Cuestións de estilo
De Manual de Estilo DOG
Páxinas principais |
Índice |
A redacción de documentos administrativos
«Para os propósitos deste Manual considérase estilo os trazos constituídos por unha escolla de entre as posibilidades que ofrece a lingua. Esta escolla pode ser dunha persoa ou dun grupo, por exemplo, unha empresa, unha institución, etc., que decide utilizar a lingua nas súas comunicacións internas ou externas de determinada maneira. Non se trata, pois, do que é correcto ou incorrecto, senón do que é mellor ou peor, máis adecuado ou menos adecuado. Por iso, nesta parte do Manual, dedicada ás cuestións de estilo, non se ofrecen normas senón consellos ou orientacións.
Os textos que se publican no Diario Oficial de Galicia son textos oficiais, polo cal deben caracterizarse pola impersonalidade, o uso do padrón culto do idioma, a clareza, a concisión, a formalidade e a uniformidade. Estas características responden á necesidade e á obriga de transmitir todo tipo de comunicacións oficiais de forma transparente e intelixible para o conxunto da cidadanía, sexa quen for a entidade emisora desa comunicación. Os textos deben ser redactados de forma que permitan sempre unha única interpretación, evitándose así calquera equívoco ou a existencia de máis dunha interpretación.
A análise dos documentos permite concluír que os factores máis comúns que provocan escuridade e ambigüidade dos textos son construír frases demasiado longas e mal puntuadas, substituír os verbos por unha palabra derivada (nominalización), usar palabras longas e expresións complexas en lugar doutras máis correntes e curtas xunto con abreviaturas pouco usuais, ben como utilizar mal os elementos lingüísticos que permiten identificar o referente, é dicir, aquilo de que estamos a falar, como no exemplo seguinte:
- Disposición transitoria primeira. Servizos Comúns.
- Sen prexuízo da creación e posta en funcionamento do Instituto de Estudos do Territorio, os servizos comúns da consellería de adscrición deste exercerán en relación con aquel, as competencias que teñan atribuídas respecto á Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe ata que aquel dispoña dos servizos propios necesarios para alcanzar a súa autonomía.
A seguir móstrase unha serie de consellos que poden terse en conta á hora de redactar textos para seren publicados no Diario Oficial de Galicia ou para calquera comunicación da Administración. Téñase en conta que, aínda que comecen por “débese”, non son obrigatorios senón orientativos nin hai que aplicar todos e cada un deles, senón que se trata máis dunha cuestión de equlibrio.
Frases curtas
Non se deben facer frases demasiado longas. Entendemos como frase o período comprendido entre dous puntos seguidos ou finais. Para isto débese evitar pór moitas oracións seguidas unidas por conxuncións, xerundios etc. Débese evitar tamén introducir incisos, citas ou referencias que interrompan o fío principal do que queremos dicir. Para isto reordenarase a información de maneira que o accesorio quede xunto ao principio ou ao final. En xeral, podemos seguir a regra de aumentar o número de puntos e diminuír o de comas respecto ao usual na linguaxe administrativa (puntuación).
Unha frase, un punto | Tres frases, tres puntos |
---|---|
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razós que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución. | Esta resolución pon fin á vía administrativa e a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ante o do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. O recurso será admisible só por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva. Será motivo de inadmisión a reiteracion das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución. |
Con inciso, dúas comas | Sen inciso, ningunha coma |
A información que, con carácter mensual, deberán subministrar os habilitados | A información que deberán subministrar os habilitados mensualmente |
Un punto, trece comas | Tres puntos, nove comas |
---|---|
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica configúrase como un órgano superior da Administración autonómica, con ámbito de actuación sobre todas as consellerías, organismos delas dependentes, centros, servizos e unidades, así como sobre os entes e empresas públicas da Administración da Comunidade Autónoma a que lle corresponde o impulso, asesoramento técnico e apoio en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións e a súa aplicación para a modernización, innovación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, e sinala que para poder facer efectiva a súa misión, e acadar os seus obxectivos, é imprescindible a dotación de prazas de persoal propio, para o exercicio das de dirección e xestión de proxectos tecnolóxicos, tanto no ámbito de proxectos transversais como para o reforzo das diferentes iniciativas sectoriais que se están a pór en marcha, co obxecto de comezar a paliar o déficit histórico existente neste eido de desempeño profesional. | A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica configúrase como un órgano superior da Administración autonómica con ámbito de actuación sobre todas as consellerías, organismos delas dependentes, centros, servizos e unidades, así como sobre os entes e empresas públicas da Administración da Comunidadede Autónoma. Corresponde a este órgano superior o impulso, asesoramento técnico e apoio en materia de tecnoloxías da informacións e as comunicacións e a súa aplicación para a modernización, innovación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.
Para poder facer efectiva a súa misión e acadar os seus obxectivos é imprescindible a dotación de prazas de persoal propio para a dirección e a xestión de proxectos tecnolóxicos, tanto no ámbito de proxectos transversais como para o reforzo das diferentes iniciativas que se están a pór en marcha, co obxecto de comezar a paliar o déficit histórico existente neste eido de desempeño profesional. |
Texto con suxeito moi longo (sombreado) | Reestrutúrase a información de maneira que parte dos complementos do suxeito quedan noutra frase |
---|---|
As outras entidades instrumentais do sector público de Galicia respecto das cales a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia exerce xuridicamente, de forma directa ou indirecta, unha posición de dominio, entendendo como tales, para estes efectos, aquelas establecidas no artigo 45.b da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, quedarán exentas da aplicación deste artigo. | As outras entidades instrumentais do sector público de Galicia respecto das cales a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia exerce xuridicamente unha posición de dominio, de forma directa ou indirecta, quedarán exentas da aplicación deste artigo. Enténdense como tales, para estes efectos, as establecidas no artigo 45.b da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. |
Máis verbos
Débese tender a aumentar o número de verbos e diminuír o de nomes. Como regra práctica podemos dicir que se nunha frase hai moitas palabras que acaban en -ción ou -mento, teremos demasiados nomes e poucos verbos.
Un verbo, seis nomes | Tres verbos, catro nomes |
---|---|
Disporase da autorización ou licenza antes da finalización do prazo de xustificación da subvención | Disporase da autorización ou licenza antes de que finalice o prazo para xustificar a subvención |
Máis substantivos | Máis verbos |
---|---|
Axudas dirixidas, por unha banda, ao fomento da creación de emprego de calidade e, por outra, ao incremento da empregabilidade. | Axudas dirixidas, por unha banda, a fomentar a creación de emprego de calidade e, por outra, a incrementar a empregabilidade. |
tipografía que permita a súa lexibilidade a unha distancia de 3 m | tipografía que permita que se lea a unha distancia de 3 m |
Por coherencia, non é conveniente nas enumeracións mesturar frases que comecen por substantivo con outras que comecen por verbo.
Tomouse o seguinte acordo:
1. A aprobación do plan 2. Sometelo ao trámite de información 3. Notificar individualmente a todas as persoas | Tomouse o seguinte acordo:
|
As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto a expansión e difusión do galego normativizado e da cultura galega nas tarefas de información xornalística e establecer subvencións ás publicacións periódicas escritas integramente en idioma galego. | As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto a expansión e difusión do galego normativizado e da cultura galega nas tarefas de información xornalística e o establecemento subvencións ás publicacións periódicas escritas integramente en idioma galego.
As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto expandir e difundir o galego normativizado e da cultura galega nas tarefas de información xornalística e establecer subvencións ás publicacións periódicas escritas integramente en idioma galego. ToponimiaNo DOG utilizaranse os nomes de provincias, concellos, parroquias e lugares de Galicia nas formas presentes no nomenclátor elaborado pola Comisión de Toponimia e aprobado pola Xunta de Galicia[1]. Para os topónimos non galegos seguiranse as indicacións dadas en Tradución de topónimos, entidades e siglas. Tradución de topónimos, entidades e siglas
Tratamentos protocolariosA tendencia no DOG é a de non marcar cun tratamento especial os cargos a que se fai referencia no corpo do texto, xa que, polo xeral, non o acompaña o nome propio:
Nas sinaturas é preciso que apareza o nome propio da persoa que exerce o cargo, aínda que tampouco se acompaña de ningunha forma de tratamento:
A fórmula Excelentísimo/a e magnífico/a señor/a utilízase para reitores/as de universidades:
As fórmulas Excelentísimo/a señor/a (Excmo. Sr./a.) e Ilustrísimo señor (Ilmo. Sr.) aínda que foron de uso habitual cos poderes lexislativo e xudicial, na actualidade tenden a seren substituídas por señor/a (sr./a.). Esta última fórmula é a adecuada para referirse aos/ás letrados/as, xuíces/as e procuradores/as:
Así mesmo, é a fórmula introdutoria dos apelidos das persoas cando se citan en sentenzas ou semellantes:
A forma de tratamento don/a resérvase para introducir o nome completo en nomeamentos ou semellantes:
ContactosEnderezos
Enderezos e correos electrónicosOs enderezos electrónicos (ou URL[4]) poden conter un ou máis puntos, dous puntos e barras laterais e os correos electrónicos[5] un ou máis puntos e unha arroba; conforman unha unidade que é preferible non partir no fin da liña, tampouco deben conter espazos en branco. Exemplos:
Nos URL é preferible especificar o tipo de protocolo (http, https, ftp, sftp etc.):
Teléfono e faxNormalmente os números de fax e de teléfono, fixos ou móbiles, están compostos por nove cifras; para facilitar a súa lectura e comprensión recoméndase que se agrupen as tres primeiras cifras e se separen das restantes seis con espazo, e que, á súa vez, estas seis se agrupen de dúas en dúas separadas por outro espazo:
Caso for preciso indicar a existencia de máis de unha liña, deben separarse con unha barra lateral / e sen espazo entre ambos os números:
As extensións móstranse entre parénteses após o número de teléfono:
Os prefixos internacionais indícanse antes do número de teléfono antecedidos do signo + e separados do número de teléfono por un espazo:
Linguaxe non sexistaTendo sempre presente o principio de non discriminación por razón de sexo e para evitar prácticas ou expresións que poidan seren entendidas como sexistas, os textos publicados no DOG deberán evitar o uso do masculino gramatical como forma xenérica se fixeren referencia tanto ao xénero masculino como ao feminino:
MoedasNas cantidades económicas deben utilizarse as formas euro e céntimo, vaian ou non antecedidas por un número, en minúscula. A palabra céntimo só será preciso especificala na expresión estendida da cantidade e se for caso:
O símbolo € fica reservado para acompañar cantidades expresadas en algarismos árabes e por cuestións de espazo ou nas listas e enumeracións:
Referencias
|