A abreviación

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Grafía das abreviaturas)
(Abreviaturas)
Liña 30: Liña 30:
=== Abreviaturas ===
=== Abreviaturas ===

A abreviatura é unha redución gráfica dunha palabra ou dun grupo de palabras: unha ou máis palabras represéntanse con menos letras das que a constitúen, pero lense de forma plena:

* A abreviatura é unha redución gráfica dunha palabra ou dun grupo de palabras: unha ou máis palabras represéntanse con menos letras das que a constitúen, pero lense de forma plena:
::Admón. → Administración
::Admón. → Administración
Liña 40: Liña 40:
::esq. → esquerda
::esq. → esquerda

Para non prexudicar a comprensión e a lexibilidade do texto, procuraremos non abusar das abreviaturas e limitaremos o seu uso a anexos, notas entre parénteses, enderezos, etc.

* Para non prexudicar a comprensión e a lexibilidade do texto, procuraremos non abusar das abreviaturas e limitaremos o seu uso a anexos, notas entre parénteses, enderezos, etc.
Empregaranse as abreviaturas máis correntes. Existen palabras que se poden abreviar de varias maneiras pero dáselles preferencia ás formas que son acurtamento de palabra fronte ás de superíndice:
Empregaranse as abreviaturas máis correntes. Existen palabras que se poden abreviar de varias maneiras pero dáselles preferencia ás formas que son acurtamento de palabra fronte ás de superíndice:
Liña 47: Liña 47:
::núm. ou n.º →  número
::núm. ou n.º →  número

Para que sexa rendible abreviar unha palabra cómpre eliminar polo menos tres letras. De aí que unha abreviatura como ''Dna.'' non sexa rendible, pois, co engadido do punto, temos os mesmos catro caracteres que na forma plena ''dona''.

* Para que sexa rendible abreviar unha palabra cómpre eliminar polo menos tres letras. De aí que unha abreviatura como ''Dna.'' non sexa rendible, pois, co engadido do punto, temos os mesmos catro caracteres que na forma plena ''dona''.
==== Gramática das abreviaturas ====
==== Gramática das abreviaturas ====

O feminino das abreviaturas fórmase engadindo un ''-a'':

* O feminino das abreviaturas fórmase engadindo un ''-a'':
::Sr. (señor) → Sra. (señora)
::Sr. (señor) → Sra. (señora)

Nalgúns casos este a pode ir voado:

* Nalgúns casos este a pode ir voado:
::D. (don) → D.ª (dona)
::D. (don) → D.ª (dona)

O plural fórmase engadindo ''–s'' ou ''–es'' (como na forma plena):

* O plural fórmase engadindo ''–s'' ou ''–es'' (como na forma plena):
::art. (artigo) → arts. (artigos)

::art. (artigo) → arts. (artigos)

::Sr. (señor) → Sres. (señores)
::Sr. (señor) → Sres. (señores)

No caso das abreviaturas formadas por unha soa letra, redóbrase a letra inicial:

* No caso das abreviaturas formadas por unha soa letra, redóbrase a letra inicial:
::p. (páxina) → pp. (páxinas)

::p. (páxina) → pp. (páxinas)

::s. (seguinte) → ss. (seguintes)
::s. (seguinte) → ss. (seguintes)

Algunhas abreviaturas só existen na súa forma plural:

* Algunhas abreviaturas só existen na súa forma plural:
::VV.AA. (varios autores)
::VV.AA. (varios autores)

O plural das abreviaturas con letras voadas fórmase tamén neste tipo de letras:

* O plural das abreviaturas con letras voadas fórmase tamén neste tipo de letras:
::n.º (número) → n.os
::n.º (número) → n.os
Liña 80: Liña 80:
==== Grafía das abreviaturas ====
==== Grafía das abreviaturas ====

As abreviaturas sempre van seguidas de punto:

* As abreviaturas sempre van seguidas de punto:
::etc. (etcétera)

::etc. (etcétera)

::p.q. (punto quilométrico)
::p.q. (punto quilométrico)

Nas abreviaturas con parte voada o punto vai antes desta:

* Nas abreviaturas con parte voada o punto vai antes desta:
::n.º (número)

::n.º (número)

::D.ª (dona)
::D.ª (dona)

As abreviaturas escríbense en maiúscula ou en minúscula segundo como se escriba a forma plena:

* As abreviaturas escríbense en maiúscula ou en minúscula segundo como se escriba a forma plena:
::Administración → Admón.

::Administración → Admón.

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2012 ás 12:32

Páxinas principais

Índice

Introdución

A abreviación, un dos procedementos máis usados na linguaxe administrativa, consiste no acurtamento dunha ou de varias palabas que queremos reducir en extensión para simplicar a escrita e evitar reiteracións.

O afán de simplificar un documento non debe entorpecer a súa comprensión. Así, a primeira vez que aparece nun texto normativo (leis, decretos, ordes) unha abreviación pouco usual debe facelo de forma desenvolvida. Esta norma non será tan estrita en textos que se publican nas seccións V e VI do DOG (edictos e anuncios).

ORDE do 27 de decembro de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.
ORDE do 24 de febreiro de 2012 pola que se establecen os prezos privados pola realización de determinacións analíticas no laboratorio de hixiene analítica do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).
ORDE do 23 de xaneiro de 2012 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2012.
O depósito de 300 euros na c/c desta Sala n.º [...] (n.º de recurso) [...].
ANUNCIO do 9 de febreiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización da subministración sucesiva de radiofármacos para o Servizo de Medicina Nuclear do CHUS.

Fronte ao criterio anterior, referido a expresións pouco usuais, outras, de circulación habitual, poden aparecer só baixo a forma abreviada:

A reducida presenza do sector industrial galego no mercado exterior tamén é unha quebra persistente na nosa economía, onde a exportación de bens no ano 2010 representou o 13% do PIB, fronte ao 14,3 % dos países da zona euro.

Hai catro subtipos de abreviación: abreviaturas, siglas, acrónimos e símbolos.

Abreviaturas

• A abreviatura é unha redución gráfica dunha palabra ou dun grupo de palabras: unha ou máis palabras represéntanse con menos letras das que a constitúen, pero lense de forma plena:
Admón. → Administración
art. → artigo
núm. → número
esq. → esquerda
• Para non prexudicar a comprensión e a lexibilidade do texto, procuraremos non abusar das abreviaturas e limitaremos o seu uso a anexos, notas entre parénteses, enderezos, etc.

Empregaranse as abreviaturas máis correntes. Existen palabras que se poden abreviar de varias maneiras pero dáselles preferencia ás formas que son acurtamento de palabra fronte ás de superíndice:

tel. ou teléf. → teléfono
núm. ou n.º → número
• Para que sexa rendible abreviar unha palabra cómpre eliminar polo menos tres letras. De aí que unha abreviatura como Dna. non sexa rendible, pois, co engadido do punto, temos os mesmos catro caracteres que na forma plena dona.

Gramática das abreviaturas

• O feminino das abreviaturas fórmase engadindo un -a:
Sr. (señor) → Sra. (señora)
• Nalgúns casos este a pode ir voado:
D. (don) → D.ª (dona)
• O plural fórmase engadindo –s ou –es (como na forma plena):
art. (artigo) → arts. (artigos)
Sr. (señor) → Sres. (señores)
• No caso das abreviaturas formadas por unha soa letra, redóbrase a letra inicial:
p. (páxina) → pp. (páxinas)
s. (seguinte) → ss. (seguintes)
• Algunhas abreviaturas só existen na súa forma plural:
VV.AA. (varios autores)
• O plural das abreviaturas con letras voadas fórmase tamén neste tipo de letras:
n.º (número) → n.os

Grafía das abreviaturas

• As abreviaturas sempre van seguidas de punto:
etc. (etcétera)
p.q. (punto quilométrico)
• Nas abreviaturas con parte voada o punto vai antes desta:
n.º (número)
D.ª (dona)
• As abreviaturas escríbense en maiúscula ou en minúscula segundo como se escriba a forma plena:
Administración → Admón.
dereita → dta.

Excepcións:

Os tratamentos escríbense en minúscula na forma plena, pero en maiúscula cando van abreviados:

Sr. → señor
Dna. → dona

Por tradición, escríbense con maiúscula outras abreviaturas que na forma plena se escriben con minúscula:

P.A. (por ausencia)
P.O. (por orde)
P.S. (por substitución)

As abreviaturas conservan o acento gráfico da palabra plena se aparece nelas a vogal tónica:

compañía → cía.
teléfono → teléf.

Hai abreviaturas que van seguidas dunha barra diagonal no canto dun punto abreviativo:

c/ (cada, conta, cargo)
r/ (rúa)

Tamén se utiliza a barra nas abreviaturas constituídas por varias palabras:

c/c (conta corrente)
s/n (sen número)
s/s (sen segundo)
Ferramentas persoais
Xunta de Galicia