Anexos

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 5 de marzo de 2012 ás 07:26 por Servizotraducion (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Páxinas principais

Anexos

Os anexos irán sempre no final do documento. No corpo do documento faranse as referencias identificativas a eles para facilitar a súa localización.

Recoméndase utilizar a parte de anexos única e exclusivamente para incluír formularios, documentos informativos adicionais, imaxes e táboas.

Os anexos deberán constar de dúas pezas de información:

  • Encabezamento: indicarase, cando haxa máis dun anexo, o número de anexo en números romanos.
  • Título (irá centrado e en negra).

Encabezado

ANEXO [número do anexo en números romanos]

Formato:

• Xustificación: centrada.
• Sangría: non.
• Separación entre parágrafos: 5 mm anterior.
• Interliñado: 15 pt.
• Tipo de letra: redonda e en maiúsculas.

Título do anexo

Formato:

• Xustificación: centrada.
• Sangría: non.
• Separación entre parágrafos: 5 mm anterior.
• Interliñado: 15 pt.
• Tipo de letra: redonda negra.

Exemplo:

ANEXO IV
{letra redonda en maiúsculas, interliñado 1,5, xust. centrada, espazamento parágrafo anterior 5 mm}
Guía para a elaboración de fichas de datos de seguranza
{letra redonda negra, interliñado 1,5, xust. centrada, espazamento parágrafo anterior 5 mm}
Ferramentas persoais
Xunta de Galicia