremar, lindar | |
| cometido (sust.) | obxectivo, labor, función | Non é correcto *cometido. |
| comunero | comuneiro, copropietario, condómino | |
| con arreglo a | conforme, de acordo con, de conformidade con, consonte, segundo | |
| con cargo a | con cargo a | |
| con creces | de sobra, dabondo, por demais | |
| con excepción de | con excepción de, agás, fóra de, non sendo | |
| con miras a | con vistas a, pensando en | |
| con objeto de | co obxecto de | |
| con respecto a | con respecto a, respecto de, a respecto de, verbo de, en relación con | |
| con sujeción a | con suxeición a, aténdose a, segundo | |
| concejal(a) | concelleiro(a) | Non son correctas as formas *concellal nin *concexal. |
| concejalía | concellaría, concellería | |
| concurrir | concorrer | Non é correcto *concurrir. |
| condueño(a) | condómino(a), copropietario(a) | |
| conflicto | conflito | |
| conllevar | comportar, implicar, supor, levar consigo | Non é correcto *conlevar. |
| conminar | cominar | Non é correcto *conminar. |
| connivencia | conivencia | Non é correcto *connivencia. |
| contemplar | —contemplar (=mirar, observar) —considerar, recoller, prever, establecer, admitir | Non é correcto *A lei contempla a posibilidade de… e si o é: A lei considera/recolle a posibilidade de… ou A lei admite/establece a posibilidade de… |
| convalidación | validación | Non é correcto *convalidación. |
| convalidar | validar | Non é correcto *convalidar. |
| conveniente | conveniente | Non é correcto *convinte. |
| conyugal | conxugal | |
| cónyuge | cónxuxe | |
| corredor (de comercio, de bolsa) | corretor | Malia que o DRAG recolle corredor, preferimos a forma corretor, fixada no Dicionario xurídico. |
| correduría (de seguros) | corretoría (de seguros) | Non debe confundirse con corretaxe. |
| corretaje | corretaxe | |
| cortar | cortar | Non é correcto *curtar, que se utiliza ás veces por analoxía con curto(a). |
| corto(a) | curto(a) | |
| costar | custar | |
| costas | custas | |
| coste | custo | Non é correcto *custe. |
| costumbre (s.f.) | costume (s.m.) | |
| coyuntura | conxuntura | |
| crédito | —crédito (monetario) —creto (=sona, consideración) | |
| croquis | bosquexo, esbozo | Non é correcto *croquis. |
| cuádruple | cuádruplo, cuádrupla | Non é correcto *cuádruple. |
| cualidad | calidade | Non é correcto *cualidade. |
| cuantía | contía, cuantía | |
| cuasicontrato | cuasicontrato | Non é correcto *casecontrato. |
| cuasidelito | cuasidelito | Non é correcto *casedelito. |
| cuenca (hidrológica) | bacía (hidrolóxica), cunca (hi-drolóxica) | |
| cumplimentar | —cumprimentar —cubrir, encher, consignar (inserir datos nun documento: cubrir unha instancia) | Cumprimentar só ten en galego a acepción de "facerlle os cumprimentos ou os parabéns a alguén": Cumprimentou o embaixador e a súa dona ao chegaren ao noso país. |
| cupo | cota | Non é correcto *cupo. |
| curriculum vitae | currículo, currículum vítae, curriculum vitae | Como vemos, podemos optar pola forma moderna currículo ou pola forma latina. Neste segundo caso permítese a acentuación latina, co cal a expresión se escribe en cursiva, ou a acentuación segundo as normas de acentuación do galego, caso en que se grafa en redonda. |
| cursar (un expediente) | tramitar (un expediente) | |
| cursillo | curso | Non é correcto *cursiño. |
D
| Castelán | Galego | Observacións |
|---|---|---|
| daños y perjuicios | danos e perdas | Non é correcto *danos e prexuízos. |
| de acuerdo con | de acordo con, consonte | É incorrecta a contracción da preposición de + o substantivo acordo: *dacordo. |
| de ahora en adelante | de agora en diante, a partir de agora | |
| de fecha (de) | con data do, do día | |
| de modo que | de modo que, de xeito que, de maneira que | |
| de su razón | correspondente, da súa clase | |
| de vez en cuando | de cando en vez, de vez en cando, de cando en cando | |
| debatir | debater | Non é correcto *debatir. |
| decomisar | comisar | Non é correcto *decomisar. |
| decomiso | comiso | Non é correcto *decomiso. |
| dedicar | dedicar | Non é correcto *adicar. |
| dejación | renuncia, desistencia, abando-no, desleixo | Non é correcto *deixación. |
| delictivo(a) | delituoso(a) | Non é correcto *delitivo(a). |
| derechohabiente | habente dereito | O plural é habentes dereito. |
| derogación | derrogación | |
| derogar | derrogar | |
| derogatorio(a) | derrogatorio(a) | |
| desahuciar | desafiuzar | |
| desahucio | desafiuzamento | |
| desarrollar | —desenrolar —desenvolver | En galego utilizamos o verbo desenrolar no sentido estrita-mente físico de desfacer ou desenvolver un rolo ou algo enrolado. No ámbito figurado debe usarse desenvolver. |
| desarrollo | —desenrolo —desenvolvemento | Desenrolo emprégase exclusi-vamente para referirse ao acto físico de "desenrolar algo que está enrolado". No sentido figurado debe usarse desenvolvemento. |
| desavenencia | desavinza | Non é correcto *desavenencia. |
| descuelgue salarial | desvinculación salarial, desen-ganche salarial | Non é correcto *descolgue salarial. |
| desechar | desbotar, rexeitar, descartar, desestimar, refugar | |
| desecho | refugallo | Non é correcto *desfeito. |
| desglosar | desagregar, detallar | Non é correcto *desglosar. |
| desglose | desagregación, detalle | Non é correcto *desglose. |
| desguace | desmantelamento | Non é correcto *desguace. |
| desistimiento | desistencia | Non é correcto *desistimento. |
| deslinde | deslindamento, deslinde | |
| despido | despedimento | Non é correcto *despido. |
| despilfarro | dilapidación | Non é correcto *despilfarro. |
| despliegue | despregamento | |
| detentar | deter | Non é correcto <font color="maroon"*detentar. Cómpre ter en conta que tanto o castelán detentar como o galego deter significan "exercer un poder ou cargo público de forma ilexítima". |
| deterioro | deterioración | Non é correcto *deterioro. |
| deuda | débeda | |
| deudor(a) | debedor(a) | |
| devaluar | depreciar, desvalorizar | Non é correcto *devaluar. |
| devengar | devindicar, xerar, producir | Non é correcto *devengar. Devindicar, o mesmo que o castelán devengar, ten varias acepcións segundo o contexto de uso. |
| devengo | devindicación, xeración, produ-ción | Non é correcto *devengo. |
| dictamen | ditame | |
| dieta | —dieta (=réxime alimenticio) —axuda de custos (=axuda para gastos de viaxe e mantenza) | Cando o significado é o de remuneración, retribución, indemnización, a forma galega é axuda de custos (plural: axudas de custos). Pola contra, cando o significado é "réxime alimenticio", a forma galega coincide coa castelá dieta. |
| diferencia | diferenza | |
| diferenciar | diferenciar | Non é correcto *diferenzar./font> |
| dinerario | en diñeiro, pecuniario, moneta-rio | Non é correcto <font color="maroon"*diñeirario. |
| diputación | deputación | |
| diputado(a) | deputado(a) | |
| disfrutar | gozar, aproveitar, desfrutar | Aínda que o DRAG condena, por incorrecta, a forma desfrutar, vénse utilizando nalgúns contextos, sobre todo naqueles en que gozar ou formas similares non semellan moi acaídas. |
| disfrute | gozo, beneficio, desfrute | Aínda que o DRAG condena, por incorrecta, a forma desfrute, vénse utilizando nalgúns contextos, sobre todo naqueles en que gozo ou formas similares non semellan moi acaídas. |
| disminución | diminución | |
| donación | doazón | |
| donante | doador(a), doante |
E
| Castelán | Galego | Observacións |
|---|---|---|
| edicto | edicto | Non é correcto *edito. |
| empadronamiento | empadroamento | |
| empadronar | empadroar | |
| emplazamiento | —emprazamento (=citación) —localización, situación | En galego emprazamento só ten a acepción de "acción ou resultado de lle comunicar a alguén a hora, a data e o lugar dunha reunión ou cita para que acuda a ela; citación". Non é correcto o seu emprego na acepción de "lugar onde está colocado algo ou alguén". Nesta debemos empregar palabras como localización ou situación. |
| emplazar | —emprazar (=citar) —localizar, situar | En galego emprazar só ten a acepción de "citar". Non é correcto o seu emprego na acepción de "poñer algo nun determinado lugar". Nesta debemos empregar palabras como localizar ou situar. |
| en aras a, en aras de | de cara a, a prol de, para | |
| en base a | con base en, de acordo con, consonte, segundo, baseándose en, tendo en conta | Non é correcto *en base a. |
| en calidad de | en calidade de, como | |
| en consideración a | tendo en conta, considerando | |
| en cuanto a | en canto a, tocante a, en rela-ción con, verbo de | |
| en evitación de | para evitar | |
| en lo sucesivo | no sucesivo, de agora en diante, a partir de agora | |
| en méritos de | de acordo con, segundo | |
| en orden a | para, co fin de, verbo de, tocan-te a | |
| en relación con, con relación a | con relación a, en relación con | Non é correcto *en relación a. |
| en resumidas cuentas | en resumo, en definitiva | Non é correcto *en resumidas contas. |
| en su caso | se é o caso, de ser o caso, se for o caso, se procede | Non é correcto *no seu caso. Hai contextos en que é pres-cindible. |
| en su defecto | de non o haber, na súa ausen-cia, na súa falta | |
| en su día | no seu día, no seu momento, cando corresponda | |
| en vista a | de cara a | |
| enajenación | —alleamento (=cesión ou venda) —alienación (=trastorno mental) | Non é correcto *enaxenación. Para referirnos ao trastorno mental, en galego falamos de alienación. |
| enajenar | allear | Non é correcto *enaxenar. |
| encausar | abrir causa, procesar | Non é correcto *encausar. |
| endeudamiento | endebedamento | |
| enjuiciamiento | axuizamento, procesamento | Non é correcto *enxuizamento. |
| enjuiciar | axuizar, procesar, xulgar | Non é correcto *enxuizar. |
| enmendar | emendar | |
| enmienda | emenda | |
| ensañamiento | asañamento | Non é correcto *ensañamento. |
| entablar | emprender, promover, inter-por, presentar (un recurso de inconstitucionalidade, unha demanda etc.) | Non é correcto *entablar. |
| entorno | contorno, contorna, ámbito, ambiente | Non é correcto *entorno. En función do contexto empregaremos palabras como contorno, ámbito, ambiente etc. |
| entresuelo, entreplanta | entresollado, entreplanta | Non é correcto *entresolo nin *entrechán. |
| estación de aforo | estación de contaxe | Non é correcto *estación de aforo. |
| estancia | —estadía, estada, estancia —estanza (=estrofa) | |
| estar (a lo dispuesto) | aterse (ao disposto), observar (o disposto), atender (ao disposto) | Non é correcto *estar ao disposto. |
| estudio | —estudo (=acción de estudar) —estudio (=local) | Estudo é o "feito de estudar, investigación, conxunto de
materias que se estudan". Estudio é a palabra que designa o "lugar en que se estuda ou traballa": estudio de arquitectura; estudio de televisión. |
| evacuar | —evacuar (=desocupar) —cumprir (un trámite) | É correcto co significado de "baleirar de xente un lugar debido a un perigo". Porén, non é correcto en galego co significado de "cumprir un trámite" ou "emitir un informe". |
| extender (un acta, un documento) | estender, redactar | |
| extremar | extremar | Non debe confundirse extremar con estremar, que ten o significado de "marcar as es-tremas ou lindes dunha propiedade". |
| extremo | —extremo (=final dunha cousa) —asunto, materia, tema | Non é correcto o emprego de *extremo co significado de "asunto, materia de que se trata". Non debe confundirse extrema con estrema, que ten o significado de "linde". |
F
| Castelán | Galego | Observacións |
|---|---|---|
| fallar | —fallar (=errar, equivocarse) —decidir, resolver, ditaminar, xulgar | Co significado de "resolver un preito un xuíz(a)" ou o de "adxudicar un premio un xurado" non é correcto en galego *fallar. Usaremos resolver, ditaminar, xulgar, decidir. |
| fallo | —fallo (=erro, equivocación) —decisión, resolución, sentenza, ditame | Co significado de "resolución que toma un xuíz(a) ou un xurado" non é correcto en galego *fallo. Empregaremos resolución, sentenza, decisión ou ditame. Como parte da sentenza en que se emite a resolución podemos empregar a expresión parte dispositiva. |
| falsedad | falsidade | Non é correcto *falsedade. |
| fecha | data | Non é correcto *fehaciente nin *fehacente. |
| fehaciente | fidedigno(a), que dá fe, que fai fe | Non é correcto *fehaciente nin *fehacente. |
| fin | fin | Aínda que o DRAG considera esta palabra de dobre xénero, masculino e feminino, en calquera das súas acepcións, vénse utilizando con xénero femimino (a fin) cando equivale a "remate, termo" (a fin de semana; a fin do prazo) e con xénero masculino (o fin) cando equivale a "finalidade, obxectivo" (o fin non xustifica os medios). |
| financiación (fem.) | financiamento (masc.) | Non é correcto *finanzamento</fon>. |
| financiero | financeiro | Non é correcto *financieiro</fon>./font> |
| finca | —predio —leira, terreo, parcela | Co significado de "ben rexistrable" utilizaremos sempre predio (un piso é un predio). Ora ben, cando se refire a un terreo, pode ser traducido por leira, terreo ou parcela. |
| finiquito | quitanza | O Dicionario xurídico galego, na entrada relativa á Extinción do contrato de traballo por mutuo acordo alude á quitanza cando expresa: «Aínda que a declaración de vontade das partes mediante a cal acordan a terminación da relación pode ser expresa ou tácita e, no primeiro caso, verbal ou escrita, normalmente adopta esta última forma, incorporándose á denominada quitanza (finiquito), que procede realizar con ocasión da extinción do contrato e que debe axustarse aos requisitos que estableza o convenio colectivo aplicable». Non debe confundirse a quitanza coa liquidación. |
| firma | —sinatura, firma, asinamento —firma (=empresa) | Para referirnos a unha empresa ou razón comercial só utilizaremos firma, mentres que para a acepción de "nome ou trazo característico escrito polo seu posuidor nun documento, como garantía da súa autenticidade ou da súa autoría" se emprega habitualmente sinatura, aínda que firma tamén é correcto. |
| firmante | asinante, firmante | |
| firmar | asinar, firmar | |
| fraude (masc.) | fraude (fem.) |
G
| Castelán | Galego | Observacións |
|---|---|---|
| garantizar | garantir | |
| generador | xerador | Non é correcto *xenerador. |
| generalidad | xeneralidade | Non é correcto *xeralidade. |
| generalizar | xeneralizar | Non é correcto *xeralizar. |
| generar | xerar | É incorrecto *xenerar. |
| goce | gozo (véxase disfrute) | Non é correcto *goce. |
| grabar | gravar | En galego ten esta única forma para calquera dos significados do castelán grabar e <font color="0000ccc"<gravar. |
| gradación, graduación | gradación, graduación | Aínda que tanto en castelán como en galego tenden a usarse indistintamente nalgúns contextos, teñen acepcións diferentes (véxanse os respectivos dicionarios académicos). |
| grado | —grao (=nivel, escala) —grado (=boa aceptación) | |
| graduar | graduar | |
| gravamen | gravame | |
| guarda | garda | |
| guardia | garda | |
| gubernamental | gobernamental | |
| gubernativo | gobernativo |
H
| Castelán | Galego | Observacións |
|---|---|---|
| hábeas corpus | hábeas corpus, habeas corpus | Esta expresión pode escribirse baixo a forma latina, caso en que se pon en cursiva e sen acento. Pero, ao tratarse dunha expresión moi consolidada, adoita
escribirse en redonda e con acento. |
| haber lugar | proceder | Non é correcta a expresión *haber lugar. |
| habida cuenta | dado que, tendo en conta que | Non é correcta a expresión *habida conta. |
| hallar | achar | |
| hallazgo | achado | Non é correcto *achádego. |
| haz | feixe | Feixe emprégase en galego coas mesmas acepcións que o castelán haz (feixe luminoso, feixe de protóns...) |
| heredar | herdar | |
| heredero(a) | herdeiro(a) | |
| herencia | herdanza | |
| hermandad | irmandade | |
| hijuela | anexo | Utilízase no ámbito dos trans-portes, coa acepción de "camiño anexo ou subordinado a outro principal". |
| hoja de aprecio | folla de valoración, folla de taxación | |
| huella | pegada, pisada, impresión dixital | En sentido metafórico tamén se poden utilizar sinal e testemuño. |
I
| Castelán | Galego | Observacións |
|---|---|---|
| impago | impagamento, falta de paga-mento, non pagamento | |
| inalienable | inalleable, inalienable | |
| incertidumbre | incerteza | Non é correcto *incertidume. |
| incumplimiento | incumprimento | |
| incurrir | incorrer | |
| informar | —informar (=dar información) —emitir informe | Como transitivo equivale exclusivamente a "dar información" (deberá informar os traballadores dos postos de
traballo vacantes ). Non é correcto, por tanto, o seu emprego como transitivo co significado de "emitir informe". Por tanto, non debemos empregar *informar unha resolución nin, en consecuencia *resolución informada favorablemente. A forma correcta nestes casos é emitir informe sobre unha resolución e resolución con informe favorable ou resolución obxecto de informe favorable. |
| inscribible | inscritible | Non é correcto *inscribible. |
| insertar | inserir | Non é correcto *insertar. |
| instar | instar (alguén para facer algo) | A construción correcta deste verbo require que se introduza un complemento directo de persoa seguido da preposición para: Instaron o conselleiro para que resolva o conflito. Por tanto, é incorrecta unha construción como *instaron a resolución do conflito. |
| interés | interese xuro | Para referirnos á importancia ou valor que unha cousa suscita utilizaremos interese. Para nos referir ao diñeiro producido ou pagado, a forma correcta é xuro, que se usa sobre todo en plural./font> |
| interesar | solicitar | |
| interfaz (s.m.) | interface (s.f.) | |
| interrumpir | interromper | |
| interviniente | interveniente | Non é correcto *intervinte. |
| intrusismo | intrusión | Non é correcto *intrusismo. |
| inversión | —inversión (=acción de inverter) —investimento (=acción de investir) | |
| inversor(a) | investidor(a) | Non é correcto *inversor(a). |
| invertir | —inverter (=dar a volta) —investir (=aplicar diñeiro a unha finalidade) | |
| IVA (impuesto sobre el valor añadi-do) | IVE (imposto sobre o valor en-gadido) |
J
| Castelán | Galego | Observacións |
|---|---|---|

