Casos específicos do galego e erros frecuentes

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
Dogadmin (Conversa | contribucións)
(Nova páxina: "{{Modelo:Cabeceira}} ==== O uso do infinitivo conxugado e do futuro de subxuntivo ==== * O uso do infinitivo conxugado recoméndase: ::* Se o infinitivo ten un suxeito expreso no te...")
Edición máis nova →

Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2011 ás 19:54

Páxinas principais

Índice

O uso do infinitivo conxugado e do futuro de subxuntivo

  • O uso do infinitivo conxugado recoméndase:
  • Se o infinitivo ten un suxeito expreso no texto:
(…) de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro (…)
  • Se o infinitivo non ten suxeito expreso, mais vai referido a un axente determinado non indicado no contexto:
h) Documentación acreditativa de se encontraren ao día das (…)
  • Se o infinitivo vai introducido por unha preposición ou locución prepositiva, ten suxeito propio aínda que coincida co do verbo principal e vai antes del:
(…) sen prexuízo de os interesados poderen interpor (…)
De ir despois do verbo principal, o uso é obrigatorio con suxeito diferente ou con elementos interpostos:
Tamén deberán efectuar a devandita comunicación aquelas persoas físicas ou xurídicas que, sen estaren domiciliadas (…)
Para alén destes casos o uso do infinitivo conxugado é facultativo e debe utilizarse sempre que for posible gramaticalmente e que non resultar estilisticamente desaconsellable.
  • Recoméndase utilizar o futuro de subxuntivo para expresar accións atemporais ou futuras non reais aínda que probables, así como nas oracións subordinadas cando na principal se empregue o presente ou o futuro de indicativo:
De non presentaren esta certificación, non poderán ser declarados/as exentos/as (…)
(…) se o expropiado non quixer aceptar o prezo xusto (…)

Usos incorrectos do xerundio

  • Con valor de posterioridade:
Instalar o electrodoméstico no prazo de 90 días desde a data da venda, e retirar o existente, *entregándoo a un xestor de residuos autorizado. → Instalar o electrodoméstico no prazo de 90 días desde a data da venda, e retirar o existente, o cal se entregará a un xestor de residuos autorizado.
  • Con valor de complemento do nome:
entregar o ditame á oficinista *falando por teléfono → entregar o ditame á oficinista mentres fala por teléfono
  • Con valor de adxectivo especificativo:
Esta orde desenvolve o Decreto 156/2007, do 19 de xullo, *regulando o procedemento de cualificación → Esta orde desenvolve o Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento de cualificación
resultado do cal se elaborará unha listaxe *contendo unha orde de prelación → resultado do cal se elaborará unha listaxe que conteña unha orde de prelación

Usos incorrectos relacionados co infinitivo

  • A construción substantivo + a + infinitivo é incorrecta, debe substituírse por outra:
informes *a redactar → informes para redactar / que se van redactar
Existen casos en que esta estrutura non é necesaria:
erros *a corrixir → erros
  • O infinitivo debe ir acompañado do verbo polo cal se rexe en casos como:
(…) ; *facer constar expresamente no campo P-1 do modelo de instancia a localidade (…) → (…) ; deberase facer constar expresamente no campo P-1 do modelo de instancia a localidade (…)
  • Salientar que segundo se recolle no plano 8 (…) → (…) Débese salientar que segundo se recolle no plano 8 (…)
  • A construción ir + a + infinitivo non é correcta:
(…) que se vai a ocupar (…) → (…) que se vai ocupar (…)

Colocación do pronome átono

  • A posición normal do pronome en galego é despois do verbo. Con todo, existen contextos en que debe ser colocado antes:
  • Oracións negativas:
Non se subvencionarán aquelas propostas (…)
  • Oracións subordinadas cos nexos que, cal, quen, canto, onde, como, cando, cuxo, se:
(…) cuxo número se cita no anexo.
  • Nas oracións interrogativas cando van antecedidos por un pronome interrogativo:
Onde se encontra o rexistro?
  • Prodúcese a próclise se os seguintes elementos aparecen situados antes do verbo:
  • Os indefinidos algo, nada, alguén, ambos, bastante, calquera, entrambos, mesmo
(…) que ata o século XIX pouco ou nada se sabe de (…)
  • Aínda, axiña, deseguida, enseguida, , sempre, algures, ben, cedo, igual, mal, mellor, peor, tarde
(…) liña de axudas aínda se atopa en proceso (…)
Os cursos impartidos sempre se valorarán (…)
  • Usos interpolados, moi formais e arcaizantes:
Xa ela che comentou o resultado. / Xa che ela comentou o resultado.
  • Colocación anteverbal cos xerundios (efecto estilístico arcaizante):
Non o facendo así / (…) de non o facer así (…)

Concordancia

  • Se un determinante precede a dous ou máis substantivos coordinados con e ou con ou en singular, concordará en xénero e número co máis próximo:
(…) cuxos datos persoais e último domicilio coñecido (…)
(…) cuxo encabezamento e resolución (…)
  • Cando o suxeito dunha oración está composto de dúas ou máis formas nominais en singular, o verbo aparecerá en plural se o suxeito que o precede está coordinado por unha copulativa:
(…) nin o plan nin o catálogo contiñan ningunha previsión (…)
Exceptúanse aqueles casos en que os elementos coordenados constitúen unha única unidade conceptual:
A carga e descarga de animais farase en peiraos separados (…)
Se os elementos van acompañados de determinante o verbo irá en plural:
A dotación e o calendario de pagamentos das bolsas outorgadas por renuncias estableceranse na resolución (…)
  • O invariable quen fai que o verbo vaia en singular cando este ten referentes en plural, excepto no caso dos verbos ser e parecer:
(…) quen son os xogadores (…)
(…) quen solicitaba maior información (…)
  • Cando un adxectivo acompaña dous ou máis substantivos de xénero diferente, o adxectivo vai en plural e en masculino:
Os locais e as instalacións abertos ao público (…)

Outros casos

  • Débese coidar a presenza do que nas frases subordinadas:
  • Solicita se lle notifique (…) → Solicita que se lle notifique (…)
  • A preposición a non se debe utilizar cando o complemento directo está explícito:
A orde executarase automaticamente sen notificar *ao/á interesado/a. → A orde executarase automaticamente sen notificar o/a interesado/a.
  • Nos contextos negativos é incorrecta a utilización de elementos como algún/algunha, algo, alguén, un/unha, calquera. Teñen que adoptar a forma ningún/ningunha, nada e ninguén:
(…) unha declaración expresa de non atoparse incursos en *algunha das circunstancias (…) → (…) unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias (…)
  • Ambos e ambas exixen a presenza do artigo cando funcionan como determinantes:
(…) a ambos *lados das ramplas (…) → (…) a ambos os lados das ramplas (…)
  • Mesmo(a) non ten valor anafórico. Para evitar este uso, segundo o contexto, pode acudirse a pronomes persoais, demostrativos ou posesivos, e nalgúns casos simplemente eliminalo:
Desenvolver prácticas reais con este aparello, de xeito que lle permitan aoalumno poder facer uso do *mesmo con total autonomía e seguranza (…) → Desenvolver prácticas reais con este aparello, de xeito que lle permitan aoalumno poder facer uso deste con total autonomía e seguranza (…)
  • Recoméndase reiterar o obxecto indirecto mediante o pronome correspondente naquelas construcións en que xa figura con esa función un sintagma nominal para conseguir unha maior precisión e unha linguaxe menos distante e artificiosa:
2. Esta comisión de valoración enviaralle á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no prazo (…)
Ferramentas persoais