Elementos constantes da estrutura xeral dos textos

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 29 de marzo de 2011 ás 11:39 por Dogadmin (Conversa | contribucións)

Páxinas principais

Todos os documentos publicados no DOG teñen unha estrutura común, que é a seguinte: cabeceira, corpo do documento, peche e anexos.

Índice

Cabeceira

A cabeceira dun documento componse de tres pezas de información:

  • Nome da entidade emisora do documento: Debe figurar claramente o nome do emisor responsable da publicación, mesmo cando se trata dun organismo autónomo. Só poderán ser entidades emisoras aquelas entidades contidas na relación de entidades emisoras que se encontra no portal de envío telemático de documentos.
  • Tipo de documento: Indicarase obrigatoriamente o tipo de disposición de que se trate ben identificado (orde, resolución, anuncio, edicto etc).
  • Sumario ou Título: Debe ser un extracto perfectamente resumido que adiante minimamente o contido da disposición. Nel indicarase a subentidade, de existir, dependente da entidade emisora responsable da publicación do documento. Este resumo deberá sempre conter os seguintes datos:

Tipo de disposición (en maiúsculas) + Data + (subentidade dependente, entre comas, de habela) + mínimo resumo que adiante o contido da publicación + n.º de expediente ou referencia, de habelo.

Vexamos algún exemplo:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión.


CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CÉDULA do 15 de febreiro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente OU-00037-O-2011).


Tipo de documento e nome da entidade emisora

Formatación

  • Xustificación: completa.
  • Sangría: 5 mm.
  • Interliñado: dobre.
  • Tipo de letra: negra en maiúsculas.

Exemplo:

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE, S.A.
{maiúsculas negras, interliñado dobre, sangría 5mm}


Sumario ou título

Formatación

  • Xustificación: completa
  • Sangría: non.
  • Interliñado: 1,5.
  • Tipo de letra: cursiva.

Exemplo:

RESOLUCIÓN de 4 de xuño de 2010 pola que se concede a acreditación de entidade de control de calidade da edificación a Estudios Mikar, S.L., con domicilio social na calexa Solla número 1, entresollado, 36900 Marín (Pontevedra).

{cursiva, xust. completa, interliñado 1,5, espazamento parágrafo 5mm}

Corpo do documento

O corpo da maioría dos documentos consta de dúas partes diferenciadas: parte expositiva e parte dispositiva.

Parte expositiva

A parte expositiva cumpre a función de resumir o contido e obxecto do documento, co fin de lograr unha mellor comprensión do texto.

Formatación

  • Xustificación: completa.
  • Sangría: 5 mm primeira liña de parágrafo.
  • Separación entre parágrafos: 5 mm.
  • Interliñado: 1,5.
  • Tipo de letra: redonda.

Exemplo:

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia, modificada polas leis 11/1988, de 20 de outubro, 2/2007, de 28 de marzo, e 12/2007, de 27 de xullo, conforme os ditames do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de setembro de dous mil dez,

{letra redonda, xust. completa, interliñado 1,5, sangría e espazamento parágrafo 5mm}


Parte dispositiva

A parte dispositiva está destinada á inclusión do resto de información do documento, sexa este unha disposición articular, unha resolución, un anuncio etc.

Fórmula introdutoria

A fórmula introdutoria da parte dispositiva deberá ser expresada en primeira ou terceira persoa. Deberase utilizar obrigatoriamente a terceira persoa cando o suxeito que apareza ao final da parte dispositiva sexa dunha forma semellante a “esta secretaría xeral” ou “esta dirección xeral”.

No caso de disposicións conxuntas, esta fórmula irá en plural.

Formatación

  • Xustificación: centrada.
  • Sangría: non.
  • Separación entre parágrafos: 5 mm con respecto a ambos parágrafos, anterior e posterior.
  • Tipo de letra: redonda

Exemplos:

DISPÓN:
{maiúsculas, cursiva, xust. centrada, espazamento parágrafos anterior e posterior 5mm}


DISPOÑEMOS:
(en disposicións conxuntas)


RESOLVE:
{maiúsculas, cursiva, xust. centrada, espazamento parágrafos anterior e posterior 5mm}


Corpo da parte dispositiva

Formatación

  • Xustificación: completa.
  • Sangría: 5 mm primeira liña de parágrafo.
  • Separación entre parágrafos: 5 mm.
  • Interliñado: 1,5.
  • Tipo de letra: redonda.

Exemplo:

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, de 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Marco Tuein profesor titular de universidade da Universidade da Coruña, da área de coñecemento de matemática aplicada, departamento de Métodos Matemáticos e de representación desta universidade.

{letra redonda, interliñado 1,5, sangría primeira liña e espazamento parágrafo 5mm}


Peche

O peche do documento componse de dúas pezas de información:

  • Expresión da data
  • Expresión do cargo que asina
Expresión da data

Estrutura

[Lugar], [Número do Día (en número)] de [Nome do Mes (letra en minúscula)] de [Número do Ano (en número)].

Esta estrutura non se manterá con este formato nas leis e nos decretos, onde a data debe aparecer repetida varias veces ao longo do corpo do texto e desenvolta sempre en letra.

[Lugar], [Número do Día (en letra)] de [Nome do Mes (letra en minúscula)] de [Número do Ano (en letra)].


Formatación

  • Xustificación: esquerda.
  • Sangría: 5 mm primeira liña de parágrafo.
  • Separación entre parágrafos: 5mm.
  • Interliñado: 1,5.
  • Tipo de letra: redonda.

Exemplo:

Cerceda, 10 de setembro de 2010.
{letra redonda, sangría primeira liña e espazamento parágrafo 5mm}


Agás nas leis e decretos:

Santiago de Compostela, dez de setembro de dous mil dez.
{letra redonda, sangría primeira liña e espazamento parágrafo 5mm}


Expresión do cargo que asina

1. A expresión do cargo asinante, nos casos máis xerais, componse de dúas pezas de información:

  • Nome da persoa asinante (responsable da entidade emisora do documento).
  • Nome do cargo completo (debe coincidir co cargo responsable da entidade emisora do documento).

Formatación

  • Xustificación: centrada.
  • Sangría: non.
  • Separación entre parágrafos: 5 mm.
  • Interliñado: simple.
  • Tipo de letra: redonda.

Exemplo:

Luis Lamas Novo
{letra redonda, xust. centrada, interliñado simple, espazamento parágrafo 5mm}
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.
{letra redonda, xust. centrada, interliñado simple, espazamento parágrafo 5mm}


2. Nos decretos, a sinatura constará de dous niveis:

    • Primeiro deberá asinar a persoa que desempeñe a presidencia da Xunta de Galicia. Esta sinatura terá xustificación centrada.
    • Despois asinará a persoa responsable da consellería correspondente á materia sobre a que se propón a dita norma. Esta sinatura terá xustificación esquerda.

Vexamos un exemplo:

Alberto Núñez Feijóo
Presidente
{letra redonda, xust. centrada, interliñado simple, espazamento parágrafo 5mm}


Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo

{letra redonda, xust. esquerda, interliñado simple, espazamento parágrafo 5mm}


3. As disposicións de carácter conxunto, nas cales son varios os organismos emisores, publícanse baixo a epígrafe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a súa sinatura leva en paralelo o nome e o cargo dos seus responsables segundo a orde protocolaria de rango de consellerías ou demais entidades.

Exemplo:

Baixo unha epígrafe deste tipo:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE conxunta do 14 de abril de 2009, das consellerías do Medio Rural e de Sanidade, pola que se regula a formación das persoas que realizan actividades relacionadas coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea a Comisión Técnica de Produtos Fitosanitarios.


Corresponderíase unha sinatura dobre en paralelo como se observa a continuación:

Samuel Jesús Suárez Casado
Pilar Farjas Abadía
Consejero del Medio Rural
Consejera de Sanidad

De haber máis organismos, seguirán a orde de aparición no sumario ou título do documento.


4. Na ausencia da persoa responsable da entidade emisora (P.A.) ou no caso de que esta delegue noutra persoa (P.D. ou P.S.), deberase indicar esta situación na sinatura, especificando o cargo da persoa que asina, ademais de citar ao completo a norma de delegación ou substitución.

Por exemplo, nunha resolución da Consellería do Medio Rural, o conselleiro delega no secretario xeral e iso vese reflectido na sinatura do seguinte xeito:

P.D. (Orde 24-4-2009, DOG n.º 81, do 28 de abril)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural
{letra redonda, xust. centrada, interliñado simple, espazamento parágrafo 5 mm}


5. Nos documentos en que xa se identifique no inicio do corpo do documento o nome e cargo da persoa responsable da emisión, non é necesario repetilo na sinatura.

Por exemplo, aos edictos dos xulgados que comecen do seguinte modo «María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número un da Coruña,…», corresponderíalles unha sinatura como a seguinte:


A secretaria xudicial
Rubricado
{letra redonda, xust. centrada, interliñado simple, espazamento parágrafo 5 mm}

Anexos

Os anexos irán sempre no final do documento. Evitarase, por tanto, a inserción destes anexos no medio do documento. Deberanse realizar dentro do corpo do documento referencias identificativas a eles para facilitar a súa localización.

Recoméndase utilizar o apartado de anexos única e exclusivamente para a inclusión de formularios, documentos informativos adicionais, imaxes e/ou táboas.

Os anexos deberán constar de dúas pezas de información:

  • Encabezamento: Indicarase, cando haxa máis dun anexo, o número de anexo en números romanos.
  • Título (irá centrado e en negra).
Encabezamento

Estrutura

ANEXO [Número do Anexo en Números Romanos]

Formatación

  • Xustificación: centrada.
  • Sangría: non.
  • Separación entre parágrafos: 5 mm.
  • Interliñado: 1,5.
  • Tipo de letra: redonda e en maiúsculas.
Título do anexo

Formatación

  • Xustificación: centrada.
  • Sangría: non.
  • Separación entre parágrafos: 5 mm.
  • Interliñado: 1,5.
  • Tipo de letra: redonda negra.

Exemplo:

ANEXO IV
{letra redonda en maiúsculas, interliñado 1,5, xust. centrada, espazamento parágrafo 5mm}
Guía para a elaboración de fichas de datos de seguranza
{letra redonda negra, interliñado 1,5, xust. centrada, espazamento parágrafo 5mm}
Ferramentas persoais