Glosario de expresións e termos

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Observacións)
(Observacións)
Liña 19: Liña 19:
:::https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm;jsessionid=E335E65BAEEDEE8F0B172765CE32B08D

:::https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm;jsessionid=E335E65BAEEDEE8F0B172765CE32B08D

::• Corpus técnico do galego (banco de datos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CTG/

::• Corpus técnico do galego (banco de datos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CTG/

::• InterActive Terminology for Europe (IATE): http://iate.europa.eu/

::• InterActive Terminology for Europe (IATE): http://iate.europa.eu/iatediff/SearchByQuery.do?method=searchDetail&lilId=1502361&langId=&query=amnesia&sourceLanguage=es&domain=0&matching=&start=0&next=1&targetLanguages=fr

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

Revisión como estaba o 11 de abril de 2013 ás 10:31

Páxinas principais

En elaboración

Índice

Observacións

1. Confeccionamos o glosario partindo da expresión ou do termo en castelán. Consideramos que, deste xeito, moitas persoas que o consulten, afeitas a se manexaren coas expresións en castelán, terán máis fácil acceso á correspondente forma galega. Puntualmente, incluímos observacións e comentarios sobre o emprego dalgunhas expresións.
2. Cando se dan varias opcións, todas correctas, incluímos en primeiro termo aquela de uso máis frecuente.
3. As formas precedidas de asterisco (*) non son correctas en galego.
4. Para a elaboración do glosario tomamos como referencias as que se citan a seguir. Ademais, tanto no caso de haber varias formas correctas como naqueles en que poida haber discrepancias entre as distintas fontes lexicográficas ou terminolóxicas, optamos por lles dar preferencia ás expresións e termos que se veñen utilizando de forma habitual nos textos oficiais, nomeadamente no DOG.
• Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=
• Dicionario Xurídico: http://www.dixuri.com/ // http://dicionarioxuridico.xerais.es/
• Buscatermos (banco de datos terminolóxico da Universidade de Santiago de Compostela)
https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm;jsessionid=E335E65BAEEDEE8F0B172765CE32B08D
• Corpus técnico do galego (banco de datos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CTG/
• InterActive Terminology for Europe (IATE): http://iate.europa.eu/iatediff/SearchByQuery.do?method=searchDetail&lilId=1502361&langId=&query=amnesia&sourceLanguage=es&domain=0&matching=&start=0&next=1&targetLanguages=fr
↑ Voltar ↑

Glosario

A

Castelán Galego Observacións
a (la) disposición de á disposición de, ao dispor de
a cargo de a cargo de, por conta de
a causa de por causa de, a causa de, por mor de
a ciencia cierta con certeza, de certo, sen dúbida
a contar desde que comezará a contar, a partir de, contado desde
a continuación a seguir, a continuación, seguidamente, deseguido Evítese o emprego de deseguida, que ten a acepción de "axiña, decontado"
a costa de á custa de, por conta de
a cuenta y riesgo por conta e risco
a cuyo fin para o fin, para o cal
a destajo a obra feita, a traballo feito, ao axuste, por tarefa
a efectos de para os efectos de
a este efecto para este efecto
a este fin con este fin, para esta finalidade, con este obxecto, para isto
a excepción de coa excepción de, exceptuando, agás
a falta de na falta de, a falta de
a fecha fija con data fixa
a fin de co fin de, a fin de
a fin de que co fin de que, a fin de que
a grandes rasgos en xeral, a grandes trazos, sen entrar en detalles
a instancia de por instancia de, a/por pedimento de
a la larga co tempo, ao final
a la mayor brevedad posible o máis axiña posible, canto antes, coa maior brevidade, no prazo máis breve posible Non é correcto *á maior brevidade posible
a la postre en definitiva, despois de todo
a la sazón daquela, naquel tempo, nese momento
a la vez á vez, a un tempo, asemade
a lo mejor ao mellor, se cadra, quizais, talvez
a lo sumo como máximo
a los efectos de para os efectos de, para os efectos, co fin de, co obxecto de
a los solos efectos de só para os efectos de, unicamente para os efectos de, para os únicos efectos de
a mayor abundamiento por/para maior abastanza, por máis abastamento
a menos que a menos que, salvo que, agás que, non sendo que, a non ser que
a mi presencia perante min, na miña presenza
a modo de como, á maneira de, ao xeito de
a partir de a partir de É incorrecta a expresión *a partires de
a pesar de (que) a pesar de (que), pese a, malia É incorrecta a expresión *a pesares de (que)
a precio alzado a prezo axustado, a prezo global
a propuesta de por proposta de
a raíz de por mor de, debido a, a consecuencia de
a requerimiento de por requirimento de
a reserva de agás, excepto, fóra de
a su ruego por pedimento seu, a pedimento seu
a su vez pola súa vez, á súa vez, cando lle corresponda, pola súa parte
a tal efecto para tal efecto, con tal efecto
a tanto alzado a prezo global, a prezo fixado, a prezo acordado, a prezo concertado
a tenor de a teor de, de acordo con, consonte, segundo o teor de
a todos los efectos para todos os efectos
a veces ás veces, por veces
a(l) nivel de — a(o) nivel de

— no ámbito (de), con respecto a, en termos de

Cando nos referimos á altura física, é correcta a expresión a(o) nivel de (a temperatura é maior ao nivel do mar).

En cambio non é correcta, en sentido figurado, cando se pode substituír por expresións como no ámbito de, con respecto ou similares: *as medidas aplicaranse a nivel de co-munidade autónoma (= as medidas aplicaranse no ámbito da comunidade autónoma).

abogar avogar Non debe confundirse con avocar
abonar —aboar (=pagar)

—abonar (=subscribir)
—fertilizar (a terra)

Aboar e abonar teñen significados diferentes e non deben confundirse.

En galego, o equivalente do castelán abonar na acepción de botarlle á terra materias que aumenten a súa fertilidade non é abonar senón fertilizar.

abono —aboamento (=acción de aboar; pagamento)

—abono (=subscrición)
—fertilizante

Non debe confundirse aboamento con abono.

Para a acepción do castelán referida á substancia que se lle bota á terra para enriquecela non é correcto abono en galego; a palabra que se utiliza é fertilizante.

acarrear carrexar, carretar, motivar, ocasionar Non é correcto *acarrear.
acompañar —acompañar

—achegar, xuntar, presentar

Non é correcto o emprego deste verbo como transitivo no canto de achegar, xuntar, presentar, en contextos deste tipo: *Hai que acompañar unha fotocopia do DNI.

É correcto como transitivo en contextos coma estes: A instancia deberá ir acompañada de fotocopia compulsada do DNI.

acto seguido a seguir, logo
acusar recibo xustificar a recepción, avisar da recepción
acuse de recibo xustificante de recepción, aviso de recepción
adeudar —deber (=ter unha débeda)

—cargar (=anotar unha canti-dade no debe dunha conta bancaria)

Non é correcto *adeudar en conta, debe dicirse cargar en conta.
adjuntar achegar, xuntar, anexar, engadir Non é correcto *adxuntar.
adjunto adxunto(a), como adxectivo É correcto o seu emprego como adxectivo en frases como o documento adxunto, a nota adxunta.

Porén, non é correcto o seu emprego na forma invariable en masculino *Adxunto remito o documento ou *Adxunto remito copia do escrito.

aduana alfándega, aduana
aforo —capacidade (dun recinto)

—contaxe (estación de)

Non é correcto *aforo.
al amparo de ao abeiro de, ao amparo de
al corriente ao día, ao corrente
al efecto de para o efecto de
al fin y al cabo ao cabo, á fin e ao cabo
al menos polo menos, cando menos, ao menos, alomenos
al objeto de co obxecto de, co fin de
al por mayor por groso, por xunto
al por menor a(o) retallo, polo miúdo
albacea testamenteiro(a)
albaceazgo testamentaría
alevosía aleivosía
alienable alleable, alienable
allanamiento (a la demanda) achantamento (ante a deman-da), conformidade (coa deman-da)
allanamiento de morada violación de domicilio, violación de morada
allanarse (a la demanda) achantar (ante a demanda), conformarse coa demanda
alquilar alugar
alquiler (acción de alquilar) alugamento, arrendamento, alugueiro, arrendo Non é correcto *aluguer.
alquiler (renta, cantidad de dinero) alugueiro, renda Non é correcto *aluguer.
alzamiento (de bienes) alzamento (de bens)
amonestar amoestar
ancho/a largo(a), ancho(a) A forma largo(a) do galego non equivale á forma largo(a) do castelán, cuxo equivalente en en galego é longo(a).
ante todo ante todo, antes de nada, en primeiro lugar, primeiro de nada
apilar empillar
aplazamiento aprazamento, adiamento
aplazar aprazar, adiar
apoderado apoderado
aportación achega, contribución Non é correcto *aportación.
aportar —aportar (=chegar a porto)

—achegar, contribuír, proporcionar, presentar

En galego o verbo aportar só se utiliza na acepción de "chegar o barco a porto".
apostilla apostila, postila
apremio constrinximento, prema
archivar arquivar
archivo —arquivo (=lugar onde se arquiva)

&·8212;arquivamento (=acción de arquivar)

asequible accesible, alcanzable Non é correcto *asequible.
atestiguar testemuñar Non é correcto *atestiguar.
aunar unir(se), sumar Non é correcto *aunar.
avalúo (de bienes) taxación (de bens), valoración (de bens)
avenencia avinza, acordo, convenio, pacto
avenir(se) avir(se)
averiguar indagar, investigar, pescudar Non é correcto *averiguar.
avocar avocar Dito dunha autoridade gober-nativa ou xudicial (un xuíz ou maxistrado), significa "atraer para si a resolución dun asunto ou causa cuxa decisión correspondería a un órgano inferior en virtude da incompetencia do tribunal en que a causa foi orixinalmente interposta".

Non debe confundirse con avogar, que ten a acepción de "interceder, manifestarse en defensa de".

↑ Voltar ↑

B

Castelán Galego Observacións
banda ancha banda larga
bastantear verificar a suficiencia Non é correcto *bastantear.
bastanteo verificación da suficiencia Non é correcto *bastanteo.
beca beca (insignia, banda), bolsa (de estudos, axuda formativa)
becario(a) bolseiro(a)
boceto bosquexo, esbozo, esquema
botiquín

Ferramentas persoais
Xunta de Galicia