Glosario de expresións e termos
De Manual de Estilo DOG
Páxinas principais |
En elaboración
Índice |
Observacións
- Confeccionamos o glosario partindo da expresión ou do termo en castelán. Consideramos que, deste xeito, moitas persoas que o consulten, afeitas a se manexaren coas expresións en castelán, terán máis fácil acceso á correspondente forma galega. Puntualmente, incluímos observacións e comentarios sobre o emprego dalgunhas expresións.
- Cando se dan varias opcións, todas correctas, incluímos en primeiro termo aquela de uso máis frecuente.
- As formas precedidas de asterisco (*) non son correctas en galego.
- Para a elaboración do glosario tomamos como referencias as que se citan a seguir. Ademais, tanto no caso de haber varias formas correctas como naqueles en que poida haber discrepancias entre as distintas fontes lexicográficas ou terminolóxicas, optamos por lles dar preferencia ás expresións e os termos que se veñen utilizando de forma habitual nos textos oficiais, nomeadamente no DOG.
- • Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
- • Dicionario Xurídico: http://www.dixuri.com/ — http://dicionarioxuridico.xerais.es/
- • Buscatermos (banco de datos terminolóxico da Universidade de Santiago de Compostela)
- • Corpus técnico do galego (banco de datos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CTG/
- • InterActive Terminology for Europe (IATE): Visitar IATE
- • Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
Glosario
A
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
a (la) disposición de | á disposición de, ao dispor de | |
a cargo de | a cargo de, por conta de | |
a causa de | por causa de, a causa de, por mor de | |
a ciencia cierta | con certeza, de certo, sen dúbida | |
a contar desde | que comezará a contar, a partir de, contado desde | |
a continuación | a seguir, a continuación, seguidamente, deseguido | Evítese o emprego de deseguida, que ten a acepción de «axiña, decontado» |
a costa de | á custa de, por conta de | |
a cuenta y riesgo | por conta e risco | |
a cuyo fin | para o fin, para o cal | |
a destajo | a obra feita, a traballo feito, ao axuste, por tarefa | |
a efectos de | para os efectos de | |
a este efecto | para este efecto | |
a este fin | con este fin, para esta finalidade, con este obxecto, para isto | |
a excepción de | coa excepción de, exceptuando, agás | |
a falta de | na falta de, a falta de | |
a fecha fija | con data fixa | |
a fin de | co fin de, a fin de | |
a fin de que | co fin de que, a fin de que | |
a grandes rasgos | en xeral, a grandes trazos, sen entrar en detalles | |
a instancia de | por instancia de, a/por pedimento de | |
a la larga | co tempo, ao final | |
a la mayor brevedad posible | o máis axiña posible, canto antes, coa maior brevidade posible, no prazo máis breve posible | Non é correcto *á maior brevidade posible |
a la postre | en definitiva, despois de todo | |
a la sazón | daquela, naquel tempo, nese momento | |
a la vez | á vez, a un tempo, asemade | |
a lo mejor | ao mellor, se cadra, quizais, talvez | |
a lo sumo | como máximo | |
a los efectos de | para os efectos de, co fin de, co obxecto de | |
a los solos efectos de | só para os efectos de, unicamente para os efectos de, para os únicos efectos de | |
a mayor abundamiento | por/para maior abastanza, por máis abastamento | |
a menos que | a menos que, salvo que, agás que, non sendo que, a non ser que | |
a mi presencia | perante min, na miña presenza | |
a modo de | como, á maneira de, ao xeito de | |
a partir de | a partir de | É incorrecta a expresión *a partires de |
a pesar de (que) | a pesar de (que), pese a, malia | É incorrecta a expresión *a pesares de (que) |
a precio alzado | a prezo axustado, a prezo global | |
a propuesta de | por proposta de | |
a raíz de | por mor de, debido a, a consecuencia de | |
a requerimiento de | por requirimento de | |
a reserva de | agás, excepto, fóra de | |
a su ruego | por pedimento seu, a pedimento seu | |
a su vez | pola súa vez, á súa vez, cando lle corresponda, pola súa parte | |
a tal efecto | para tal efecto, con tal efecto | |
a tanto alzado | a prezo global, a prezo fixado, a prezo acordado, a prezo concertado | |
a tenor de | a teor de, de acordo con, consonte, segundo o teor de | |
a todos los efectos | para todos os efectos | |
a veces | ás veces, por veces | |
a(l) nivel de | — a(o) nivel de — no ámbito (de), con respecto a, en termos de | Cando nos referimos á altura física, é correcta a expresión a(o) nivel de (a temperatura é maior ao nivel do mar). En cambio non é correcta, en sentido figurado, cando se pode substituír por expresións como no ámbito de, con respecto ou similares: *as medidas aplicaranse a nivel de comunidade autónoma (= as medidas aplicaranse no ámbito da comunidade autónoma). |
abogar | avogar | Non debe confundirse con avocar |
abonar | —aboar (=pagar) —abonar (=subscribir) | Aboar e abonar teñen significados diferentes e non deben confundirse. En galego, o equivalente do castelán abonar na acepción de botarlle á terra materias que aumenten a súa fertilidade non é abonar senón fertilizar. |
abono | —aboamento (=acción de aboar; pagamento) —abono (=subscrición) | Non debe confundirse aboamento con abono. Para a acepción do castelán referida á substancia que se lle bota á terra para enriquecela non é correcto abono en galego; a palabra que se utiliza é fertilizante. |
acarrear | carrexar, carretar, motivar, ocasionar | Non é correcto *acarrear. |
acompañar | —acompañar —achegar, xuntar, presentar | Non é correcto o emprego deste verbo como transitivo no canto de achegar, xuntar, presentar, en contextos deste tipo: *Hai que acompañar unha fotocopia do DNI. É correcto como transitivo en contextos coma estes: A instancia deberá ir acompañada de fotocopia compulsada do DNI. |
acto seguido | a seguir, logo | |
acusar recibo | xustificar a recepción, avisar da recepción | |
acuse de recibo | xustificante de recepción, aviso de recepción | |
adeudar | —deber (=ter unha débeda) —cargar (=anotar unha cantidade no debe dunha conta bancaria) | Non é correcto *adeudar en conta; debe dicirse cargar en conta. |
adjuntar | achegar, xuntar, anexar, engadir | Non é correcto *adxuntar. |
adjunto | adxunto/a, como adxectivo | É correcto o seu emprego como adxectivo en frases como o documento adxunto, a nota adxunta. Porén, non é correcto o seu emprego na forma invariable en masculino *Adxunto remito o documento ou *Adxunto remito copia do escrito. |
aduana | alfándega, aduana | |
aforo | —capacidade (dun recinto) —contaxe (estación de) | Non é correcto *aforo. |
al amparo de | ao abeiro de, ao amparo de | |
al corriente | ao día, ao corrente | |
al efecto (de) | para o efecto de | |
al fin y al cabo | ao cabo, á fin e ao cabo | |
al menos | polo menos, cando menos, ao menos, alomenos | |
al objeto de | co obxecto de, co fin de | |
al por mayor | por groso, por xunto | |
al por menor | a/o retallo, polo miúdo | |
albacea | testamenteiro/a | |
albaceazgo | testamentaría | |
alevosía | aleivosía | |
alienable | alleable, alienable | |
allanamiento (a la demanda) | achantamento (ante a demanda), conformidade (coa demanda) | |
allanamiento de morada | violación de domicilio, violación de morada | |
allanarse (a la demanda) | achantar (ante a demanda), conformarse coa demanda | |
alquilar | alugar | |
alquiler (acción de alquilar) | alugamento, arrendamento, alugueiro, arrendo | Non é correcto *aluguer. |
alquiler (renta, cantidad de dinero) | alugueiro, renda | Non é correcto *aluguer. |
alzamiento (de bienes) | alzamento (de bens) | |
amonestar | amoestar | |
ancho/a | largo/a, ancho/a | A forma largo/a do galego non equivale á forma largo/a do castelán, cuxo equivalente en galego é longo/a. |
ante todo | ante todo, antes de nada, en primeiro lugar, primeiro de nada | |
apilar | empillar | Non é correcto *apiar. |
aplazamiento | aprazamento, adiamento | |
aplazar | aprazar, adiar | |
apoderado | apoderado | |
aportación | achega, contribución | Non é correcto *aportación. |
aportar | —aportar (=chegar a porto) —achegar, contribuír, proporcionar, presentar | En galego o verbo aportar só se utiliza na acepción de «chegar o barco a porto». |
apostilla | apostila, postila | |
apremio | constrinximento, prema | |
archivar | arquivar | |
archivo | —arquivo (=lugar onde se arquiva) —arquivamento (=acción de arquivar) | |
asequible | accesible, alcanzable | Non é correcto *asequible. |
atestiguar | testemuñar | Non é correcto *atestiguar. |
aunar | unir(se), sumar | Non é correcto *aunar. |
avalúo (de bienes) | taxación (de bens), valoración (de bens) | |
avenencia | avinza, acordo, convenio, pacto | |
avenir(se) | avir(se) | |
averiguar | indagar, investigar, pescudar | Non é correcto *averiguar. |
avocar | avocar | Dito dunha autoridade gobernativa ou xudicial (un xuíz ou maxistrado), significa «atraer para si a resolución dun asunto ou causa cuxa decisión correspondería a un órgano inferior en virtude da incompetencia do tribunal en que a causa foi orixinalmente interposta». Non debe confundirse con avogar, que ten a acepción de «interceder, manifestarse en defensa de». |
B
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
banda ancha | banda larga | |
bastantear | verificar a suficiencia | Non é correcto *bastantear. |
bastanteo | verificación da suficiencia | Non é correcto *bastanteo. |
beca | beca (insignia, banda), bolsa (de estudos, axuda formativa) | |
becario/a | bolseiro/a | |
boceto | bosquexo, esbozo, esquema | |
botiquín | caixa de urxencias, depósito de medicamentos, equipamento de primeiros auxilios, botica anexa | Na Lei 5/1999, de ordenación farmacéutica (DOG do 26.5.1999) recóllese a forma botica anexa, como equivalente do castelán botiquín, para referirse a oficinas de farmacia instaladas en núcleos pequenos, ligadas a unha farmacia principal. |
brecha digital | fenda dixital, brecha dixital | |
bursátil | bolsista | |
buzón | caixa de correo (para o postal) caixa de entrada (para o correo electrónico) |
C
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
—calidad —cualidad | calidade | Non é correcto *cualidade. |
—calificación —cualificación | cualificación | Non é correcto *calificación. |
—calificar —cualificar | cualificar | Non é correcto *calificar. |
canje | troca, troco, intercambio | Non é correcto *canxe. |
canjear | trocar, intercambiar, cambiar | Non é correcto *canxear. |
carátula | cara, portada, cuberta | Se se trata da carátula dun prego, empregaremos folla de especificacións do prego. |
casa consistorial | casa do concello, concello | |
casilla | recadro, casa, compartimento | Non é correcto *casiña. |
cauce | —leito (dun río) —canle (en sentido figurado, medio para chegar a algo), vía | Non é correcto *cauce. |
caudal | —caudal (só co significado de «cantidade de auga dunha corrente ou dun manancial)» —bens, diñeiro, capital | En galego non ten a acepción de «diñeiro, bens». |
caudal hereditario | masa hereditaria, bens hereditarios, capital hereditario | |
caudal público | capitais públicos, bens públicos, fondos públicos | |
caudal relicto | bens relictos | |
causahabiente | habente causa | O plural é habentes causa. |
celebrar | celebrar (organizar unha festa, unha reunión para conmemorar algo) | É abusivo o seu emprego en contextos como celebrar unha reunión, que podemos substituír por realizar unha reunión. Noutros contextos, aínda que a maioría das linguas xa utilizan celebrar acompañando os substantivos contrato ou convenio, tamén se poden utilizar as formas asinar, subscribir ou formalizar. |
censal | censual | Non é correcto *censal. |
cercanía | proximidade | Expresións como transporte de cercanías deben expresarse en galego como transporte de proximidade. |
certidumbre | certeza | Non é correcto *certidume. |
cesar | cesar | Malia o indicado no DRAG, este verbo é intransitivo. Por tanto, é incorrecto dicir *O presidente cesou varios conselleiros. O correcto é: O presidente destituíu varios conselleiros, O presidente ordenou o cesamento de varios conselleiros ou mesmo Varios conselleiros cesaron (se estes cesaron por vontade propia). Así, para a fórmula castelá Decreto por el que se cesa a [...] como... o correcto é: Decreto polo que se dispón que cese [...] como... ou ben: Decreto polo que se dispón o cesamento de […] como... Tamén se pode utilizar, tanto en galego como en castelán, o verbo separar nestes contextos. Así, o artigo 62 da Constitución española, na súa alínea e), di: «Nomear e separar os membros do Goberno, por proposta do seu presidente». |
cese, cesación | cesamento, separación | |
cirugía | cirurxía | Non é correcto *ciruxía. |
cobro | cobramento, cobro | |
cohecho | suborno | Non é correcto *cofeito. |
coheredero/a | coherdeiro/a | |
colindante | lindeiro/a, estremeiro/a,
contiguo/a | |
colindar | estremar, lindar | |
cometido (sust.) | obxectivo, labor, función | Non é correcto *cometido. |
comunero | comuneiro, copropietario, condómino | |
con arreglo a | conforme, de acordo con, de conformidade con, consonte, segundo | |
con cargo a | con cargo a | |
con creces | de sobra, dabondo, por demais | |
con excepción de | con excepción de, agás, fóra de, non sendo | |
con miras a | con vistas a, pensando en | |
con objeto de | co obxecto de, con obxecto de | |
con respecto a | con respecto a, respecto de, a respecto de, verbo de, en relación con | |
con sujeción a | con suxeición a, aténdose a, segundo | |
concejal/a | concelleiro/a | Non son correctas as formas *concellal nin *concexal. |
concejalía | concellaría, concellería | |
concurrir | concorrer | Non é correcto *concurrir. |
condueño/a | condómino/a, copropietario/a | |
conflicto | conflito | |
conllevar | comportar, implicar, supor, levar consigo | Non é correcto *conlevar. |
conminar | cominar | Non é correcto *conminar. |
connivencia | conivencia | Non é correcto *connivencia. |
contemplar | —contemplar (=mirar, observar) —considerar, recoller, prever, establecer, admitir | Non é correcto *A lei contempla a posibilidade de… e si o é: A lei considera/recolle a posibilidade de… ou A lei admite/establece a posibilidade de… |
convalidación | validación | Non é correcto *convalidación. |
convalidar | validar | Non é correcto *convalidar. |
conveniente | conveniente | Non é correcto *convinte. |
conyugal | conxugal | |
cónyuge | cónxuxe | |
corredor (de comercio, de bolsa) | corretor | Malia que o DRAG recolle corredor, preferimos a forma corretor, fixada no Dicionario xurídico. |
correduría (de seguros) | corretoría (de seguros) | Non debe confundirse con corretaxe. |
corretaje | corretaxe | |
cortar | cortar | Non é correcto *curtar, que se utiliza ás veces por analoxía con curto/a. |
corto/a | curto/a | |
costar | custar | |
costas | custas | |
coste | custo | Non é correcto *custe. |
costumbre (s.f.) | costume (s.m.) | |
coyuntura | conxuntura | |
crédito | —crédito (monetario) —creto (=sona, consideración) | |
croquis | bosquexo, esbozo | Non é correcto *croquis. |
cuádruple | cuádruplo, cuádrupla | Non é correcto *cuádruple. |
cualidad | calidade | Non é correcto *cualidade. |
cuantía | contía, cuantía | |
cuasicontrato | cuasicontrato | Non é correcto *casecontrato. |
cuasidelito | cuasidelito | Non é correcto *casedelito. |
cuenca (hidrológica) | bacía (hidrolóxica), cunca (hidrolóxica) | |
cumplimentar | —cumprimentar —cubrir, encher, consignar (inserir datos nun documento: cubrir unha instancia) | Cumprimentar só ten en galego a acepción de «facerlle os cumprimentos ou os parabéns a alguén»: Cumprimentou o embaixador e a súa dona ao chegaren ao noso país. Non confundir con *cumprir. |
cupo | cota | Non é correcto *cupo. |
curriculum vitae | currículo, currículum vítae, curriculum vitae | Como vemos, podemos optar pola forma moderna currículo ou pola forma latina. Neste segundo caso permítese a acentuación latina, co cal a expresión se escribe en cursiva, ou a acentuación segundo as normas de acentuación do galego, caso en que se grafa en redonda. |
cursar (un expediente) | tramitar (un expediente) | |
cursillo | curso | Non é correcto *cursiño. |
D
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
daños y perjuicios | danos e perdas | Non é correcto *danos e prexuízos. |
de acuerdo con | de acordo con, consonte | É incorrecta a contracción da preposición de + o substantivo acordo: *dacordo. |
de ahora en adelante | de agora en diante, a partir de agora | |
de fecha (de) | con data do, do día | |
de modo que | de modo que, de xeito que, de maneira que | |
de su razón | correspondente, da súa clase | |
de vez en cuando | de cando en vez, de vez en cando, de cando en cando | |
debatir | debater | Non é correcto *debatir. |
decomisar | comisar | Non é correcto *decomisar. |
decomiso | comiso | Non é correcto *decomiso. |
dedicar | dedicar | Non é correcto *adicar. |
dejación | renuncia, desistencia, abandono, desleixo | Non é correcto *deixación. |
delictivo/a | delituoso/a | Non é correcto *delitivo/a. |
derechohabiente | habente dereito | O plural é habentes dereito. |
derogación | derrogación | |
derogar | derrogar | |
derogatorio/a | derrogatorio/a | |
desahuciar | desafiuzar | |
desahucio | desafiuzamento | |
desarrollar | —desenrolar —desenvolver | En galego utilizamos o verbo desenrolar no sentido estritamente físico de desfacer ou desenvolver un rolo ou algo enrolado. No ámbito figurado debe usarse desenvolver. |
desarrollo | —desenrolo —desenvolvemento | Desenrolo emprégase exclusivamente para referirse ao acto físico de «desenrolar algo que está enrolado». No sentido figurado debe usarse desenvolvemento. |
desavenencia | desavinza | Non é correcto *desavenencia. |
descuelgue salarial | desvinculación salarial, desenganche salarial | Non é correcto *descolgue salarial. |
desechar | desbotar, rexeitar, descartar, desestimar, refugar | |
desecho | refugallo | Non é correcto *desfeito. |
desglosar | desagregar, detallar | Non é correcto *desglosar. |
desglose | desagregación, detalle | Non é correcto *desglose. |
desguace | desmantelamento | Non é correcto *desguace. |
desistimiento | desistencia | Non é correcto *desistimento. |
deslinde | deslindamento, deslinde | |
despido | despedimento | Non é correcto *despido. |
despilfarro | dilapidación | Non é correcto *despilfarro. |
despliegue | despregamento | |
detentar | deter | Non é correcto *detentar. Cómpre ter en conta que tanto o castelán detentar como o galego deter significan «exercer un poder ou cargo público de forma ilexítima». |
deterioro | deterioración | Non é correcto *deterioro. |
deuda | débeda | |
deudor/a | debedor/a | |
devaluar | depreciar, desvalorizar | Non é correcto *devaluar. |
devengar | devindicar, xerar, producir | Non é correcto *devengar. Devindicar, o mesmo que o castelán devengar, ten varias acepcións segundo o contexto de uso. |
devengo | devindicación, xeración, produción | Non é correcto *devengo. |
dictamen | ditame | |
dieta | —dieta (=réxime alimenticio) —axuda de custos (=axuda para gastos de viaxe e mantenza) | Cando o significado é o de remuneración, retribución, indemnización, a forma galega é axuda de custos (plural: axudas de custos). Pola contra, cando o significado é «réxime alimenticio», a forma galega coincide coa castelá dieta. |
diferencia | diferenza | |
diferenciar | diferenciar | Non é correcto *diferenzar. |
dinerario | en diñeiro, pecuniario, monetario | Non é correcto *diñeirario. |
diputación | deputación | |
diputado/a | deputado/a | |
disfrutar | gozar, aproveitar, desfrutar | Aínda que o DRAG condena, por incorrecta, a forma desfrutar, vénse utilizando nalgúns contextos, sobre todo naqueles en que gozar ou formas similares non semellan moi acaídas. |
disfrute | gozo, beneficio, desfrute | Aínda que o DRAG condena, por incorrecta, a forma desfrute, vénse utilizando nalgúns contextos, sobre todo naqueles en que gozo ou formas similares non semellan moi acaídas. |
disminución | diminución | |
donación | doazón | |
donante | doador/a, doante |
E
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
edicto | edicto | Non é correcto *edito. |
empadronamiento | empadroamento | |
empadronar | empadroar | |
emplazamiento | —emprazamento (=citación) —localización, situación | En galego emprazamento só ten a acepción de «acción ou resultado de lle comunicar a alguén a hora, a data e o lugar dunha reunión ou cita para que acuda a ela; citación». Non é correcto o seu emprego na acepción de «lugar onde está colocado algo ou alguén». Nesta debemos empregar palabras como localización ou situación. |
emplazar | —emprazar (=citar) —localizar, situar | En galego emprazar só ten a acepción de «citar». Non é correcto o seu emprego na acepción de «poñer algo nun determinado lugar». Nesta, debemos empregar palabras como localizar ou situar. |
en aras a | de cara a, a prol de, en prol de, para | |
en base a | con base en, de acordo con, consonte, segundo, baseándose en, tendo en conta | Non é correcto *en base a. |
en calidad de | en calidade de, como | |
en consideración a | tendo en conta, considerando | |
en cuanto a | en canto a, tocante a, en relación con, verbo de | |
en evitación de | para evitar | |
en lo sucesivo | no sucesivo, de agora en diante, a partir de agora | |
en méritos de | de acordo con, segundo | |
en orden a | para, co fin de, verbo de, no tocante a | |
en relación con, con relación a | en relación con, con relación a | Non é correcto *en relación a. |
en resumidas cuentas | en resumo, en definitiva | Non é correcto *en resumidas contas. |
en su caso | se é o caso, de ser o caso, se for o caso, se procede | Non é correcto *no seu caso. Hai contextos en que é prescindible. |
en su defecto | de non o haber, na súa ausencia, na súa falta | |
en su día | no seu día, no seu momento, cando corresponda | |
en vista a | de cara a | |
enajenación | —alleamento (=cesión ou venda) —alienación (=trastorno mental) | Non é correcto *enaxenación. Para referirnos ao trastorno mental, en galego falamos de alienación. |
enajenar | allear | Non é correcto *enaxenar. |
encausar | abrir causa, procesar | Non é correcto *encausar. |
endeudamiento | endebedamento | |
enjuiciamiento | axuizamento, procesamento | Non é correcto *enxuizamento. |
enjuiciar | axuizar, procesar, xulgar | Non é correcto *enxuizar. |
enmendar | emendar | |
enmienda | emenda | |
ensañamiento | asañamento | Non é correcto *ensañamento. |
entablar | emprender, promover, interpor, presentar (un recurso de inconstitucionalidade, unha demanda, etc.) | Non é correcto *entablar. |
entorno | contorno, contorna, ámbito, ambiente | Non é correcto *entorno. En función do contexto empregaremos palabras como contorno, ámbito, ambiente, etc. |
entresuelo, entreplanta | entresollado, entreplanta | Non é correcto *entresolo nin *entrechán. |
estación de aforo | estación de contaxe | Non é correcto *estación de aforo. |
estancia | —estadía, estada, estancia —estanza (=estrofa) | |
estar (a lo dispuesto) | aterse (ao disposto), observar (o disposto), atender (ao disposto) | Non é correcto *estar ao disposto. |
estudio | —estudo (=acción de estudar) —estudio (=local) | Estudo é o «feito de estudar, investigación, conxunto de materias que se estudan». Estudio é a palabra que designa o «lugar en que se estuda ou traballa»: estudio de arquitectura; estudio de televisión. |
evacuar | —evacuar (=desocupar) —cumprir (un trámite) | É correcto co significado de «baleirar de xente un lugar debido a un perigo». Porén, non é correcto en galego co significado de «cumprir un trámite» ou «emitir un informe». |
extender (un acta, un documento) | estender, redactar | |
extremar | extremar | Non debe confundirse extremar con estremar, que ten o significado de «marcar as estremas ou lindes dunha propiedade». |
extremo | —extremo (=final dunha cousa) —asunto, materia, tema | Non é correcto o emprego de *extremo co significado de «asunto, materia de que se trata». Non se debe confundir extrema con estrema, que ten o significado de «linde». |
F
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
fallar | —fallar (=errar, equivocarse) —decidir, resolver, ditaminar, xulgar | Co significado de «resolver un preito un xuíz/a» ou o de «adxudicar un premio un xurado» non é correcto en galego *fallar. Usaremos resolver, ditaminar, xulgar, decidir. |
fallo | —fallo (=erro, equivocación) —decisión, resolución, sentenza, ditame | Co significado de «resolución que toma un xuíz/a ou un xurado» non é correcto en galego *fallo. Empregaremos resolución, sentenza, decisión ou ditame. Como parte da sentenza en que se emite a resolución podemos empregar a expresión parte dispositiva. |
falsedad | falsidade | Non é correcto *falsedade. |
fecha | data | |
fehaciente | fidedigno/a, que dá fe, que fai fe | Non é correcto *fehaciente nin *fehacente. |
fin | fin | Aínda que o DRAG considera esta palabra de dobre xénero, masculino e feminino, en calquera das súas acepcións, vénse utilizando con xénero femimino (a fin) cando equivale a «remate, termo» (a fin de semana; a fin do prazo) e con xénero masculino (o fin) cando equivale a «finalidade, obxectivo» (o fin non xustifica os medios). |
financiación (fem.) | financiamento (masc.) | Non é correcto *finanzamento. |
financiero | financeiro | Non é correcto *financieiro. |
finca | —predio —leira, terreo, parcela | Co significado de «ben rexistrable» utilizaremos sempre predio (un piso é un predio). Ora ben, cando se refire a un terreo, pode ser traducido por leira, terreo ou parcela. |
finiquito | quitanza | O Dicionario xurídico galego, na entrada relativa á Extinción do contrato de traballo por mutuo acordo alude á quitanza cando expresa: «Aínda que a declaración de vontade das partes mediante a cal acordan a terminación da relación pode ser expresa ou tácita e, no primeiro caso, verbal ou escrita, normalmente adopta esta última forma, incorporándose á denominada quitanza (finiquito), que procede realizar con ocasión da extinción do contrato e que debe axustarse aos requisitos que estableza o convenio colectivo aplicable». Non debe confundirse a quitanza coa liquidación. |
firma | —sinatura, firma, asinamento —firma (=empresa) | Para referirnos a unha empresa ou razón comercial só utilizaremos firma, mentres que para a acepción de «nome ou trazo característico escrito polo seu posuidor nun documento, como garantía da súa autenticidade ou da súa autoría» empregaremos habitualmente sinatura, aínda que firma tamén é correcto. |
firmante | asinante, firmante | |
firmar | asinar, firmar | |
fraude (masc.) | fraude (fem.) |
G
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
garantizar | garantir | |
generador | xerador | Non é correcto *xenerador. |
generalidad | xeneralidade | Non é correcto *xeralidade. |
generalizar | xeneralizar | Non é correcto *xeralizar. |
generar | xerar | É incorrecto *xenerar. |
goce | gozo (véxase disfrute) | Non é correcto *goce. |
grabar | gravar | En galego ten esta única forma para calquera dos significados do castelán grabar e gravar. |
gradación, graduación | gradación, graduación | Aínda que tanto en castelán como en galego tenden a usarse indistintamente nalgúns contextos, teñen acepcións diferentes (véxanse os respectivos dicionarios académicos). |
grado | —grao (=nivel, escala) —grado (=boa aceptación) | |
graduar | graduar | |
gravamen | gravame | |
guarda | garda | |
guardia | garda | |
gubernamental | gobernamental | |
gubernativo | gobernativo |
H
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
hábeas corpus | hábeas corpus, habeas corpus | Esta expresión pode escribirse baixo a forma latina, caso en que se pon en cursiva e sen acento. Pero, ao tratarse dunha expresión moi consolidada, adoita escribirse en redonda e con acento. |
haber lugar | proceder | Non é correcta a expresión *haber lugar. |
habida cuenta | dado que, tendo en conta que | Non é correcta a expresión *habida conta. |
hallar | achar | |
hallazgo | achado | Non é correcto *achádego. |
haz | feixe | Feixe emprégase en galego coas mesmas acepcións que o castelán haz (feixe luminoso, feixe de protóns...) |
heredar | herdar | |
heredero/a | herdeiro/a | |
herencia | herdanza | |
hermandad | irmandade | |
hijuela | anexo | Utilízase no ámbito dos transportes, coa acepción de «camiño anexo ou subordinado a outro principal». |
hoja de aprecio | folla de valoración, folla de taxación | |
huella | pegada, pisada, impresión dixital | En sentido metafórico tamén se poden utilizar sinal e testemuño. |
I
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
impago | impagamento, falta de pagamento, non pagamento | |
inalienable | inalleable, inalienable | |
incertidumbre | incerteza | Non é correcto *incertidume. |
incumplimiento | incumprimento | |
incurrir | incorrer | |
informar | —informar (=dar información) —emitir informe | Como transitivo equivale exclusivamente a «dar información» (deberá informar os traballadores dos postos de traballo vacantes). Non é correcto, por tanto, o seu emprego como transitivo co significado de «emitir informe». Así non debemos empregar *informar unha resolución nin, en consecuencia, *resolución informada favorablemente. A forma correcta nestes casos é emitir informe sobre unha resolución e resolución con informe favorable ou resolución obxecto de informe favorable. |
inscribible | inscritible | Non é correcto *inscribible. |
insertar | inserir | Non é correcto *insertar. |
instar | instar (alguén para facer algo) | A construción correcta deste verbo require que se introduza un complemento directo de persoa seguido da preposición para: Instaron o conselleiro para que resolva o conflito. Por tanto, é incorrecta unha construción como *instaron a resolución do conflito. |
interés | —interese —xuro | Para referirnos á importancia ou valor que unha cousa suscita utilizaremos interese. Para nos referir ao diñeiro producido ou pagado, a forma correcta é xuro, que se usa sobre todo en plural. |
interesar | solicitar | |
interfaz (s.m.) | interface (s.f.) | |
interrumpir | interromper | |
interviniente | interveniente | Non é correcto *intervinte. |
intrusismo | intrusión | Non é correcto *intrusismo. |
inversión | —inversión (=acción de inverter) —investimento (=acción de investir) | |
inversor/a | investidor/a | Non é correcto *inversor/a. |
invertir | —inverter (=dar a volta) —investir (=aplicar diñeiro a unha finalidade) | |
IVA (impuesto sobre el valor añadido) | IVE (imposto sobre o valor engadido) |
J
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
joven | mozo/a, rapaz/a, novo/a | As formas *xove e *xoven non son correctas en galego. Porén, por calco de estruturas do castelán que inclúen o adxectivo joven, hoxe en galego hai sintagmas xa moi consolidados que inclúen as formas espurias: carné xove, Xove Orquestra de Galicia, etc. |
justificante | xustificante (de recepción), resgardo, recibo | |
justiprecio | prezo xusto | Non é correcto *xustiprezo. |
juzgar | xulgar, axuizar | Non é correcto *xuzgar. |
K
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
kilo, kilogramo | quilo, quilogramo | |
kilolitro | quilolitro | |
kilómetro | quilómetro | |
kilovatio | quilowatt | Non é correcto *quilovatio. |
kilovoltio | quilovolt | Non é correcto *quilovoltio. |
L
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
largo/a | longo/a | Debe terse en conta que a forma galega largo/a equivale á castelá ancho/a. |
legajo | mazo | Non é correcto *legaxo. |
lejano/a | afastado/a, distante | Non é correcto *lonxano/a. |
librar (certificación) | expedir (certificación), redactar | |
libreta | caderno, conta | Non é correcto *libreta. |
libreta marítima | cédula de inscrición marítima | |
licencia | licenza | Non é correcto *licencia. |
liderazgo | liderado | Non son correctos *liderazgo, *liderádego nin *liderato. |
lindante | lindeiro/a, estremeiro/a | |
listado | lista, listaxe | Non é correcto utilizar *listado como substantivo; si como adxectivo (un xersei listado). |
listín (telefónico) | listaxe (telefónica) | |
llanamente | sinxelamente, directamente | |
llanta | pina, lamia | |
llevanza (de un registro, de un archivo...) | mantemento, conservación, xestión (dun rexistro, dun arquivo...) | Malia ser correcto o verbo levar, non o é o sustantivo *levanza. |
M
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
manzana (de casas) | cuarteirón, quinteiro | Non é correcto *mazá. |
marcado (s.m.) | marcación, marcaxe (s.f.) | |
marchamo | marca identificativa, selo de chumbo | |
máster | máster, mestrado | Aínda que se chegou a divulgar a forma adaptada ao galego mestrado, a forma fixada polo Consello de Universidades é máster. Por tanto, esta é a forma que debe utilizarse nos textos oficiais. |
mayorista | grosista, comerciante por xunto | Non é correcto *maiorista. |
mecenazgo | mecenado | Non é correcto *mecenazgo nin *mecenádego. |
medio ambiente | ambiente, medio (natural) | Malia que a expresión *medio ambiente é condenada, tanto en galego coma noutros idiomas, está moi divulgado o seu emprego, mesmo na denominación de organismos, co cal o seu emprego se acabou considerando tolerable. |
medioambiental | ambiental | |
membrete | cabeceira | |
memorándum | memorando | |
mercancía | mercadoría, mercancía | |
mermar | minguar | Non é correcto *mermar. |
minorista | retallista, comerciante polo miúdo | |
minusvalía, discapacidad | minusvalidez, discapacidade | O concepto antes expresado en castelán como minusvalía debe expresarse en galego como minusvalidez. Porén, nas dúas linguas, o actual concepto legal exprésase baixo o termo discapacidad / discapacidade. |
montante (cuantía) | montante | |
mostrenco | mostrengo, sen dono(a) | |
muestral (varianza muestral) | de mostras (varianza de mostras) | |
muestreo | mostraxe, toma de mostras | Non é correcto *mostreo. |
N
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
nombramiento | nomeamento | |
nombrar | nomear | |
novedoso/a | novo/a, innovador/a | Non é correcto *novidoso(a). |
nudo | nó | |
nudo propietario | nu propietario |
O
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
objeción | obxección | |
objetar | obxectar | |
objetivo | obxectivo | |
objeto | obxecto | |
obligación | obriga, obrigación | |
obrante | existente, que consta en | Non é correcto *obrante. |
obrar (=existir en determinado lugar) | constar, estar en posesión, estar en poder de | |
orden (s.m. ou s.f.) | orde (s.f.) | En galego ten xénero feminino en calquera das súas acepcións: a orde do día; a orde de chegada; cumprir as ordes. |
ordenamiento | ordenamento | |
ordenar | ordenar | Non é correcto *ordear. |
origen (s.m.) | orixe (s.f.) | |
ostentar | ostentar (facer ostentación de algo) | Expresións como ostentar un cargo ou ostentar unha representación, moi usuais por calco do castelán, debemos substituílas por exercer, desempeñar, ocupar ou ter (un cargo, unha representación). |
otorgamiento | outorgamento | |
otorgar | outorgar | |
otrosí | outrosí |
P
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
pabellón | pavillón | |
pagadero | pagadoiro | |
pagaré | nota promisoria | A forma habitualmente empregada viña sendo obriga de pagamento. Pero o Dicionario xurídico fixou a forma nota promisoria. |
pago | pagamento, pago | |
para mejor proveer | para mellor resolver, para decidir mellor | |
paradero | paradoiro | |
paradoja | paradoxo | Non é correcto *paradoxa. |
paradójico/a | paradoxal | |
patria potestad | patria potestade | |
patronato | padroado, padroádego | |
patrono (de una fundación) | padroeiro, patrón | |
peatón | peón | |
peatonal | peonil | Non é correcto *peatonil. |
peatonalizar | converter en (zona) peonil | |
peón caminero | legoeiro | |
pérdida | perda | |
periódico/jornal (retribución) | xornal (publicación, retribución) | |
perjudicial | prexudicial | Non é correcto *perxudicial nin *perxudizal. |
perjuicio | prexuízo, dano | Non é correcto *perxuízo. |
persona | persoa | |
personal | persoal | |
personarse | —comparecer, presentarse —constituírse como parte | No sentido xurídico debe preferirse a forma constituírse como parte, aínda que en determinados contextos é sinónima de comparecer. Non é correcto *persoarse. |
pertenecer | pertencer | |
pignoración | peñoración | |
pignorar | peñorar, empeñar | |
pizarra | —lousa —encerado | No caso de pizarra electrónica (nas TIC) empregaremos encerado electrónico. Non é correcto *pizarra. |
planta, piso | andar, planta, piso | |
planteamiento | formulación, enfoque, proposta | Non se debe abusar de formulación como tradución deste termo para o galego. Segundo os contextos, tamén podemos empregar estoutras formas: exposición, presentación, proposta, proxecto, enfoque, etc. Non é correcto *plantexamento. |
plantear | presentar, formular, suxerir, trazar, propor, establecer, expor, considerar, enfocar | Non é correcto *plantexar. |
plantilla | —cadro de persoal —modelo, formulario de corrección | Segundo a acepción, empregaremos as opcións indicadas. En ningunha das acepcións é correcto *plantilla. |
plaza | praza | |
plazo | prazo | |
pleitear | preitear, litigar | |
pleito | preito, litixio | |
pliego | prego | |
plus (retribución) | complemento, sobresoldo | |
poder bastante | poder cumprido | |
poderdante | poderdante, mandante | |
poderhabiente | mandatario/a | |
—ponencia (=exposición) —ponencia (=sección, comisión) | —relatorio —ponencia | Non é correcto *poñencia. Aínda que a palabra ponencia non é correcta en galego, no ámbito parlamentario é a denominación que, por calco do castelán, se vén utilizando desde o inicio da constitución da Cámara galega. Por tanto, só será admisible neste contexto ou similares (Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia, por ex.) No ámbito do catastro, a forma correcta para o galego é cadro de valores. |
ponente | relator/a; maxistrado relator | Non é correcto *poñente. |
por consiguiente | por conseguinte, por tanto, polo tanto, xa que logo | |
por cuanto | por canto, xa que, dado que, posto que | |
por cuenta de | por conta de | |
por la presente | por medio de, a través de (este escrito, carta, notificación, etc.) | |
por tanto | por tanto, polo tanto, xa que logo | |
porcentaje (s.m.) | porcentaxe (s.f.) | |
poseedor/a | posuidor/a | |
poseer | posuír | |
postor | licitador, ofertante | Non é correcto *postor. |
postura | oferta, licitación, proposta | |
practicaje | pilotaxe portuaria | |
practicar diligencias | efectuar dilixencias | |
práctico de puerto | piloto de porto, piloto portuario | |
preaviso, previo aviso | aviso previo | |
precio | prezo | |
prejuicio | prexuízo | Non é correcto *perxuízo e *perxuicio. |
prejuzgar | prexulgar | Non é correcto *prexuzgar. |
prenda (=aval) | peñor (=aval) | |
prenda (de ropa) | peza (de roupa) | |
prescripción | prescrición | |
prestatario/a | prestameiro/a | Non é correcto *prestatario. |
presupuestación, presupuestar | elaboración de orzamentos, orzar | Non é correcto *orzamentar. |
presupuestario | orzamentario, presupostario | |
presupuesto | —presuposto (=cousa que se presupón) —orzamento, presuposto | No ámbito económico empregaremos orzamento, malia recoñecerse presuposto como sinónimo. |
prevenir | previr | Non debe confundirse previr con prever. |
prever | prever | Non debe confundirse prever con previr. En castelán é incorrecta a forma *preveer. |
previo/a | previo/a (=anterior) | Previo(a) debe empregarse como adxectivo (un informe previo, unha consulta previa). Non o empregaremos en expresións como previo informe ou previa consulta. Nestes contextos diremos logo de informe, tras o informe, co informe previo de, logo de consulta ou construcións similares. |
procesal | procesual | Non é correcto *procesal. |
procuraduría | procuradoría | |
promedio | media, termo medio | Non é correcto *promedio. |
promocionar | promover | Non é correcto *promocionar, aínda que si o substantivo promoción. |
prorrata | pro rata | |
prorratear | ratear | |
prorrateo | rateo | |
proveedor/a | provedor/a | |
proveer | prover | |
proveniente | proveniente | Non é correcto *provinte. |
pueblo (conjunto de personas) | —pobo (=conxunto de persoas) —vila, aldea, lugar (=o agrupamento físico de casas) | Non é correcto utilizar *pobo para referirse ao agrupamento de vivendas. |
puja | poxa | |
pujar | poxar | |
pujas a la llana | poxas abertas |
Q
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
querella | querela | |
querellante | querelante | |
querellar | querelarse | |
querencia | querenza | |
quiebra | creba, quebra | |
quirúrgico/a | cirúrxico/a | Non é correcto *quirúrxico/a. |
quita | quitación | |
quórum | quórum |
R
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
reanudar | reemprender, continuar, retomar, restablecer | Non é correcto *reanudar. Reanudar significa «renovar ou continuar un trato, estudo, traballo, conferencia, etc». Non é sinónimo perfecto de reiniciar. O verbo reiniciar debe usarse para aludir ao feito de volver ao principio dunha actividade suspendida, mentres que reanudar é o adecuado para falar de algo que se volve pór en marcha a partir do punto en que parou. Por iso en galego expresaremos esta acción con verbos como os indicados. |
rebatir | rebater | |
recabar | recadar, obter, solicitar | Non é correcto *recabar. Dependendo do contexto utilizaremos recadar, obter, recoller ou acadar. Noutros equivale máis a solicitar, pedir, demandar ou reclamar. |
recargo | recarga | |
recaudación | recadación | |
recaudador/a | recadador/a | |
recaudar | recadar | |
rechazar | rexeitar | |
rechazo | rexeitamento | |
recibí (sust.) | carta de recepción, xustificante de recepción, recibo | Non é correcto *recibín. |
recién | recentemente (+ participio), acabado de (+ infinitivo) | Non é correcto *recén. Así, *recén feito débese substituír por recentemente feito ou acabado de facer. No caso de *recén nacido, pode empregarse recentemente nado ou o cultismo neonato, sobre todo na linguaxe médica. |
reciente | recente | |
recopilar | recompilar | |
recorrer | percorrer | Cómpre non confundir percorrer con recorrer. |
rector | reitor | |
rectorado | reitoría | |
recurrente | recorrente | |
recurrir | recorrer | Co significado de «botar man de, apoiarse en, acudir a» empregaremos recorrer (recorreu a min para que lle botase unha man). Na acepción de «presentar un recurso contra unha decisión xudicial ou administrativa» non é correcto o seu emprego como transitivo e debe rexer a preposición contra: O condenado recorreu contra a sentenza e non *O condenado recorreu a sentenza. |
reemplazo | substitución | Non é correcto *reemprazo. |
reflejar | reflectir | Non é correcto *reflexar. |
refrendar | referendar | Non é correcto *refrendar. |
—refrendo —referéndum | referendo | |
régimen | réxime | |
regir | rexer | Non é correcto *rexir. |
regla | regra | |
reglaje (p.e. de elementos de un vehículo) | axuste, regulación | Non é correcto *regraxe. |
reglamentación | regulamentación | Non é correcto *regramentación. |
reglamentar | regulamentar, regular | |
reglamentario | regulamentario | Non é correcto *regramentario. |
reglamento | regulamento | Non é correcto *regramento. |
rehusar | rexeitar, refusar, refugar | |
relevación (de obligaciones o car-gas) | exención, exoneración (de obrigas ou cargas) | Non é correcto *relevación. |
relevista | remudista | Participantes nunha carreira de remudos Traballador con contrato de remuda |
relevo (contrato de) | remuda (contrato de) | Esta é a forma recollida no Dicionario xurídico, aínda que en textos do DOG tamén se ten utilizado a expresión contrato de revezamento. |
relicto/a | sucesorio/a, hereditario/a | Emprégase normalmente acompañando o substantivo bens (pl.) xa que se aplica aos bens da herdanza. |
rellenar | —reencher —encher, cubrir | Utilizaremos reencher en contextos como reencher un burato con terra. Para os formularios, utilizaremos encher ou cubrir. |
rendir | render | |
renta | renda | |
rentabilidad | rendibilidade | Non é correcto *rentabilidade. |
rentable | rendible | Non é correcto *rentable, *rentábel. |
reparto | repartición | Non é correcto *reparto. |
replantear | —reformular, dar un novo enfoque —implantar, trazar a planta (en construción) | Non é correcto *replantexar. |
replanteo | implantación, trazado de planta | Non é correcto *replantexo. |
requerimiento | requirimento | Non é correcto *requerimento. |
requerir | requirir | Non é correcto *requerir. |
reseña | nota, recensión | Non é correcto *reseña. |
reseñar | indicar, sinalar | |
resguardo | —resgardo, xustificante —abeiro, acubillo | Cando se trate dun lugar onde agocharse ou gorecerse, empregaremos as formas abeiro ou acubillo. |
respeto, respecto | respecto | En galego a forma é a mesma nas dúas acepcións: Xa non hai respecto polos maiores; Respecto diso non temos máis que engadir. |
retracto (derecho de) | retracto (dereito de) | |
retranquear | recuar | |
retranqueo | recuamento | |
retrasar | atrasar, adiar | |
retraso | atraso, adiamento | |
revertir | reverter | |
revocable | revogable | |
revocación | ||
revocar | revogar | |
riesgo | risco | |
ronda | rolda |
S
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
salvedad | excepción, advertencia | Evítense *salvedade e *salvidade. |
salvo que | salvo que, de non ser que, non sendo que, a menos que, excepto que | |
—secreto (s.m.) —secreto(a) (adx.) | —segreto (s.m.) —secreto(a) (adx.) | Como substantivo empregaremos segredo, mentres que como adxectivo a forma correcta é secreto(a). |
sede | —sede —sé | A sede é o lugar onde ten o seu domicilio unha empresa ou unha organización. A forma sé só se emprega nas acepcións que teñen que ver co mundo eclesiástico: capital dunha diocese, territorio da xurisdi-ción dun prelado (p.e., a Santa Sé). |
sellado | selaxe | |
semoviente | semovente | |
señas (personales) | datos persoais, enderezo | |
sentencia | sentenza | Non debemos esquecer, porén, que o verbo é sentenciar. |
sentenciar | sentenciar | Non é correcto *sentenzar. |
si bien | ben que, aínda que | Non é correcto *se ben. |
signatura | signatura (referencia, sinal) | Non se debe confundir con *sinatura". |
sin embargo | porén, no entanto, con todo, así e todo | Evítense *sen embargo e *nembargantes. |
sin perjuicio de | sen prexuízo de | |
siniestro | sinistro | |
so pretexto de | co pretexto de | |
sobornar | subornar | |
soborno | suborno | |
sobrecoste | sobrecusto | Non é correcto *sobrecuste. |
sobrepasar | superar, exceder, adiantar | Non é correcto *sobrepasar. |
sobresaliente (adj. y s.m.) | —sobresaínte (adx.) —sobresaliente (s.m.) | Para a cualificación académica empregaremos a forma sobresaliente. |
sobreseer | sobreser | |
sobreseído(a) | sobresido(a) | |
sobreseimiento | sobresemento | |
solar (adx., referido ao sol) | solar | |
solar (s.m., terreno edificable) | soar | |
solventar | resolver, solucionar | Non é correcto *solventar. |
sondeo | sondaxe | |
sostenibilidad | sustentabilidade, sostibilidade | D.X. de Sostibilidade e Paisaxe |
sostenible | sustentable, sostible | |
subasta | poxa | |
subastar/pujar | poxar | |
subsanar | emendar, rectificar, corrixir, reparar, sanear | Non é correcto *subsanar. |
sugerencia | suxestión | Non é correcto *suxerencia. |
sujeción | suxeición | Non é correcto *suxeción. |
suministrar | subministrar, fornecer, propor-cionar | |
suministro | subministración, fornecemento | Non é correcto *subministro. |
surtir | —fornecer, abastecer —producir | Para a expresión do castelán surtir efecto/s en galego dicimos producir efecto/s. |
suscribir(se)/abonar(se) | subscribir(se), abonar(se) | |
suscripción | subscrición | |
sustanciar (trámite de audiencia) | substanciar, efectuar (trámite de audiencia), instruír, tramitar | |
sustituir | substituír | |
sustracción | subtracción | Non é correcto *substracción. |
sustraer | subtraer | Non é correcto *substraer. |
T
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
tacha (legal) | impedimento (legal) | |
tachadura | riscada | |
tachar | riscar | É incorrecto o seu uso en contextos como *Tachárono de folgazán. Neste caso empregaremos acusar ou cualificar. |
tan pronto como | tan pronto como, axiña que, logo que, en canto | |
tanteo (derecho de) | tanteo (dereito de) | |
tanto por cien | tanto por cento | Non é correcto *tanto por cen. |
taquilla | —despacho de entradas, despacho de billetes, billeteira —armario | Non é correcto *taquilla. |
tasa | taxa | |
tasación | taxación | |
tasar | taxar | |
tenedor (de acciones) | tedor | |
tenencia | —tenza (=posesión) —tenencia (=cargo de tenente) | |
tenor | —teor (=modo) —tenor (=cantante) | |
tercio | terzo | Debemos ter en conta, no entanto, que as formas correctas son terciario e terciaria e non *terzario, *terzaria. |
tesina | memoria de licenciatura | Non é correcto *tesiña. |
tesis | tese, memoria de doutoramento | |
tesorería | tesouraría | |
testigo (el, la) | testemuña | En galego é sempre feminino |
testimoniar | testemuñar | |
testimonio | testemuño (aquilo que di unha testemuña ou que serve para demostrar algo) | |
toda vez que | xa que, dado que | |
traer causa | derivar | |
transcripción | transcrición | |
transcurrir | transcorrer | |
trayecto | traxecto | Non é correcto *traiecto. |
trazabilidad | rastrexabilidade | Non é correcto *trazabilidade. |
triple | triplo, tripla | Non é correcto *triple. |
turnar | alternar, rotar, aquendar, repartir por quenda | |
turnar de oficio | asignar de oficio | |
turnicidad | aquendamento, traballo por quendas, traballo a quendas | |
turno | quenda, vez, rolda, tanda | |
turno de oficio | quenda de oficio | |
turno de reparto | quenda de repartición |
U
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
ubicación | localización, situación, instalación, colocación | Non é correcto *ubicación. |
ubicar | localizar, situar, instalar, colocar | Non é correcto *ubicar. |
ultimátum | ultimato | |
ultraje | aldraxe | Non é correcto *ultraxe. |
umbral | limiar | Tamén en sentido figurado: o limiar da pobreza, o limiar da dor. |
urgir | urxir | Emprégase como verbo impersoal en construcións deste tipo: Urxe a comparecencia do interesado. Non son correctas as construcións transitivas: *Urxiron da Deputación a construción dunha estrada ou *Urximos a reitoría para que tome a decisión con rapidez. |
uso y disfrute | uso e gozo | Menos recomendable é uso e desfrute. |
usufructo | usufruto | |
usufructuario(a) | usufrutuario(a) |
V
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
vacuna | vacina | |
vacunar | vacinar | |
vacuno(a) (adj.) | vacún, vacúa | |
vatio | wat | Non é correcto *vatio. |
vecindad | veciñanza | Non é correcto *vecindade. |
ventaja | vantaxe | Non son correctas as formas *ventaxa nin *avantaxe. |
ventanilla | —ventá, fiestra, xanela —portelo (=lugar de atención ao público) | |
veredicto | veredicto | Non é correcto *veredito. |
vertido (sust.) | vertedura (subst.) | En galego a forma vertido(a) só se emprega como adxectivo (o sal vertido na mesa). Non é correcto *verquido. |
vertir | verter | Evítense as formas *vertir, *verquir e *verquer. |
vía de apremio | vía executiva, vía de constrinximento, vía de prema | |
vial | viario(a) | Dise seguranza viaria e non *seguranza vial. |
vigilante (adj.) | vixiante | |
vigilante (sust.) | vixilante | |
visto bueno | visto e prace | Non é correcto *visto bo. |
vocal (letra, miembro de una junta o una asociación) | —vogal —vocal | Usamos vocal como adxectivo en expresións como cordas vocais. |
voltio | volt | Non é correcto *voltio. |
Y
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
ya que | xa que, posto que, dado que, tendo en conta que | |
yacimiento | xacemento | Para expresión castelá yacimiento de empleo en galego está fixada a expresión viveiro de emprego. |
Z
Castelán | Galego | Observacións |
---|---|---|
zahorra | saburra | |
zona | zona | Non é correcto *zoa. |