Elementos constantes da estrutura xeral dos textos

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Sumario)
(Sumario)
Liña 100: Liña 100:
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | ''<font color="#0066cc">CÉDULA do 15 de febreiro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores (expediente OU-00037-O-2011)</font>''.
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | ''<font color="#0066cc">CÉDULA do 15 de febreiro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores (expediente OU-00037-O-2011)</font>''.
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | <font color="#0088cc"> &#8226;</font> O sumario da primeira columna é excesivamente longo.<br>
| style="border-style:solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" | <font color="#0088cc"> &#8226;</font> O sumario da primeira columna é excesivamente longo.<br>
-
<font color="#0088cc"> &#8226;</font> Na vez da preposición "<font color="#0066cc">de</font<" debe pórse a contracción "<font color="#0066cc">do</font>" antes do día.<br>
+
<font color="#0088cc"> &#8226;</font> Na vez da preposición "<font color="#0066cc">de</font>" debe pórse a contracción "<font color="#0066cc">do</font>" antes do día.<br>
<font color="#0088cc"> &#8226;</font> A expresión do expediente debe facerse do xeito que aparece na columna central, sen punto antes da paréntese e coa palabra expediente completa e en inicial minúscula.
<font color="#0088cc"> &#8226;</font> A expresión do expediente debe facerse do xeito que aparece na columna central, sen punto antes da paréntese e coa palabra expediente completa e en inicial minúscula.
|-
|-

Revisión como estaba o 10 de xullo de 2012 ás 07:59

Páxinas principais

Todos os documentos publicados no DOG teñen unha estrutura común, que é a seguinte: cabeceira, corpo do documento, peche e anexos.

Índice

Cabeceira

O documentos aparecen publicados no DOG con varios elementos fixos na cabeceira:

↑ Voltar ↑

Sección

As seccións agrupan os distintos tipos de disposicións e anuncios. O título de cada sección vai precedido de numeración romana (I. Disposicións xerais; II. Autoridades e persoal; etc.). A clasificación dos documentos nas diferentes seccións compete á Unidade de Xestión do DOG.

Exemplo:

I. DISPOSICIÓNS XERAIS
II. AUTORIDADES E PERSOAL
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
↑ Voltar ↑

Organismo que publica

Indicarase sempre o nome da entidade que emite o documento. Só poderán ser entidades emisoras as que aparecen na relación que figura no portal de envío telemático de documentos. A selección da entidade emisora corresponde ao propio organismo emisor.

Ao indicar o organismo publicador, cómpre prestar prestar especial atención ao feito de que o documento poida aparecer baixo a epígrafe dun organismo dependente dunha unidade superior ou baixo esta última. É dicir, un documento pode aparecer publicado baixo a epígrafe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou baixo a epígrafe da Escola Galega de Administración Pública; ou baixo a Consellería do Medio Rural e do Mar ou de Portos de Galicia. Nestes casos, será o organismo autónomo ou ente dependente da consellería o que se seleccionará; non a consellería.

Formato:

Maiúsculas negras, interliñado 15 pt, sen sangría
Xustificación: esquerda
Sangría: sen sangría
Espazo antes de parágrafo: 5 mm

Exemplos:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

{maiúsculas negras; interliñado 15 pt; sen sangría; xustificación esquerda; espazo despois de parágrafo 5 mm}


ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

{maiúsculas negras; interliñado 15 pt; sen sangría; xustificación esquerda; espazo despois de parágrafo 5 mm}
↑ Voltar ↑

Sumario

O sumario ou título do documento é un extracto que adianta o contido da disposición. Nel indicarase a subentidade, de existir, dependente da entidade emisora responsable da publicación do documento. O sumario deberá sempre conter os seguintes datos:


[Tipo de disposición (en maiúsculas)] + [data] + [subentidade dependente, entre comas, de habela]
+ [resumo que adiante o contido da publicación] + [número de expediente ou referencia, de habelo]

Estas son algunhas observacións que se terán en conta na redacción de sumarios:

  • Nos decretos expresarase o número, seguido dunha barra oblicua (/) e a data, entre comas. O número do decreto será asignado pola Unidade de Xestión do DOG.
  • Nas datas, o día e o ano expresaranse en cifras e o mes, en letra. En galego, a data irá precedida da contracción "do"; en castelán, da preposición "de". Despois do ano non se porá coma, a non ser que se exprese a denominación da subunidade que emite o documento. No ano non se porá punto para separar a unidade de millar do resto.
  • Nos sumarios non se deberá dar máis información que a estritamente necesaria para orientar sobre o tema da disposición. Evitaranse aqueles datos que son máis propios do corpo do documento.
  • Os edictos e cédulas dos xulgados irán identificados sempre co número de autos ou sentenza; no caso dos concellos e demais entes publicadores darase algunha información xenérica (convocatoria dunha praza, licenza de obras, aprobación dun plan de ordenación,...) que poida identificar o documento. Cando o haxa, porase, ademais, o número de expediente.
  • O número de expediente, caso de habelo, expresarase entre parénteses, poñendo a palabra expediente en forma completa e en minúsculas. O número do expediente respectarase sempre na forma en que o indiquen os organismos publicadores. Isto quere dicir que o ano pode aparacer en forma completa (2011) ou abreviada (11), e que a secuencia pode conter símbolos diferentes. Por exemplo: "expediente IN407A 155/2011"; "expediente IN407A 2011/173-4"; "expediente 12-20-11-C-1"; etc.
  • Sumarios das correccións de erros. Porase a expresión CORRECCIÓN de erros, seguida de punto e, a seguir, o título exacto da disposición que se corrixe, enunciado do mesmo xeito en que saíu publicada.
  • O sumario ou título acabará sempre en punto, mesmo que sexa moi breve.

Formato dos sumarios:

Xustificación: completa
Sangría: francesa esquerda a 15 mm
Interliñado: 15 pt
Tipo de letra: cursiva

Exemplos:

Usos incorrectos Usos correctos Observacións
Decreto 107/2.011 de dezanove de maio polo que se regula o contido dos rexistros públicos de profesionais sanitarios e do Sistema de Información de Profesionais Sanitarios de Galicia DECRETO 107/2011, do 19 de maio, polo que se regula o contido dos rexistros públicos de profesionais sanitarios e do Sistema de Información de Profesionais Sanitarios de Galicia. A data está mal expresada: debe ir entre comas, co día en cifra e non en letra.

No ano non se pon punto.
O título debe acabar en punto.

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2011, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo. RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de socitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo. Debe expresarse, entre comas, o nome da dirección xeral que emite o documento, pois este irá asinado polo seu titular e non pola persoa responsable da consellería.
CÉDULA de 15 de febreiro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expte. OU-00037-O-2011). CÉDULA do 15 de febreiro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores (expediente OU-00037-O-2011). O sumario da primeira columna é excesivamente longo.

Na vez da preposición "de" debe pórse a contracción "do" antes do día.
A expresión do expediente debe facerse do xeito que aparece na columna central, sen punto antes da paréntese e coa palabra expediente completa e en inicial minúscula.

EDICTO EDICTO (25/2010). Debe pórse, entre parénteses, a referencia ao número do procedemento.

Debe pórse punto ao final.

ANUNCIO.

ANUNCIO de solicitude de licenza municipal solicitada por ... para a instalación e apertura dun hotel na praza da Constitución do concello de ...

ANUNCIO de solicitude dunha licenza municipal (expediente 45/2011). O sumario non debe ser tan escueto que só poña o nome do documento, nin tan extenso que inclúa datos que son propios do corpo deste.

Como hai un número de expediente, indicámolo.

Corrección de erros.-Resolución do 31 de maio de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de socitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo. CORRECCIÓN de erros. Resolución do 31 de maio de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de socitudes para elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios da escala de inspección urbanística, da escala de subinspección urbanística e da escala técnica de consumo. O enunciado da disposición que se corrixe porase exactamente igual que cando saíu publicada.

↑ Voltar ↑

Corpo do documento

O corpo da maioría dos documentos consta de dúas partes diferenciadas: parte expositiva e parte dispositiva.

Tanto unha coma outra terán o seguinte formato:

Xustificación: completa.
Sangría: 5 mm primeira liña de parágrafo.
Separación entre parágrafos: 5 mm anterior.
Interliñado: 15 pt.
Tipo de letra: redonda.
↑ Voltar ↑

Fórmula introdutoria

A fórmula introdutoria da parte dispositiva deberá ser expresada, en caracteres maiúsculos, en primeira ou terceira persoa (RESOLVO ou RESOLVE). A terceira persoa utilizarase cando o suxeito que apareza ao final da parte expositiva sexa dunha forma semellante a “esta secretaría xeral” ou “esta dirección xeral”.

No caso de disposicións conxuntas, esta fórmula irá en plural: RESOLVEMOS, ACORDAMOS, etc.

Formato:

Xustificación: centrada.
Sangría: non.
Separación entre parágrafos: 5 mm anterior.
Tipo de letra: redonda.

Exemplos:

DISPÓN:
{maiúsculas, redonda, xust. centrada, espazamento parágrafos 5 mm anterior}
DISPOÑEMOS:
(en disposicións conxuntas)
RESOLVE:
{maiúsculas, redonda, xust. centrada, espazamento parágrafos 5 mm anterior}
↑ Voltar ↑

Subdivisións dos textos normativos

En función da extensión e da complexidade dos textos, poden aparecer distintos niveis de subdivisión (títulos, capítulos, seccións, subseccións, artigos, números, alíneas, etc.).

↑ Voltar ↑

Títulos e capítulos

O seu título expresarase do seguinte xeito:

TÍTULO I

Disposicións xerais

CAPÍTULO II

Organización e funcionamento
↑ Voltar ↑

Seccións e subseccións

O seu título expresarase do seguinte xeito:

Sección 1ª. Dereitos de explotación
Subsección 1ª. Outras disposicións
↑ Voltar ↑

Artigos

1. Por norma xeral, o seu título expresarase do seguinte xeito:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Observacións sobre a expresión dos artigos:

  • Numeración en cifras, en cardinais arábigos.
  • Entre a expresión do artigo e o título porase un punto (.) e non un punto e guión (.-).
  • O título expresarase en letra cursiva e terminará sempre en punto.
  • Entre o punto que segue o número e o título porase unha tabulación.

2. Cando se trate de normas que modifiquen outras, os artigos das normas modificadoras expresaranse en ordinais, en letras, do seguinte xeito:

Artigo primeiro. Modificación da Lei 4/2011, do 25 de abril, ...

O artigos das normas modificadas expresaranse do xeito indicado no número 1. A norma modificada irá entre comiñas («»).

↑ Voltar ↑

Outras subdivisións

En determinadas normas e anuncios, a subdivisión non se fai mediante artigos senón directamente en parágrafos.

Tamén pode aparecer unha subdivisión en parágrafos precedidos de números ordinais en letras, sen título indicativo do contido, do tipo:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito [...]
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En documentos que recollen, por exemplo, as bases dun concurso ou dunha convocatoria, os distintos parágrafos numéranse en ordinais, en letras, cun título indicativo do contido, do seguinte xeito:

Primeiro. Acceso
[...]
Segundo. Órganos competentes para resolver os procesos de admisión
[...]
↑ Voltar ↑

Subdivisión dos artigos e dos parágrafos

Na publicación no DOG de disposicións e anuncios respectaranse, en principio, as subdivisións establecidas polos publicadores.

A subdivisión máis habitual é a consistente en parágrafos precedidos de numerais arábigos. De haber un só parágrafo, non se numera.

Cando, pola súa vez, deba subdividirse un parágrafo precedido de números arábigos, farase en parágrafos sinalados con letras minúsculas, ordenadas alfabeticamente: a), b), c). E cando se produza dentro destes novas subdivisións, estas irán precedidas de ordinais arábigos: 1º., 2º.,... ou 1ª., 2ª.,...

Tamén cabe a posibilidade de que distintas subdivisións dun parágrafo vaian precedidas dunha raia (–), signo que non debe confundirse co guión curto (-).

Non se utilizarán, porén, marcas de subdivisión distintas desta raia [guión curto (-), asterisco (*), etc.].

Exemplos:

Exemplo 1. Texto cunha división en artigos e varias subdivisións:
Uso incorrecto Uso correcto
 Artigo 8.- Comisión de valoración.

 1.- A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos interesados.

 2.- A composición da comisión de valoración será a seguinte:

 a) O/a subdirector/a xeral de Xestión, Fomento e Cooperación, que a presidirá.

 b) Os/as xefes/as do Servizo de Turismo de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería de Cultura e Turismo.

 c) O/a xefe/a do Servizo de Cooperación Institucional, Promoción e Formación, da Secretaría Xeral para o Turismo, que exercerá as funcións de secretario/a.

 Artigo 8. Comisión de valoración

 1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos interesados.

 2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

 a) O/a subdirector/a xeral de Xestión, Fomento e Cooperación, que a presidirá.

 b) Os/as xefes/as do Servizo de Turismo de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería de Cultura e Turismo.

 c) O/a xefe/a do Servizo de Cooperación Institucional, Promoción e Formación, da Secretaría Xeral para o Turismo, que exercerá as funcións de secretario/a.

Exemplo 2. Subdivisión dun número en dous niveis:
Uso incorrecto Uso correcto
2.- Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración de equipamento básico de mobiliario para o laboratorio de investigación do CHUS.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse pregos.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: Complexo Hospitalario Universitario, A Choupana, s/n.

2) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: un mes, desde a data do asinamento do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración de equipamento básico de mobiliario para o laboratorio de investigación do CHUS.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: véxanse pregos.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Domicilio: Complexo Hospitalario Universitario, A Choupana, s/n.

2º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: un mes, desde a data do asinamento do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

Exemplo 3. Subdivisión con raias:
Uso incorrecto Uso correcto
Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

Exemplo 4. Subdivisión dunha resolución mediante ordinais:
Uso incorrecto Uso correcto
En consecuencia, esta consellería
DISPÓN:

Primeiro.- Resolver a convocatoria pública efectuada pola orde desta consellería do 17 de marzo de 2011 [...]

Segundo.- O cesamento no actual destino efectuarase [...]


En consecuencia, esta consellería

DISPÓN:

1.- Resolver a convocatoria pública efectuada pola orde desta consellería do 17 de marzo de 2011 [...]

2.- O cesamento no actual destino efectuarase [...]

En consecuencia, esta consellería
DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola orde desta consellería do 17 de marzo de 2011 [...]

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase [...]


Todas as marcas de subdivisión irán separadas do texto cunha tabulación.

As divisións ou subdivisións que correspondan ao mesmo nivel agruparanse entre si cun interliñado simple; o espazamento de parágrafo será de 5 mm en cada novo nivel de subdivisión. Terán as mesmas marxes que o resto do texto.

Exemplo:

 1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

 a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
 b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
 c) Obtención de documentación e información:

 1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.
 2º. Enderezo: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.
 3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
 4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 85, e información de índole administrativa: 981 54 45 17 e 981 54 45 48.
 5º. Fax: 981 54 42 39.
 6º. Enderezo electrónico: maria.blanco.aller@xunta.es, manuel.perez.gonzalez@xunta.es o rafael.juanatey.mayan@xunta.es
 7º. Dirección da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16123
 8º. Fecha límite de obtención de documentación e información: la misma que para la presentación de ofertas.

 d) Número do expediente: SUSE 02-PL.

 2. Obxecto do contrato:

 a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.
 b) Descrición: subministración por prezo unitario de prendas de uniformidade para os condutores e condutoras do parque móvil da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e ordenanzas da consellería.
 c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes, o número de unidades son as recollidas no punto 3 do prego de prescricións técnicas.
 d) Lugar de entrega: as entregas axustaranse ao establecido no apartado 6 do prego de prescricións técnicas.

{letra redonda, interliñado 15 pt e sangría primeira liña 5 mm, espazamento de separación entre bloques 5 mm}

Na ordenación de parágrafos con letras utilizaranse todas as letras simples do alfabeto, incluídas o «j», o «ñ» e o «w», pero non os dígrafos «ch» e «ll».

Formato:

Xustificación: completa.
Sangría: 5 mm primeira liña de parágrafo.
Interliñado: 15 pt.
Separación entre parágrafos: simple.
Separación entre bloques: 5 mm anterior.

No caso de que pola complexidade de subdivisión do documento se teña que utilizar unha subdivisión con numeración romana en minúsculas (i, ii, iii...), esta subdivisión estruturarase igualmente con punto (por exemplo «i.»), nunca con parénteses que poidan levar a confusión con letras.

Evitarase o emprego de guións ou de raias en casos como os seguintes:

Tribunal titular:
Presidenta: Mónica Hércules Lorenzo.
Secretario: Ginés Fonte Díez.
Vogais:
M.ª Gumersinda Núñez de Balboa.
Santiago Blanco Grande.
Ernesto Gotardo Germánico.
↑ Voltar ↑

Disposicións adicionais, transitorias e derradeiras

De haber varias, expresaranse numerándoas en ordinais escritos en letra.

Expresaranse do seguinte xeito, segundo teñan título ou non:

Disposición adicional primeira. Normativa que se derroga
Disposición derradeira.
Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Exemplo:

Uso incorrecto Uso correcto
Disposición adicional

 Única.-Prórroga do mandato dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores.

 Prorrógase o mandato dos órganos de goberno dos consellos reguladores das denominacións de orixe Queso Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro e da indicación xeográfica protexida Lacón Gallego. A dita prórroga estenderase ata o día da toma de posesión dos novos vogais elixidos logo da convocatoria electoral correspondente e terá, en todo caso, unha duración máxima dun ano.

 Disposicións derradeiras

 Primeira.- Facultade de desenvolvemento.

 Facúltase o secretario xeral de Medio Rural e Montes para ditar cantas instrucións sexan precisas para a execución desta orde.

 Segunda.- Entrada en vigor.

 A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 Disposición adicional única. Prórroga do mandato dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores

 Prorrógase o mandato dos órganos de goberno dos consellos reguladores das denominacións de orixe Queso Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro e da indicación xeográfica protexida Lacón Gallego. A dita prórroga estenderase ata o día da toma de posesión dos novos vogais elixidos logo da convocatoria electoral correspondente e terá, en todo caso, unha duración máxima dun ano.

 Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

 Facúltase o secretario xeral de Medio Rural e Montes para ditar cantas instrucións sexan precisas para a execución desta orde.

 Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

 A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

↑ Voltar ↑

Peche

O peche do documento compose de dúas pezas de información:

  • Expresión da data.
  • Expresión do cargo que asina
↑ Voltar ↑

Expresión da data

A máis xeral é a que ten a seguinte secuencia: lugar + día (en número) + mes (en letra e en minúscula) + ano (en número de catro díxitos, precedido de de).

Os anuncios de concellos, xulgados e outros organismos ou entidades ateranse a esta norma xeral: "A Coruña, 15 de decembro de 2011"; "Verín, 12 de maio de 2011"

Por tanto, corrixiranse, para súa publicación no DOG, as fórmulas en que a data aparece dentro do texto, do tipo: "E para que conste, expido esta cédula na Coruña o vinte e un de xuño de dous mil once".

En leis e decretos a data exprésase en letra: "Santiago de Compostela, quince de febreiro de dous mil doce."

Formato:

Xustificación: xustificada.
Sangría: 5 mm primeira liña de parágrafo.
Separación entre parágrafos: anterior 5 mm.
Interliñado: 15 pt.
Tipo de letra: redonda.

Formatación:

{letra redonda, sangría primeira liña 5 mm e espazamento parágrafo anterior 5 mm}

Exemplos:

Forma xeral:
Cerceda, 10 de setembro de 2010
Integrada nunha fórmula de peche:
E para que conste, expido esta cédula na Coruña o vinte e un de xuño de dous mil once.
Leis e decretos:
Santiago de Compostela, dez de setembro de dous mil dez.

Observacións sobre a expresión da data:

  • Os topónimos deben expresarse na súa forma completa: Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa e As Pontes de García Rodríguez, e non, respectivamente, Santiago de C., Vilagarcía de A. e As Pontes.
  • Antes do lugar en que se asina non se porá a preposición "en" e antes da data non se porá a preposición "a".
↑ Voltar ↑

Expresión do cargo que asina

1. A expresión do cargo asinante, nos casos máis xerais, componse de dúas pezas de información:

  • Nome da persoa asinante (responsable da entidade emisora do documento).
  • Nome do cargo completo (debe coincidir co cargo responsable da entidade emisora do documento).

Formato:

Xustificación: centrada.
Sangría: non.
Separación entre parágrafos: anterior 5 mm.
Separación entre o nome e o cargo sen espaciado entre parágrafos.
Interliñado: 15 pt.
Tipo de letra: redonda.

Exemplo:


 Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
 Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2012
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
{letra redonda, xustificación centrada, interliñado 15 pt, espazamento parágrafo anterior 5 mm}


2. Nos decretos, a sinatura constará de dous niveis:

  • Primeiro deberá asinar a persoa que desempeñe a presidencia da Xunta de Galicia. Esta sinatura terá xustificación centrada.
  • Despois asinará a persoa responsable da consellería correspondente á materia sobre a que se propón a dita norma. Esta sinatura terá xustificación esquerda.

Vexamos un exemplo:


  Disposición derradeira.
  O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
  Santiago de Compostela, dezaseis de febreiro de dous mil doce
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
{letra redonda, xust. centrada, interliñado 15 pt, espazamento parágrafo anterior 5 mm}


 Rosa María Quintana Carballo
 Conselleira do Medio Rural e do Mar
 {letra redonda, xust. esquerda, interliñado 15 pt, espazamento parágrafo anterior 5 mm}


3. As disposicións de carácter conxunto, nas cales son varios os organismos emisores, publícanse baixo a epígrafe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a súa sinatura leva en paralelo o nome e o cargo dos seus responsables segundo a orde xerárquica de rango de consellerías ou demais entidades.

Exemplo:

Baixo unha epígrafe deste tipo:


CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
ORDE conxunta do 14 de abril de 2009, das consellerías do Medio Rural e de Sanidade, pola que se regula a formación das persoas que realizan actividades relacionadas coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea a Comisión Técnica de Produtos Fitosanitarios.


Corresponderíase unha sinatura en paralelo como se observa a continuación:

Samuel Jesús Suárez Casado    Pilar Farjas Abadía
 Conselleiro do Medio Rural    Conselleira de Sanidade


De haber máis organismos, seguirán a orde de aparición no sumario ou título do documento.

4. Na ausencia da persoa responsable da entidade emisora (P.A.) ou no caso de que esta delegue noutra persoa (P.D. ou P.S.), deberase indicar esta situación na sinatura, especificando o cargo da persoa que asina, ademais de citar ao completo a norma de delegación ou substitución (neste caso as datas citaranse separadas por puntos).

Por exemplo, nunha resolución da Consellería do Medio Rural, o conselleiro delega no secretario xeral e iso vese reflectido na sinatura do seguinte xeito:


P.D. (Orde do 24.4.2009; DOG núm. 81, do 28 de abril)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural
{letra redonda, xust. centrada, interliñado 15 pt, espazamento parágrafo anterior 5 mm}


5. A expresión "secretario/secretaria xeral técnico/técnica" vai sempre acompañada da indicación da consellería correspondente, como pode verse no exemplo do número anterior.

6. En organismos autónoomos e similares exprésase o cargo seguido do nome do organismo: "Presidente de Augas de Galicia"; "Director da Escola Galega de Administración Pública"; etc.

7. Nos documentos en que xa se identifique no inicio do corpo do documento o nome e cargo da persoa responsable da emisión, non é necesario repetilo na sinatura.

Por exemplo, aos edictos dos xulgados que comecen do seguinte modo «María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número un da Coruña,…», corresponderíalles unha sinatura como a seguinte:

A secretaria xudicial
Rubricado
{letra redonda, xust. centrada, interliñado 15 pt, espazamento parágrafo anterior 5 mm}


8. En anuncios de xulgados, concellos e outros organismos e entidades só se incluirá o nome da persoa que asina o documento se vén indicado no orixinal. En caso contrario, aparecerá unicamente a expresión do cargo: "O Alcalde"; "A secretaria xudicial"; "O liquidador"; etc.

Observacións sobre a expresión do nome da persoa que asina:

  • Nos apelidos non se utilizarán abreviaturas: Fernández e non Fdez.
  • Nos nomes, respectarase a forma en que veñan expresados, pero a recomendación para os publicadores é que se expresen os nomes en forma completa.
↑ Voltar ↑

Anexos

Os anexos irán sempre no final do documento. No corpo do documento faranse as referencias identificativas a eles para facilitar a súa localización.

Recoméndase utilizar a parte de anexos única e exclusivamente para incluír formularios, documentos informativos adicionais, imaxes e táboas.

Os anexos deberán constar de dúas pezas de información:

  • Encabezamento: indicarase, cando haxa máis dun anexo, o número de anexo en números romanos.
  • Título (irá centrado e en negra).
↑ Voltar ↑

Encabezado

ANEXO [número do anexo en números romanos]

Formato:

Xustificación: centrada.
Sangría: non.
Separación entre parágrafos: 5 mm anterior.
Interliñado: 15 pt.
Tipo de letra: redonda e en maiúsculas.
↑ Voltar ↑

Título do anexo

Formato:

Xustificación: centrada.
Sangría: non.
Separación entre parágrafos: 5 mm anterior.
Interliñado: 15 pt.
Tipo de letra: redonda negra.

Exemplo:

ANEXO IV
{letra redonda en maiúsculas, interliñado 1,5, xust. centrada, espazamento parágrafo anterior 5 mm}
Guía para a elaboración de fichas de datos de seguranza
{letra redonda negra, interliñado 1,5, xust. centrada, espazamento parágrafo anterior 5 mm}
↑ Voltar ↑

Táboas

  • As táboas, xeralmente, irán incluídas na sección de anexos e non no corpo do documento. Polo tanto, deberán sempre incluír un título identificativo para facilitar tanto a súa referencia dentro do corpo do texto como a súa fácil e rápida localización.
  • As táboas deben ser enviadas polas entidades publicadoras en formatos editables compatibles con Microsoft Word ou Excel para permitir correccións ortotipográficas. Deberán ter un tipo de letra cun corpo mínimo de 8 puntos e máximo de 11.
  • O uso das maiúsculas deberase restrinxir o máximo posible, e nunca se deberán mesturar columnas en maiúsculas con columnas en minúsculas. De se usaren, as letras maiúsculas, deberán acentuarse graficamente sempre que o exixan as regras de acentuación.
  • As táboas deberán sempre incluír unha primeira fila en que se especifique o texto de título de cada unha das súas columnas. Esta primeira fila deberá ter un sombreado do 10% para facilitar a lectura da táboa.
  • Se a lonxitude dunha táboa supera unha páxina completa, deberá continuar na páxina inmediatamente posterior. Nesta segunda páxina deberase incluír de novo unha primeira fila de encabezamento con sombreado do 10%, en que se especificará de novo o texto de título das columnas.
  • As táboas deberán sempre manterse dentro das marxes da páxina e ter unha largura de cela adecuada para que o texto nelas contido sexa lexible.
  • A separación entre as diferentes táboas dun mesmo anexo deberá ser suficiente para permitir unha rápida identificación de cada unha delas.

Exemplo de táboa:

Interesado/a Nº expediente Acto que se notifica Concello
Álvarez Fernández, Vicente IN635A 2010/263-1 Resolución Ribeira
Onkawa Belleza, S.L. IN635A 2010/276-1 Alegacións A Coruña
Bouza Gorgozo, Montserrat IN635A 2010/350-1 Alegacións Ferrol
Figueroa Chao, Fernando IN635A 2010/363-1 Alegacións Sada
Fernández García, Manuela IN635A 2011/124-1 Requirimento de documentación A Coruña
↑ Voltar ↑

Imaxes

As imaxes, o mesmo que as táboas, son elementos que se deberán incluír, xeralmente, na sección de anexos e non dentro do corpo do documento. Deberán, por tanto, incluír sempre un título identificativo para facilitar tanto a súa referencia dentro do corpo do texto como a súa fácil e rápida localización.

Exemplo:

ANEXO II
Figura 1: Mapa de Comarcas de Galicia

Observacións sobre as imaxes:

  • O formato deberá ser JPG, PNG e GIF (nunca BMP).
  • Se a imaxe contén texto recoméndase o uso de PNG e GIF, pois o renderizado do texto é mellor que o JPG e, así, favorecerase a lexibilidade do texto incluído na imaxe.
  • Dada a dificultade de edición de imaxes, no caso de conteren texto este deberá estar correctamente escrito segundo as normas ortigráficas vixentes (tanto en galego coma en castelán). Deberase facer especial énfase na corrección da toponimia incluída no texto das imaxes, que se deberá axustar ás formas marcadas no Nomenclator de Galicia.
↑ Voltar ↑

Ferramentas persoais