Abreviacións

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Nova páxina: "==== Abreviaturas ==== As abreviaturas poden ser regulares (collendo as primeiras letras da palabra abreviada) ou convencionais (derivadas dun uso asentado mais non regular). Cando ...")
Liña 1: Liña 1:
 +
{{Modelo:Cabeceira}}
==== Abreviaturas ====
==== Abreviaturas ====

Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2011 ás 21:04

Páxinas principais

Índice

Abreviaturas

As abreviaturas poden ser regulares (collendo as primeiras letras da palabra abreviada) ou convencionais (derivadas dun uso asentado mais non regular). Cando por razóns de espazo sexa necesario reducir un texto utilizaranse sempre as abreviaturas regulares. Regras de uso:

  • Terminan por punto:
dta. (dereita)
ex. (exemplo)
xeo. (xeografía)
FF. CC. (ferrocarrís)
Algunhas abreviaturas poden utilizar a barra e non o punto:
R/ Doutor Severo Ochoa, s/n, 27004 Lugo
  • Non teñen forma de plural, excepto se a abreviatura se constrúe utilizando os elementos do principio e do final da palabra:
Acordárono e asínano os Ilmos. señores anotados na marxe.
  • Manteñen a letra maiúscula ou minúscula da letra inicial da palabra:
Declarar que a sra. Lorenzo (…)
(…) ante a Ilma. Audiencia Provincial de Pontevedra (…)
  • Manteñen a acentuación da palabra sen abreviar:
páx. (de páxina)
  • As abreviaturas con superíndice (º/ª) utilízanse nos seguintes casos:
  • Cando se referencia o número dun artigo:
artigo 11º.1 do Real decreto lexislativo
  • Cando se referencia o número dunha publicación oficial e, en xeral, naqueles casos en que se desexa abreviar a palabra número:
(…) no DOG nº 243, do martes, 15 de decembro de 2009 (…)
(…) aberta no Banesto, conta nº 1531, clave (…)

Siglas

As siglas representan a redución de sintagmas. Características xerais e regras de uso das siglas:

  • Non se acentúan nin levan punto intermedio:
(…) Nova York (EE UU) (…)
As organizacións sindicais CC OO, UGT, CIG e CGT (…)
  • Non teñen forma de plural. A marca de número vai no artigo ou nalgunha das palabras que acompañan a sigla:
Tanto as fitas como os CD (…)
  • Teñen o mesmo xénero que a primeira palabra do sintagma pleno do que proceden:
(…) no DOG (…)
  • Van normalmente en maiúsculas. En minúsculas introdúcense só as palabras gramaticais (artigos, preposicións, etc.) que formen parte da sigla:
RAG (Real Academia Galega)
PSdG (Partido Socialista de Galicia)

Existen excepcións importantes:

  • As siglas pronunciables como unha palabra formadas por máis de dúas sílabas escríbense coa inicial maiúscula e o resto en minúscula:
Unesco (United Nations Education, Scientific and Cultural Organization)
  • As siglas que pasaron a considerarse denominación común do sintagma que representan:
Seat (Sociedad Española de Automóviles de Turismo)
  • As siglas que pasaron a formar parte do léxico común:
sida (síndrome de inmunodeficiencia adquirida)
pemes (pequenas e medias empresas)
Cando unha sigla xa é unha palabra común debe acentuarse.
  • As siglas hai que desenvolvelas se aparecen por primeira vez no texto e non son de uso común:
(…) ambos en representación da Federación Ecoloxista Galega (FEG) (…)

Acrónimos

Os acrónimos representan a redución de sintagmas e fórmanse con máis letras que as iniciais das palabras. Características xerais e regras de uso dos acrónimos:

  • Cando son nomes propios escríbense con inicial maiúscula:
O Consello de Dirección do Igape (…)
  • Se pasaron a ser nomes comúns escríbense en minúscula:
(…) recambios para radar de alta frecuencia (…)
  • Son invariables en número, excepto se pasaron a ser nomes comúns:
(…) exposición técnica dos radares tipo láser (…)
  • Os acrónimos hai que desenvolvelos se aparecen por primeira vez no texto e non son de uso común:
(…) Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) (…)

Símbolos

Os símbolos son abreviacións de carácter científico ou técnico constituídas por letras ou por outros signos gráficos. En xeral, son fixados convencionalmente por institucións de normalización e posúen validez internacional. Características xerais e regras de uso dos símbolos:

  • Escríbense sempre sen punto:
Apósito de hidrofibra con prata de 15×15 cm (± 1 cm) (…)
  • Non varían, independentemente de como se traduzan a cada idioma:
Fe («ferro» en galego, «hierro» en castelán)
  • Son invariables en número:
Apósito con prata en malla de 10×10 cm (± 2 cm) (…)
  • Non se acentúan en ningún caso:
a (de área)
ha (de hectárea)
  • Cando se relacionan con outros símbolos sepáranse con barra lateral (/):
(…) emisión non superior a 149 g/km de CO2 (…)
  • Aparecen após a cifra que acompañan e con un espazo en branco de separación:
(…) a 20 cm por riba da malla (…)
Vehículos entre 10.000 e 30.000 €: 1.210 €.
  • Como norma xeral, os símbolos escríbense en minúscula. Excepcións:
  • Os puntos cardinais:
N (de norte)
  • Os dos elementos químicos escríbense con unha soa letra maiúscula:
C (de carbono)
Se están constituídos por dúas letras, cunha combinación de maiúscula e minúscula:
Fe (de ferro)
  • Os das unidades de medida escríbense normalmente con minúscula, agás os daquelas unidades que teñen a súa orixe en nomes propios de persoa, que se escriben con maiúscula:
W (de watt)
Cando se combinen símbolos debe respectarse a grafía maiúscula ou minúscula de cada un deles:
kW (de quilowatt)
  • Para os puntos cardinais utilizarase o sistema internacional:
N (de norte)
S (de sur)
E (de leste)
W (de oeste)
NE (de nordeste ou nordés)
NW (de noroeste)
NNE (de nor-nordeste)
NNW (de nor-noroeste)
SE (de sueste)
SW (de suroeste)
SSW (de sur-sueste)
SSW (de sur-suroeste)
ENE (de les-nordeste)
ESE (de les-sueste)
WNW (de oés-noroeste)
WSW (de oés-suroeste)
Ferramentas persoais