Glosario de expresións e termos

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(K)
(G)
Liña 1.340: Liña 1.340:
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" width="32%" | <font color="#0066cc">grabar</font>  
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" width="32%" | <font color="#0066cc">grabar</font>  
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" width="32%" | <font color="#0066cc">gravar</font>
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" width="32%" | <font color="#0066cc">gravar</font>
-
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" width="31%" |<font color="#0066cc">En galego ten esta única forma para calquera dos significados do castelán <font color="0000cc">''grabar''</font> e <font color="0000ccc"<''gravar''</font>.</font>
+
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" width="31%" |<font color="#0066cc">En galego ten esta única forma para calquera dos significados do castelán <font color="0000cc">''grabar''</font> e <font color="0000ccc">''gravar''</font>.</font>
|-
|-
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" width="32%" | <font color="#0066cc">gradación, graduación</font>  
| style="border-style:solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color:#ccccff" valign="top" align="justify" width="32%" | <font color="#0066cc">gradación, graduación</font>  

Revisión como estaba o 15 de abril de 2013 ás 10:39

Páxinas principais


En elaboración

Índice

Observacións

  1. Confeccionamos o glosario partindo da expresión ou do termo en castelán. Consideramos que, deste xeito, moitas persoas que o consulten, afeitas a se manexaren coas expresións en castelán, terán máis fácil acceso á correspondente forma galega. Puntualmente, incluímos observacións e comentarios sobre o emprego dalgunhas expresións.
  2. Cando se dan varias opcións, todas correctas, incluímos en primeiro termo aquela de uso máis frecuente.
  3. As formas precedidas de asterisco (*) non son correctas en galego.
  4. Para a elaboración do glosario tomamos como referencias as que se citan a seguir. Ademais, tanto no caso de haber varias formas correctas como naqueles en que poida haber discrepancias entre as distintas fontes lexicográficas ou terminolóxicas, optamos por lles dar preferencia ás expresións e termos que se veñen utilizando de forma habitual nos textos oficiais, nomeadamente no DOG.
• Dicionario da Real Academia Galega (DRAG):
http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=
• Dicionario Xurídico: http://www.dixuri.com/http://dicionarioxuridico.xerais.es/
• Buscatermos (banco de datos terminolóxico da Universidade de Santiago de Compostela)
https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm;jsessionid=E335E65BAEEDEE8F0B172765CE32B08D
• Corpus técnico do galego (banco de datos da Universidade de Vigo): http://sli.uvigo.es/CTG/
• InterActive Terminology for Europe (IATE): Visitar IATE
↑ Voltar ↑

Glosario

A

Castelán Galego Observacións
a (la) disposición de á disposición de, ao dispor de
a cargo de a cargo de, por conta de
a causa de por causa de, a causa de, por mor de
a ciencia cierta con certeza, de certo, sen dúbida
a contar desde que comezará a contar, a partir de, contado desde
a continuación a seguir, a continuación, seguidamente, deseguido Evítese o emprego de deseguida, que ten a acepción de "axiña, decontado"
a costa de á custa de, por conta de
a cuenta y riesgo por conta e risco
a cuyo fin para o fin, para o cal
a destajo a obra feita, a traballo feito, ao axuste, por tarefa
a efectos de para os efectos de
a este efecto para este efecto
a este fin con este fin, para esta finalidade, con este obxecto, para isto
a excepción de coa excepción de, exceptuando, agás
a falta de na falta de, a falta de
a fecha fija con data fixa
a fin de co fin de, a fin de
a fin de que co fin de que, a fin de que
a grandes rasgos en xeral, a grandes trazos, sen entrar en detalles
a instancia de por instancia de, a/por pedimento de
a la larga co tempo, ao final
a la mayor brevedad posible o máis axiña posible, canto antes, coa maior brevidade, no prazo máis breve posible Non é correcto *á maior brevidade posible
a la postre en definitiva, despois de todo
a la sazón daquela, naquel tempo, nese momento
a la vez á vez, a un tempo, asemade
a lo mejor ao mellor, se cadra, quizais, talvez
a lo sumo como máximo
a los efectos de para os efectos de, para os efectos, co fin de, co obxecto de
a los solos efectos de só para os efectos de, unicamente para os efectos de, para os únicos efectos de
a mayor abundamiento por/para maior abastanza, por máis abastamento
a menos que a menos que, salvo que, agás que, non sendo que, a non ser que
a mi presencia perante min, na miña presenza
a modo de como, á maneira de, ao xeito de
a partir de a partir de É incorrecta a expresión *a partires de
a pesar de (que) a pesar de (que), pese a, malia É incorrecta a expresión *a pesares de (que)
a precio alzado a prezo axustado, a prezo global
a propuesta de por proposta de
a raíz de por mor de, debido a, a consecuencia de
a requerimiento de por requirimento de
a reserva de agás, excepto, fóra de
a su ruego por pedimento seu, a pedimento seu
a su vez pola súa vez, á súa vez, cando lle corresponda, pola súa parte
a tal efecto para tal efecto, con tal efecto
a tanto alzado a prezo global, a prezo fixado, a prezo acordado, a prezo concertado
a tenor de a teor de, de acordo con, consonte, segundo o teor de
a todos los efectos para todos os efectos
a veces ás veces, por veces
a(l) nivel de — a(o) nivel de

— no ámbito (de), con respecto a, en termos de

Cando nos referimos á altura física, é correcta a expresión a(o) nivel de (a temperatura é maior ao nivel do mar).

En cambio non é correcta, en sentido figurado, cando se pode substituír por expresións como no ámbito de, con respecto ou similares: *as medidas aplicaranse a nivel de comunidade autónoma (= as medidas aplicaranse no ámbito da comunidade autónoma).

abogar avogar Non debe confundirse con avocar
abonar —aboar (=pagar)

—abonar (=subscribir)
—fertilizar (a terra)

Aboar e abonar teñen significados diferentes e non deben confundirse.

En galego, o equivalente do castelán abonar na acepción de botarlle á terra materias que aumenten a súa fertilidade non é abonar senón fertilizar.

abono —aboamento (=acción de aboar; pagamento)

—abono (=subscrición)
—fertilizante

Non debe confundirse aboamento con abono.

Para a acepción do castelán referida á substancia que se lle bota á terra para enriquecela non é correcto abono en galego; a palabra que se utiliza é fertilizante.

acarrear carrexar, carretar, motivar, ocasionar Non é correcto *acarrear.
acompañar —acompañar

—achegar, xuntar, presentar

Non é correcto o emprego deste verbo como transitivo no canto de achegar, xuntar, presentar, en contextos deste tipo: *Hai que acompañar unha fotocopia do DNI.

É correcto como transitivo en contextos coma estes: A instancia deberá ir acompañada de fotocopia compulsada do DNI.

acto seguido a seguir, logo
acusar recibo xustificar a recepción, avisar da recepción
acuse de recibo xustificante de recepción, aviso de recepción
adeudar —deber (=ter unha débeda)

—cargar (=anotar unha cantidade no debe dunha conta bancaria)

Non é correcto *adeudar en conta, debe dicirse cargar en conta.
adjuntar achegar, xuntar, anexar, engadir Non é correcto *adxuntar.
adjunto adxunto(a), como adxectivo É correcto o seu emprego como adxectivo en frases como o documento adxunto, a nota adxunta.

Porén, non é correcto o seu emprego na forma invariable en masculino *Adxunto remito o documento ou *Adxunto remito copia do escrito.

aduana alfándega, aduana
aforo —capacidade (dun recinto)

—contaxe (estación de)

Non é correcto *aforo.
al amparo de ao abeiro de, ao amparo de
al corriente ao día, ao corrente
al efecto de para o efecto de
al fin y al cabo ao cabo, á fin e ao cabo
al menos polo menos, cando menos, ao menos, alomenos
al objeto de co obxecto de, co fin de
al por mayor por groso, por xunto
al por menor a(o) retallo, polo miúdo
albacea testamenteiro(a)
albaceazgo testamentaría
alevosía aleivosía
alienable alleable, alienable
allanamiento (a la demanda) achantamento (ante a deman-da), conformidade (coa deman-da)
allanamiento de morada violación de domicilio, violación de morada
allanarse (a la demanda) achantar (ante a demanda), conformarse coa demanda
alquilar alugar
alquiler (acción de alquilar) alugamento, arrendamento, alugueiro, arrendo Non é correcto *aluguer.
alquiler (renta, cantidad de dinero) alugueiro, renda Non é correcto *aluguer.
alzamiento (de bienes) alzamento (de bens)
amonestar amoestar
ancho/a largo(a), ancho(a) A forma largo(a) do galego non equivale á forma largo(a) do castelán, cuxo equivalente en en galego é longo(a).
ante todo ante todo, antes de nada, en primeiro lugar, primeiro de nada
apilar empillar
aplazamiento aprazamento, adiamento
aplazar aprazar, adiar
apoderado apoderado
aportación achega, contribución Non é correcto *aportación.
aportar —aportar (=chegar a porto)

—achegar, contribuír, proporcionar, presentar

En galego o verbo aportar só se utiliza na acepción de "chegar o barco a porto".
apostilla apostila, postila
apremio constrinximento, prema
archivar arquivar
archivo —arquivo (=lugar onde se arquiva)

&·8212;arquivamento (=acción de arquivar)

asequible accesible, alcanzable Non é correcto *asequible.
atestiguar testemuñar Non é correcto *atestiguar.
aunar unir(se), sumar Non é correcto *aunar.
avalúo (de bienes) taxación (de bens), valoración (de bens)
avenencia avinza, acordo, convenio, pacto
avenir(se) avir(se)
averiguar indagar, investigar, pescudar Non é correcto *averiguar.
avocar avocar Dito dunha autoridade gober-nativa ou xudicial (un xuíz ou maxistrado), significa "atraer para si a resolución dun asunto ou causa cuxa decisión correspondería a un órgano inferior en virtude da incompetencia do tribunal en que a causa foi orixinalmente interposta".

Non debe confundirse con avogar, que ten a acepción de "interceder, manifestarse en defensa de".

↑ Voltar ↑

B

Castelán Galego Observacións
banda ancha banda larga
bastantear verificar a suficiencia Non é correcto *bastantear.
bastanteo verificación da suficiencia Non é correcto *bastanteo.
beca beca (insignia, banda), bolsa (de estudos, axuda formativa)
becario(a) bolseiro(a)
boceto bosquexo, esbozo, esquema
botiquín caixa de urxencias, depósito de medicamentos, equipamento de primeiros auxilios, botica anexa Na Lei 5/1999, de ordenación farmacéutica (DOG do 26.5.1999) recóllese a forma botica anexa como equivalente do castelán botiquín, para referirse a oficinas de farmacia instaladas en núcleos pequenos, ligadas a unha farmacia principal.
brecha digital fenda dixital, brecha dixital
bursátil bolsista
buzón caixa de correo (para o postal

caixa de entrada (para o correo electrónico)
caixa de mensaxes (para as mensaxes telefónicas)

↑ Voltar ↑

C

Castelán Galego Observacións
—calidad

—cualidad

calidade Non é correcto *cualidade.
—calificación

—cualificación

cualificación Non é correcto *calificación.
—calificar

—cualificar

cualificar Non é correcto *calificar.
canje troca, troco, intercambio Non é correcto *canxe.
canjear trocar, intercambiar, cambiar Non é correcto *canxear.
carátula cara, portada, cuberta Se se trata da carátula dun prego, empregaremos folla de especificacións do prego.
casa consistorial casa do concello, concello
casilla recadro, casa, compartimento Non é correcto *casiña.
cauce —leito (dun río)

—canle (en sentido figurado, medio para chegar a algo)

Non é correcto *cauce.
caudal —caudal (só co significado de "cantidade de auga dunha

corrente ou dun manancial")
—bens, diñeiro, capital

En galego non ten a acepción de "diñeiro, bens".
caudal hereditario masa hereditaria, bens heredi-tarios, capital hereditario
caudal público capitais públicos, bens públicos, fondos públicos
caudal relicto bens relictos
causahabiente habente causa O plural é habentes causa.
celebrar celebrar (organizar unha festa, unha reunión para conmemorar algo) É abusivo o seu emprego en contextos como celebrar unha reunión, que podemos substituír por realizar unha reunión.

Noutros contextos, aínda que a maioría das linguas xa utilizan celebrar acompañando os substantivos contrato ou convenio, tamén se poden utilizar as formas asinar, subscribir ou formalizar.

censal censual Non é correcto *censal.
cercanía proximidade Expresións como transporte de cercanías deben expresarse en galego como transporte de proximidade.
certidumbre certeza Non é correcto *certidume.
cesar cesar Malia o indicado no DRAG, este verbo é intransitivo.

Por tanto, é incorrecto dicir *O presidente cesou varios conselleiros. O correcto é: O presidente destituíu varios conselleiros, O presidente ordenou o cesamento de varios conselleiros ou mesmo Varios conselleiros cesaron (se estes cesaron por vontade propia). Así, para a fórmula castelá Decreto por el que se cesa a [...] como... o correcto é: Decreto polo que se dispón que cese [...] como... ou ben: Decreto polo que se dispón o cesamento de […] como... Tamén se pode utilizar, tanto en galego como en castelán, o verbo separar nestes contextos. Así, o artigo 62 da Constitución española, na súa alínea e), di: «Nomear e separar os membros do Goberno, por proposta do seu presidente».

cese, cesación cesamento, separación
cirugía cirurxía Non é correcto *ciruxía.
cobro cobramento, cobro
cohecho suborno Non é correcto *cofeito.
coheredero(a) coherdeiro(a)
colindante lindeiro(a), estremeiro(a),

contiguo(a)

colindar estremar, lindar
cometido (sust.) obxectivo, labor, función Non é correcto *cometido.
comunero comuneiro, copropietario, condómino
con arreglo a conforme, de acordo con, de conformidade con, consonte, segundo
con cargo a con cargo a
con creces de sobra, dabondo, por demais
con excepción de con excepción de, agás, fóra de, non sendo
con miras a con vistas a, pensando en
con objeto de co obxecto de
con respecto a con respecto a, respecto de, a respecto de, verbo de, en relación con
con sujeción a con suxeición a, aténdose a, segundo
concejal(a) concelleiro(a) Non son correctas as formas *concellal nin *concexal.
concejalía concellaría, concellería
concurrir concorrer Non é correcto *concurrir.
condueño(a) condómino(a), copropietario(a)
conflicto conflito
conllevar comportar, implicar, supor, levar consigo Non é correcto *conlevar.
conminar cominar Non é correcto *conminar.
connivencia conivencia Non é correcto *connivencia.
contemplar —contemplar (=mirar, observar)

—considerar, recoller, prever, establecer, admitir

Non é correcto *A lei contempla a posibilidade de… e si o é: A lei considera/recolle a posibilidade de… ou A lei admite/establece a posibilidade de…
convalidación validación Non é correcto *convalidación.
convalidar validar Non é correcto *convalidar.
conveniente conveniente Non é correcto *convinte.
conyugal conxugal
cónyuge cónxuxe
corredor (de comercio, de bolsa) corretor Malia que o DRAG recolle corredor, preferimos a forma corretor, fixada no Dicionario xurídico.
correduría (de seguros) corretoría (de seguros) Non debe confundirse con corretaxe.
corretaje corretaxe
cortar cortar Non é correcto *curtar, que se utiliza ás veces por analoxía con curto(a).
corto(a) curto(a)
costar custar
costas custas
coste custo Non é correcto *custe.
costumbre (s.f.) costume (s.m.)
coyuntura conxuntura
crédito —crédito (monetario)

—creto (=sona, consideración)

croquis bosquexo, esbozo Non é correcto *croquis.
cuádruple cuádruplo, cuádrupla Non é correcto *cuádruple.
cualidad calidade Non é correcto *cualidade.
cuantía contía, cuantía
cuasicontrato cuasicontrato Non é correcto *casecontrato.
cuasidelito cuasidelito Non é correcto *casedelito.
cuenca (hidrológica) bacía (hidrolóxica), cunca (hi-drolóxica)
cumplimentar —cumprimentar

—cubrir, encher, consignar (inserir datos nun documento: cubrir unha instancia)

Cumprimentar só ten en galego a acepción de "facerlle os cumprimentos ou os parabéns a alguén": Cumprimentou o embaixador e a súa dona ao chegaren ao noso país.
cupo cota Non é correcto *cupo.
curriculum vitae currículo, currículum vítae, curriculum vitae Como vemos, podemos optar pola forma moderna currículo ou pola forma latina. Neste segundo caso permítese a acentuación latina, co cal a expresión se escribe en cursiva, ou a acentuación segundo as normas de acentuación do galego, caso en que se grafa en redonda.
cursar (un expediente) tramitar (un expediente)
cursillo curso Non é correcto *cursiño.
↑ Voltar ↑

D

Castelán Galego Observacións
daños y perjuicios danos e perdas Non é correcto *danos e prexuízos.
de acuerdo con de acordo con, consonte É incorrecta a contracción da preposición de + o substantivo acordo: *dacordo.
de ahora en adelante de agora en diante, a partir de agora
de fecha (de) con data do, do día
de modo que de modo que, de xeito que, de maneira que
de su razón correspondente, da súa clase
de vez en cuando de cando en vez, de vez en cando, de cando en cando
debatir debater Non é correcto *debatir.
decomisar comisar Non é correcto *decomisar.
decomiso comiso Non é correcto *decomiso.
dedicar dedicar Non é correcto *adicar.
dejación renuncia, desistencia, abando-no, desleixo Non é correcto *deixación.
delictivo(a) delituoso(a) Non é correcto *delitivo(a).
derechohabiente habente dereito O plural é habentes dereito.
derogación derrogación
derogar derrogar
derogatorio(a) derrogatorio(a)
desahuciar desafiuzar
desahucio desafiuzamento
desarrollar —desenrolar

—desenvolver

En galego utilizamos o verbo desenrolar no sentido estrita-mente físico de desfacer ou desenvolver un rolo ou algo enrolado.

No ámbito figurado debe usarse desenvolver.

desarrollo —desenrolo

—desenvolvemento

Desenrolo emprégase exclusi-vamente para referirse ao acto físico de "desenrolar algo que está enrolado". No sentido figurado debe usarse desenvolvemento.
desavenencia desavinza Non é correcto *desavenencia.
descuelgue salarial desvinculación salarial, desen-ganche salarial Non é correcto *descolgue salarial.
desechar desbotar, rexeitar, descartar, desestimar, refugar
desecho refugallo Non é correcto *desfeito.
desglosar desagregar, detallar Non é correcto *desglosar.
desglose desagregación, detalle Non é correcto *desglose.
desguace desmantelamento Non é correcto *desguace.
desistimiento desistencia Non é correcto *desistimento.
deslinde deslindamento, deslinde
despido despedimento Non é correcto *despido.
despilfarro dilapidación Non é correcto *despilfarro.
despliegue despregamento
detentar deter Non é correcto <font color="maroon"*detentar.

Cómpre ter en conta que tanto o castelán detentar como o galego deter significan "exercer un poder ou cargo público de forma ilexítima".
Por tanto, cando o exercicio é lexítimo debemos evitar estes verbos e utilizar no seu lugar expresións como exercer.

deterioro deterioración Non é correcto *deterioro.
deuda débeda
deudor(a) debedor(a)
devaluar depreciar, desvalorizar Non é correcto *devaluar.
devengar devindicar, xerar, producir Non é correcto *devengar.

Devindicar, o mesmo que o castelán devengar, ten varias acepcións segundo o contexto de uso.
Devindicar é a forma recollida tanto no DRAG como no Dicionario xurídico galego (2011). Nalgúns contextos, pode utilizarse tamén xerar ou producir (por exemplo, unha conta bancaria produce xuros).

devengo devindicación, xeración, produ-ción Non é correcto *devengo.
dictamen ditame
dieta —dieta (=réxime alimenticio)

—axuda de custos (=axuda para gastos de viaxe e mantenza)

Cando o significado é o de remuneración, retribución, indemnización, a forma galega é axuda de custos (plural: axudas de custos). Pola contra, cando o significado é "réxime alimenticio", a forma galega coincide coa castelá dieta.
diferencia diferenza
diferenciar diferenciar Non é correcto *diferenzar./font>
dinerario en diñeiro, pecuniario, moneta-rio Non é correcto <font color="maroon"*diñeirario.
diputación deputación
diputado(a) deputado(a)
disfrutar gozar, aproveitar, desfrutar Aínda que o DRAG condena, por incorrecta, a forma desfrutar, vénse utilizando nalgúns contextos, sobre todo naqueles en que gozar ou formas similares non semellan moi acaídas.
disfrute gozo, beneficio, desfrute Aínda que o DRAG condena, por incorrecta, a forma desfrute, vénse utilizando nalgúns contextos, sobre todo naqueles en que gozo ou formas similares non semellan moi acaídas.
disminución diminución
donación doazón
donante doador(a), doante
↑ Voltar ↑

E

Castelán Galego Observacións
edicto edicto Non é correcto *edito.
empadronamiento empadroamento
empadronar empadroar
emplazamiento —emprazamento (=citación)

—localización, situación

En galego emprazamento só ten a acepción de "acción ou resultado de lle comunicar a alguén a hora, a data e o lugar dunha reunión ou cita para que acuda a ela; citación".

Non é correcto o seu emprego na acepción de "lugar onde está colocado algo ou alguén". Nesta debemos empregar palabras como localización ou situación.

emplazar —emprazar (=citar)

—localizar, situar

En galego emprazar só ten a acepción de "citar". Non é correcto o seu emprego na acepción de "poñer algo nun determinado lugar". Nesta debemos empregar palabras como localizar ou situar.
en aras a, en aras de de cara a, a prol de, para
en base a con base en, de acordo con, consonte, segundo, baseándose en, tendo en conta Non é correcto *en base a.
en calidad de en calidade de, como
en consideración a tendo en conta, considerando
en cuanto a en canto a, tocante a, en rela-ción con, verbo de
en evitación de para evitar
en lo sucesivo no sucesivo, de agora en diante, a partir de agora
en méritos de de acordo con, segundo
en orden a para, co fin de, verbo de, tocan-te a
en relación con, con relación a con relación a, en relación con Non é correcto *en relación a.
en resumidas cuentas en resumo, en definitiva Non é correcto *en resumidas contas.
en su caso se é o caso, de ser o caso, se for o caso, se procede Non é correcto *no seu caso.

Hai contextos en que é pres-cindible.

en su defecto de non o haber, na súa ausen-cia, na súa falta
en su día no seu día, no seu momento, cando corresponda
en vista a de cara a
enajenación —alleamento (=cesión ou venda)

—alienación (=trastorno mental)

Non é correcto *enaxenación.

Para referirnos ao trastorno mental, en galego falamos de alienación.

enajenar allear Non é correcto *enaxenar.
encausar abrir causa, procesar Non é correcto *encausar.
endeudamiento endebedamento
enjuiciamiento axuizamento, procesamento Non é correcto *enxuizamento.
enjuiciar axuizar, procesar, xulgar Non é correcto *enxuizar.
enmendar emendar
enmienda emenda
ensañamiento asañamento Non é correcto *ensañamento.
entablar emprender, promover, inter-por, presentar (un recurso de inconstitucionalidade, unha demanda etc.) Non é correcto *entablar.
entorno contorno, contorna, ámbito, ambiente Non é correcto *entorno.

En función do contexto empregaremos palabras como contorno, ámbito, ambiente etc.

entresuelo, entreplanta entresollado, entreplanta Non é correcto *entresolo nin *entrechán.
estación de aforo estación de contaxe Non é correcto *estación de aforo.
estancia —estadía, estada, estancia

—estanza (=estrofa)

estar (a lo dispuesto) aterse (ao disposto), observar (o disposto), atender (ao disposto) Non é correcto *estar ao disposto.
estudio —estudo (=acción de estudar)

—estudio (=local)

Estudo é o "feito de estudar, investigación, conxunto de

materias que se estudan". Estudio é a palabra que designa o "lugar en que se estuda ou traballa": estudio de arquitectura; estudio de televisión.

evacuar —evacuar (=desocupar)

&#8212cumprir (un trámite)
—emitir (un informe)

É correcto co significado de "baleirar de xente un lugar debido a un perigo". Porén, non é correcto en galego co significado de "cumprir un trámite" ou "emitir un informe".
extender (un acta, un documento) estender, redactar
extremar extremar Non debe confundirse extremar con estremar, que ten o significado de "marcar as es-tremas ou lindes dunha propiedade".
extremo —extremo (=final dunha cousa)

—asunto, materia, tema

Non é correcto o emprego de *extremo co significado de "asunto, materia de que se trata".

Non debe confundirse extrema con estrema, que ten o significado de "linde".

↑ Voltar ↑

F

Castelán Galego Observacións
fallar —fallar (=errar, equivocarse)

—decidir, resolver, ditaminar, xulgar

Co significado de "resolver un preito un xuíz(a)" ou o de "adxudicar un premio un xurado" non é correcto en galego *fallar. Usaremos resolver, ditaminar, xulgar, decidir.
fallo —fallo (=erro, equivocación)

—decisión, resolución, sentenza, ditame

Co significado de "resolución que toma un xuíz(a) ou un xurado" non é correcto en galego *fallo. Empregaremos resolución, sentenza, decisión ou ditame. Como parte da sentenza en que se emite a resolución podemos empregar a expresión parte dispositiva.
falsedad falsidade Non é correcto *falsedade.
fecha data Non é correcto *fehaciente nin *fehacente.
fehaciente fidedigno(a), que dá fe, que fai fe Non é correcto *fehaciente nin *fehacente.
fin fin Aínda que o DRAG considera esta palabra de dobre xénero, masculino e feminino, en calquera das súas acepcións, vénse utilizando con xénero femimino (a fin) cando equivale a "remate, termo" (a fin de semana; a fin do prazo) e con xénero masculino (o fin) cando equivale a "finalidade, obxectivo" (o fin non xustifica os medios).
financiación (fem.) financiamento (masc.) Non é correcto *finanzamento</fon>.
financiero financeiro Non é correcto *financieiro</fon>./font>
finca —predio

—leira, terreo, parcela

Co significado de "ben rexistrable" utilizaremos sempre predio (un piso é un predio). Ora ben, cando se refire a un terreo, pode ser traducido por leira, terreo ou parcela.
finiquito quitanza O Dicionario xurídico galego, na entrada relativa á Extinción do contrato de traballo por mutuo acordo alude á quitanza cando expresa: «Aínda que a declaración de vontade das partes mediante a cal acordan a terminación da relación pode ser expresa ou tácita e, no primeiro caso, verbal ou escrita, normalmente adopta esta última forma, incorporándose á denominada quitanza (finiquito), que procede realizar con ocasión da extinción do contrato e que debe axustarse aos requisitos que estableza o convenio colectivo aplicable».

Non debe confundirse a quitanza coa liquidación.

firma —sinatura, firma, asinamento

—firma (=empresa)

Para referirnos a unha empresa ou razón comercial só utilizaremos firma, mentres que para a acepción de "nome ou trazo característico escrito polo seu posuidor nun documento, como garantía da súa autenticidade ou da súa autoría" se emprega habitualmente sinatura, aínda que firma tamén é correcto.
firmante asinante, firmante
firmar asinar, firmar
fraude (masc.) fraude (fem.)
↑ Voltar ↑

G

Castelán Galego Observacións
garantizar garantir
generador xerador Non é correcto *xenerador.
generalidad xeneralidade Non é correcto *xeralidade.
generalizar xeneralizar Non é correcto *xeralizar.
generar xerar É incorrecto *xenerar.
goce gozo (véxase disfrute) Non é correcto *goce.
grabar gravar En galego ten esta única forma para calquera dos significados do castelán grabar e gravar.
gradación, graduación gradación, graduación Aínda que tanto en castelán como en galego tenden a usarse indistintamente nalgúns contextos, teñen acepcións diferentes (véxanse os respectivos dicionarios académicos).
grado —grao (=nivel, escala)

—grado (=boa aceptación)

graduar graduar
gravamen gravame
guarda garda
guardia garda
gubernamental gobernamental
gubernativo gobernativo
↑ Voltar ↑

H

Castelán Galego Observacións
hábeas corpus hábeas corpus, habeas corpus Esta expresión pode escribirse baixo a forma latina, caso en que se pon en cursiva e sen acento. Pero, ao tratarse dunha expresión moi consolidada, adoita

escribirse en redonda e con acento.

haber lugar proceder Non é correcta a expresión *haber lugar.
habida cuenta dado que, tendo en conta que Non é correcta a expresión *habida conta.
hallar achar
hallazgo achado Non é correcto *achádego.
haz feixe Feixe emprégase en galego coas mesmas acepcións que o castelán haz (feixe luminoso, feixe de protóns...)
heredar herdar
heredero(a) herdeiro(a)
herencia herdanza
hermandad irmandade
hijuela anexo Utilízase no ámbito dos trans-portes, coa acepción de "camiño anexo ou subordinado a outro principal".
hoja de aprecio folla de valoración, folla de taxación
huella pegada, pisada, impresión dixital En sentido metafórico tamén se poden utilizar sinal e testemuño.
↑ Voltar ↑

I

Castelán Galego Observacións
impago impagamento, falta de paga-mento, non pagamento
inalienable inalleable, inalienable
incertidumbre incerteza Non é correcto *incertidume.
incumplimiento incumprimento
incurrir incorrer
informar —informar (=dar información)

—emitir informe

Como transitivo equivale exclusivamente a "dar información" (deberá informar os traballadores dos postos de

traballo vacantes). Non é correcto, por tanto, o seu emprego como transitivo co significado de "emitir informe". Por tanto, non debemos empregar *informar unha resolución nin, en consecuencia *resolución informada favorablemente. A forma correcta nestes casos é emitir informe sobre unha resolución e resolución con informe favorable ou resolución obxecto de informe favorable.

inscribible inscritible Non é correcto *inscribible.
insertar inserir Non é correcto *insertar.
instar instar (alguén para facer algo) A construción correcta deste verbo require que se introduza un complemento directo de persoa seguido da preposición para: Instaron o conselleiro para que resolva o conflito. Por tanto, é incorrecta unha construción como *instaron a resolución do conflito.
interés interese

xuro

Para referirnos á importancia ou valor que unha cousa suscita utilizaremos interese. Para nos referir ao diñeiro producido ou pagado, a forma correcta é xuro, que se usa sobre todo en plural.
interesar solicitar
interfaz (s.m.) interface (s.f.)
interrumpir interromper
interviniente interveniente Non é correcto *intervinte.
intrusismo intrusión Non é correcto *intrusismo.
inversión —inversión (=acción de inverter)

—investimento (=acción de investir)

inversor(a) investidor(a) Non é correcto *inversor(a).
invertir —inverter (=dar a volta)

—investir (=aplicar diñeiro a unha finalidade)

IVA (impuesto sobre el valor añadi-do) IVE (imposto sobre o valor en-gadido)
↑ Voltar ↑

J

Castelán Galego Observacións
joven mozo(a), rapaz(a), novo(a) As formas *xove e *xoven non son correctas en galego. Porén, por calco de estruturas do castelán que inclúen o adxectivo joven, hoxe en galego hai sintagmas xa moi consolidados que inclúen as formas espurias: carné xove, Xove Orquestra de Galicia etc.
justificante xustificante (de recepción), resgardo, recibo
justiprecio prezo xusto Non é correcto *xustiprezo.
juzgar xulgar, axuizar Non é correcto *xuzgar.
↑ Voltar ↑

K

Castelán Galego Observacións
kilo, kilogramo quilo, quilogramo
kilolitro quilolitro
kilómetro quilómetro
kilovatio quilowatt Non é correcto *quilovatio.
kilovoltio quilovolt Non é correcto *quilovoltio.
↑ Voltar ↑

L

Castelán Galego Observacións
largo(a) longo(a) Debe terse en conta que a forma galega largo(a) equivale á castelá ancho(a).
legajo mazo Non é correcto *legaxo.
lejano(a) afastado(a), distante Non é correcto *lonxano(a).
librar (certificación) expedir (certificación), redactar
libreta Non é correcto *libreta.
libreta marítima cédula de inscrición marítima
licencia licenza Non é correcto *licencia.
liderazgo liderado Non son correctos *liderazgo, *liderádego nin *liderato.
lindante lindeiro(a), estremeiro(a)
listado lista, listaxe Non é correcto utilizar *listado como substantivo; si como adxectivo (un xersei listado).
listín (telefónico) listaxe (telefónica)
llanamente sinxelamente, directamente
llanta pina, lamia
llevanza (de un registro, de un archivo...) mantemento, conservación, xestión (dun rexistro, dun ar-quivo...) Malia ser correcto o verbo levar non o é o sustantivo *levanza.
↑ Voltar ↑

M

Castelán Galego Observacións
manzana (de casas) cuarteirón, quinteiro
marcado (s.m.) marcación, marcaxe (s.f.)
marchamo marca identificativa, selo de chumbo
máster máster, mestrado Aínda que se chegou a divulgar a forma adaptada ao galego mestrado, a forma fixada polo Consello de Universidades é master. Por tanto, esta é a forma que debe utilizarse nos textos oficiais.
mayorista grosista, comerciante por xunto Non é correcto *maiorista.
mecenazgo mecenado Non é correcto *mecenazgo nin *mecenádego.
medio ambiente ambiente, medio (natural) Malia que a expresión *medio ambiente é condenada, tanto en galego coma noutros idiomas, está moi divulgado o seu emprego, mesmo na denominación de organismos, co cal o seu emprego se acabou considerando tolerable.
medioambiental ambiental
membrete cabeceira
memorándum memorando
mercancía mercadoría, mercancía
mermar minguar Non é correcto *mermar.
minorista retallista, comerciante polo miúdo
minusvalía, discapacidad minusvalidez, discapacidade O concepto antes expresado en castelán como minusvalía debe expresarse en galego como minusvalidez. Porén, nas dúas linguas, o actual concepto legal exprésase baixo a palabra discapacidad / discapacidade.
montante (cuantía) montante
mostrenco mostrengo, sen dono(a)
muestral (varianza muestral) de mostras (varianza de mos-tras)
muestreo mostraxe, toma de mostras Non é correcto *mostreo.
↑ Voltar ↑

N

Castelán Galego Observacións


↑ Voltar ↑

Ferramentas persoais
Xunta de Galicia