Elementos constantes da estrutura xeral dos textos

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 23 de marzo de 2011 ás 11:59 por Dogadmin (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Páxinas principais

Todos os documentos publicados no DOG teñen unha estrutura común, que é a seguinte: Cabeceira, Corpo do documento, Peche e Anexos.

Cabeceira

A cabeceira dun documento componse de tres pezas de información:

  • Nome da entidade emisora do documento: debe figurar claramente o nome do emisor responsable da publicación, mesmo cando se trata dun organismo autónomo. Só poderán ser entidades emisoras aquelas entidades contidas na relación de entidades emisoras que se encontra no portal de envío telemático de documentos.
  • Tipo de documento: indicarase obrigatoriamente o tipo de disposición de que se trate ben identificada: orde, resolución, anuncio, edicto, etc.
  • Sumario ou Título: debe ser un extracto perfectamente resumido que adiante minimamente o contido da disposición. Nel indicarase a subentidade, de existir, dependente da entidade emisora responsable da publicación do documento. Este resumo deberá sempre conter os seguintes datos:

Tipo de disposición (en maiúsculas) + Data + (subentidade dependente, entre comas, de habela) + mínimo resumo que adiante o contido da publicación + n.º de expediente ou referencia, de habelo.

Vexamos algún exemplo:


CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión.


CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CÉDULA do 15 de febreiro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente OU-00037-O-2011).

Tipo de documento e nome da entidade emisora

Formatación

  • Xustificación: completa.
  • Sangría: 5 mm.
  • Interliñado: dobre.
  • Tipo de letra: negra en maiúsculas.

Exemplo:

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE, S.A.

{maiúsculas negras, interliñado dobre, sangría 5mm}
Sumario ou Título

Formatación

  • Xustificación: completa
  • Sangría: non.
  • Interliñado: 1,5.
  • Tipo de letra: cursiva.

Exemplo:

Resolución de 4 de xuño de 2010 pola que se concede a acreditación de entidade de control de calidade da edificación a Estudios Mikar, S.L., con domicilio social na calexa Solla número 1, entresollado, 36900 Marín (Pontevedra).
{cursiva, xust. completa, interliñado 1,5, espazamento parágrafo 5mm}

==== Corpo do documento ====

Ferramentas persoais