Acentuación gráfica

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Notas e Referencias)
(Agudas)
Liña 38: Liña 38:
*Levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que rematan en vogal (''ventá, esquí''); en vogal + n (''común, almacén''); en vogal + s (''ventás, esquís'') ou en vogal + ns (''comúns, almacéns'').
*Levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que rematan en vogal (''ventá, esquí''); en vogal + n (''común, almacén''); en vogal + s (''ventás, esquís'') ou en vogal + ns (''comúns, almacéns'').
-
*Non levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que levan un ditongo decrecente<ref>Ditongo decrecente: formado por vogal forte (a, e, o) seguida de vogal débil (i, u) que se articulan na mesma sílaba. Tamén imos considerar que son decrecentes os ditongos formados por dúas vogais débiles (iu, ui). Ditongo crecente: formado por vogal débil (i, u) seguida de vogal forte (a, e, o) que se pronuncian na mesma sílaba. Hiato: encontro de vogais que pertencen a sílabas diferentes.</ref>  na última sílaba (seguido ou non de –n ou –s): ademais, controis, xudeu, xersei, azuis.
+
*Non levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que levan un ditongo decrecente<ref>Ditongo decrecente: formado por vogal forte (a, e, o) seguida de vogal débil (i, u) que se articulan na mesma sílaba. Tamén imos considerar que son decrecentes os ditongos formados por dúas vogais débiles (iu, ui). Ditongo crecente: formado por vogal débil (i, u) seguida de vogal forte (a, e, o) que se pronuncian na mesma sílaba. Hiato: encontro de vogais que pertencen a sílabas diferentes.</ref>  na última sílaba (seguido ou non de –n ou –s): ''ademais, controis, xudeu, xersei, azuis''.
 +
 
 +
*Non levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas rematadas nunha consoante distinta de –n ou –s (''anel, dobrez'') nin nun grupo consonántico distinto de –ns (''robots, anoraks'').
 +
 
 +
-Como regra xeral, non levan acento gráfico as palabras monosílabas, excepto se se trata de acento diacrítico. É erro frecuente atopar acento nalgunhas destas palabras, como por exemplo ''si''. Outras palabras monosílabas sen acento son: ''min, di, sa, ten, bos, man, ben, cen, el, ti''.
== Notas e Referencias ==
== Notas e Referencias ==
<references/>
<references/>

Revisión como estaba o 13 de abril de 2012 ás 12:14

Páxinas principais


Índice

Acentuación gráfica (Introdución)

No galego, ao igual ca no castelán, só empregamos un acento, o acento agudo (´). Nunca debe omitirse o acento pois unha palabra pode variar totalmente de significado segundo o leve ou non. Son habituais as parellas de substantivo e forma verbal que se opoñen polo acento:

ánimo/animo
diálogo/dialogo
hábito/habito
exército/exercito
público/publico

Tamén se opoñen polo acento o pretérito pluscuamperfecto e o futuro de indicativo dos verbos regulares:

pagara/pagará
(A empresa alegou que xa pagara a liquidación antes da reclamación. / A consellería pagará as subvencións no mes de maio.)
subvencionaran/subvencionarán
(Os organismos que subvencionaran no ano anterior os proxectos presentaron unha memoria. / As consellerías subvencionarán todos os proxectos que se presenten en prazo e que cumpran os requisitos.)

Ademais dos anteriores, podemos encontrar outros casos:

área/area
ágora/agora
traía/traia
á/a

Regras xerais de acentuación

A continuación recordaremos as regras xerais de acentuación do galego:

Agudas

  • Levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que rematan en vogal (ventá, esquí); en vogal + n (común, almacén); en vogal + s (ventás, esquís) ou en vogal + ns (comúns, almacéns).
  • Non levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que levan un ditongo decrecente[1] na última sílaba (seguido ou non de –n ou –s): ademais, controis, xudeu, xersei, azuis.
  • Non levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas rematadas nunha consoante distinta de –n ou –s (anel, dobrez) nin nun grupo consonántico distinto de –ns (robots, anoraks).

-Como regra xeral, non levan acento gráfico as palabras monosílabas, excepto se se trata de acento diacrítico. É erro frecuente atopar acento nalgunhas destas palabras, como por exemplo si. Outras palabras monosílabas sen acento son: min, di, sa, ten, bos, man, ben, cen, el, ti.

Notas e Referencias

  1. Ditongo decrecente: formado por vogal forte (a, e, o) seguida de vogal débil (i, u) que se articulan na mesma sílaba. Tamén imos considerar que son decrecentes os ditongos formados por dúas vogais débiles (iu, ui). Ditongo crecente: formado por vogal débil (i, u) seguida de vogal forte (a, e, o) que se pronuncian na mesma sílaba. Hiato: encontro de vogais que pertencen a sílabas diferentes.
Ferramentas persoais