http://w_estdog-pro.xunta.es/index.php?title=Especial:P%C3%A1xinas_novas&feed=atom&hideliu=&hidepatrolled=&hidebots=&hideredirs=&limit=50&namespace=0Manual de Estilo DOG - Páxinas novas [gl]2024-03-29T05:54:47ZDe Manual de Estilo DOGMediaWiki 1.16.0http://w_estdog-pro.xunta.es/index.php/N%C3%BAmero_gramaticalNúmero gramatical2014-09-30T08:25:51Z
Dogadmin: Nova páxina: "{{Modelo:Cabeceira}} __FORCETOC__ ==== Galego ==== * As palabras que finalizan en vogal, tónica ou átona, ou en ditongo forman o plural engadindo -''s'': ::o custo → os custos ..."

{{Modelo:Cabeceira}}

__FORCETOC__

==== Galego ====

* As palabras que finalizan en vogal, tónica ou átona, ou en ditongo forman o plural engadindo -''s'':

::o custo → os custos

::o israelí → os israelís

* Os estranxeirismos acabados en vogal forman o plural engadindo -''s'' ou respectando a forma de plural de orixe:

::o spray → os sprays

::o hippy → os hippys / hippies

* As palabras que finalizan en -''r'' e -''z'' engaden -''es'':

::o calor → os calores

::a luz → as luces

:Os estranxeirismos adecúanse á regra xeral:

::o palier → os palieres

::o dólar → os dólares

:Exceptúanse as formas pouco integradas:

::o póster → os pósteres / pósters

::o gángster → os gángsteres / gángsters

* As palabras agudas que finalizan en -''s'' e -''x''<nowiki> [ks] engaden -es: </nowiki>

::o compás → os compases

:Exceptúanse as que finalizan en grupo consonántico, que fican invariables:

::o luns → os luns

::o fax → os fax

:As palabras graves e esdrúxulas acabadas en -''s'' ou -''x''<nowiki> [ks] son invariables:</nowiki>

::o lapis → os lapis

::o tórax → os tórax

* As palabras acabadas en -''n'' engaden -s:

::o dolmen → os dolmens

::o mitin → os mitins

* As palabras acabadas en -''l'':

::* As palabras monosílabas acabadas en -''l'' engaden -es:

:::o cal → os cales

:::o sal → os sales

::* As palabras agudas polisílabas substitúen o -''l'' final polo morfema -is:

:::o aval → os avais

:::o control → os controis

::* As palabras compostas en que o segundo elemento é algún dos monosílabos citados, fan o plural en -''les'':

:::o ollomol → os ollomoles

:::o cartafol → os cartafoles

::Téñase en conta que ''caracol'' e ''aerosol'' non son compostos de ''col'' e ''sol''. Os seus plurais son, por tanto, regulares:

:::o caracol → os caracois

:::o aerosol → os aerosois

::* As palabras graves que finalizan en -''l'' forman o plural engadindo o morfema -''es'':

:::o difícil → os difíciles

:::o útil → os útiles

* As palabras que finalizan noutras consoantes son as máis delas estranxeirismos ou cultismos, e forman o plural engadindo -''s'':

::o club → os clubs

::o test → os tests

::o álbum → os álbums

* As abreviaturas fan o plural engadindo -''s'' se foron creadas cortando a palabra:

::páx. → páxs. (de ''páxinas'')

:Nas formadas por unha letra, o plural exprésase duplicando esta:

::s. → ss. (de ''seguintes'')

* Nas siglas e nos símbolos non se marca o plural:

::a ONG → as ONG

::o CD → os CD

::25 km

==== Castelán ====

* Os substantivos e adxectivos acabados en vogal átona ou en -''e'' tónico forman o plural con -''s'':

::la casa → las casas

:Os plurais terminados en -''ses ''considéranse vulgares:

::el café → los *cafeses → los cafés

* Os substantivos e adxectivos acabados en -''a'' ou en -''o'' tónicos forman o plural con -''s'':

::el sofá → los sofás

:Exceptúanse os substantivos ''faralá'' e ''albalá'' e o adverbio ''no'' en función substantiva, que forman o plural con -''es'':

::el no → los noes

:Tamén é excepción o pronome ''yo'' cando funciona como substantivo, pois admite ambos os plurais:

::el yo → los yoes / yos

* Os substantivos e adxectivos acabados en -''i'' ou en -''u'' tónicos admiten dúas formas de plural, unha con -''es'' e outra con -''s'', aínda que é preferible a primeira:

::el bisturí → los bisturíes / bisturís

:Nos xentilicios darase preferencia aos plurais en -''es'':

::el israelí → los/las israelíes

:Certas palabras, xeralmente procedentes doutros idiomas ou as que pertencen a rexistros coloquiais ou populares, que apenas forman o plural con -''s'':

::el menú → los menús

:O plural do adverbio ''sí'', cando funciona como substantivo, é:

::el sí → los síes

:É diferente o caso da nota musical ''si'':

::el si → los sis

* Os substantivos e adxectivos acabados en -''y'' precedida de vogal forman o plural con -''es'':

::el rey → los reyes

::* Os substantivos e adxectivos con esta mesma configuración e que se incorporaran ao uso máis recentemente fan o plural en -''s. ''O ''y'' do singular mantén en plural o seu carácter vocálico e, por tanto, debe pasar a escribirse ''i'':

:::el espray → los espráis

::* Os estranxeirismos acabados en -''y'' precedido de consoante deben adaptarse graficamente ao español substituíndo o -''y'' por -''i, ''o plural fórmase engadindo un -''s'':

:::el ferri (ingl. ''ferry'') → los ferris

::Non son admisibles, por tanto, os plurais que conservan o -''y'' do singular etimolóxico.

* Os substantivos e adxectivos acabados en -''s'' ou en -''x ''monosílabos ou polisílabos agudos, forman o plural engadindo -''es'':

::el fax → los faxes

::el francés → los/las franceses/as

:O resto dos casos fican invariables:

::la crisis → las crisis

:Excepcións:

::* el dux → los dux

::* Os polisílabos agudos cando son palabras compostas cuxo segundo elemento xa é un plural:

:::el ciempiés → los ciempiés

* Os substantivos e adxectivos acabados en -''l'', -''r'', -''n'', -''d'', -''z'', -''j'' se non van precedidos doutra consoante, forman o plural con -''es'':

::el color → los colores

::el reloj → los relojes

:Os estranxeirismos que acaben nesas consoantes deben seguir a mesma regra:

::el píxel → los píxeles

::el interfaz → los interfaces

:Exceptúanse as palabras esdrúxulas, que fican invariables en plural:

::el cáterin → los cáterin

:O plural de ''hipérbaton'' é, de forma excepcional, ''hipérbatos''.

* Os substantivos e adxectivos acabados en consoantes distintas de -''l'', -''r'', -''n'', -''d'', -''z'', -''j'', -''s'', -''x'', -''ch'' fan o plural en -''s'':

::el chip → los chips

::el cómic → los cómics

:Exceptúase desta regra a palabra ''club'', que admite dous plurais:

::el club → los clubs / clubes

:Tamén son excepcións o arabismo ''imam'' e o latinismo ''álbum'':

::el imam → los imames

::el álbum → los álbumes

* Os substantivos e adxectivos acabados en -''ch ''poden ficar invariables en plural ou facelo en -''es'':

::el crómlech → los crómlech

::el sándwich → los sándwiches

* Os substantivos e adxectivos que acaban en grupo consonántico forman o plural con -''s'' (agás aqueles que xa acaban en -''s'', que seguen a regra xeral):

::el iceberg → los icebergs

:Son excepción as palabras: ''compost'', ''karst'', ''test'', ''trust'' e ''kibutz'', que fican invariables en plural e ''lord'' e ''milord'', cuxos plurais son ''lores'' e ''milores'', respectivamente.

* Os latinismos fan o plural en -''s'', en -''es'' ou fican invariables dependendo das súas características formais:

::el ratio → los ratios

::el plus → los pluses

::el déficit → los déficits

::el ítem → los ítems

:Apenas se afastan desta tendencia os latinismos acabados en -''r'' procedentes de formas verbais, como ''cónfer'', ''confíteor'', ''exequátur'' e ''imprimátur'', cuxo plural fica invariable. Outra excepción é a palabra ''álbum'' (→ ''álbumes''). En xeral, aconséllase usar con preferencia, cando existan, as variantes hispanizadas dos latinismos e, consecuentemente, tamén o seu plural:

::el currículum → el currículo → los currículos

:Non deben utilizarse en español os plurais latinos en -a:

::el corpus → los *córpora → los corpus

:As locucións latinas, a diferenza dos latinismos simples, fican sempre invariables en plural:

::el status quo → los statu quo

::el currículum vítae → los currículum vítae

* As abreviaturas fan o plural engadindo -s se foron creadas cortando a palabra:

::pág. → págs. (de ''páginas'')

:Nas formadas por unha letra o plural exprésase duplicando esta:

::s. → ss. (de ''siguientes'')

::EE. UU. (de ''Estados Unidos'')

* Nas siglas e nos símbolos non se marca o plural:

::la ONG → las ONG

::el CD → los CD

::25 km

* Outros casos:

::* A vogal tónica é a mesma no singular e no plural, agás nas palabras ''espécimen'', ''régimen'' e ''carácter'', en que o acento muda de lugar no plural:

:::el espécimen → los especímenes

:::el régimen → los regímenes

:::el carácter → los caracteres
Dogadminhttp://w_estdog-pro.xunta.es/index.php/Abreviaci%C3%B3nAbreviación2014-09-30T08:23:55Z
Dogadmin: /* Abreviaturas */

{{Modelo:Cabeceira}}

==== Abreviaturas ====

As abreviaturas poden ser regulares (collendo as primeiras letras da palabra abreviada) ou convencionais (derivadas dun uso asentado mais non regular). Cando por razóns de espazo sexa necesario reducir un texto utilizaranse sempre as abreviaturas regulares. Regras de uso:

* Terminan por punto:

::dta. (''dereita'')

::ex. (''exemplo'')

::xeo. (''xeografía'')

::CC. AA. (''comunidades autónomas'')

::FF. CC. (''ferrocarrís'')

:Algunhas abreviaturas poden utilizar a barra e non o punto:

::R/ Doutor Severo Ochoa s/n, 27004 Lugo

* Non teñen forma de plural, excepto se a abreviatura se constrúe utilizando os elementos do principio e do final da palabra:

::Acordárono e asínano os Ilmos. señores anotados na marxe.

* Manteñen a letra maiúscula ou minúscula da letra inicial da palabra:

::Declarar que a sra. Lorenzo (…)

::(…) ante a Ilma. Audiencia Provincial de Pontevedra (…)

* Manteñen a acentuación da palabra sen abreviar:

::páx. (''de páxina'')

* As abreviaturas con superíndice (º/ª) utilízanse nos seguintes casos:

::* Cando se referencia o número dun artigo:

:::artigo 11º.1 do Real decreto lexislativo

::* Cando se referencia o número dunha publicación oficial e, en xeral, naqueles casos en que se desexa abreviar a palabra ''número'':

:::(…) no DOG nº 243, do martes, 15 de decembro de 2009 (…)

:::(…) aberta no Banesto, conta nº 1531, clave (…)

==== Siglas ====

As siglas representan a redución de sintagmas. Características xerais e regras de uso das siglas:

* Non se acentúan nin levan punto intermedio:

::(…) Nova York (EE UU) (…)

::As organizacións sindicais CC OO, UGT, CIG e CGT (…)

* Non teñen forma de plural. A marca de número vai no artigo ou nalgunha das palabras que acompañan a sigla:

::Tanto as fitas como os CD (…)

* Teñen o mesmo xénero que a primeira palabra do sintagma pleno do que proceden:

::(…) no DOG (…)

* Van normalmente en maiúsculas. En minúsculas introdúcense só as palabras gramaticais (artigos, preposicións etc.) que formen parte da sigla:

::RAG (''Real Academia Galega'')

::PSdG (''Partido Socialista de Galicia'')

Existen excepcións importantes:

::* As siglas pronunciables como unha palabra formadas por máis de dúas sílabas escríbense coa inicial maiúscula e o resto en minúscula:

:::Unesco (''United Nations Education, Scientific and Cultural Organization'')

::* As siglas que pasaron a considerarse denominación común do sintagma que representan:

:::Seat (''Sociedad Española de Automóviles de Turismo'')

::* As siglas que pasaron a formar parte do léxico común:

:::sida (''síndrome de inmunodeficiencia adquirida'')

:::pemes (''pequenas e medias empresas'')

::Cando unha sigla xa é unha palabra común debe acentuarse.

* As siglas hai que desenvolvelas se aparecen por primeira vez no texto e non son de uso común:

::(…) ambos en representación da Federación Ecoloxista Galega (FEG) (…)

==== Acrónimos ====

Os acrónimos representan a redución de sintagmas e fórmanse con máis letras que as iniciais das palabras. Características xerais e regras de uso dos acrónimos:

* Cando son nomes propios escríbense con inicial maiúscula:

::O Consello de Dirección do Igape (…)

* Se pasaron a ser nomes comúns escríbense en minúscula:

::(…) recambios para radar de alta frecuencia (…)

* Son invariables en número, excepto se pasaron a ser nomes comúns:

::(…) exposición técnica dos radares tipo láser (…)

* Os acrónimos hai que desenvolvelos se aparecen por primeira vez no texto e non son de uso común:

::(…) Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) (…)

==== Símbolos ====

Os símbolos son abreviacións de carácter científico ou técnico constituídas por letras ou por outros signos gráficos. En xeral, son fixados convencionalmente por institucións de normalización e posúen validez internacional. Características xerais e regras de uso dos símbolos:

* Escríbense sempre sen punto:

::Apósito de hidrofibra con prata de 15×15 cm (± 1 cm) (…)

* Non varían, independentemente de como se traduzan a cada idioma:

::Fe (''«ferro» en galego, «hierro» en castelán'')

* Son invariables en número:

::Apósito con prata en malla de 10×10 cm (± 2 cm) (…)

* Non se acentúan en ningún caso:

::a (''de área'')

::ha (''de hectárea'')

* Cando se relacionan con outros símbolos sepáranse con barra lateral (/):

::(…) emisión non superior a 149 g/km de CO2 (…)

* Aparecen após a cifra que acompañan e con un espazo en branco de separación:

::(…) a 20 cm por riba da malla (…)

::Vehículos entre 10.000 e 30.000 €: 1.210 €.

* Como norma xeral, os símbolos escríbense en minúscula. Excepcións:

::* Os puntos cardinais:

:::N (''de norte'')

::* Os dos elementos químicos escríbense con unha soa letra maiúscula:

:::C (''de carbono'')

::Se están constituídos por dúas letras, cunha combinación de maiúscula e minúscula:

:::Fe (''de ferro'')

::* Os das unidades de medida escríbense normalmente con minúscula, agás os daquelas unidades que teñen a súa orixe en nomes propios de persoa, que se escriben con maiúscula:

:::W (''de watt'')

::Cando se combinen símbolos debe respectarse a grafía maiúscula ou minúscula de cada un deles:

:::kW (''de quilowatt'')

* Para os puntos cardinais utilizarase o sistema internacional:

::N (''de norte'')

::S (''de sur'')

::E (''de leste'')

::W (''de oeste'')

::NE (''de nordeste ou nordés'')

::NW (''de noroeste'')

::NNE (''de nor-nordeste'')

::NNW (''de nor-noroeste'')

::SE (''de sueste'')

::SW (''de suroeste'')

::SSE (''de sur-sueste'')

::SSW (''de sur-suroeste'')

::ENE (''de les-nordeste'')

::ESE (''de les-sueste'')

::WNW (''de oés-noroeste'')

::WSW (''de oés-suroeste'')
Dogadmin