Modelo:Portada01

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
Liña 17: Liña 17:

OBSERVACIÓN:

Como se poderá observar, o manual presenta algunhas partes «en elaboración». Os contidos correspondentes estarán dispoñibles en breve.

Por outra banda, o material editado debe darse por definitivo, aínda que se seguirán introducindo algunhas modificacións que afectan a presentación final. Isto pode dar lugar a algúns cambios entre o texto actual e o definitivo, que en ningún caso invalidarán as regras e recomendacións actuais do manual.

<noinclude>[[Categoría:Wikipedia:Plantillas portada galego]]</noinclude>
<noinclude>[[Categoría:Wikipedia:Plantillas portada galego]]</noinclude>

Revisión como estaba o 7 de agosto de 2014 ás 10:05

Presentación

O Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes (DOG núm. 241, do 17.12.2010) regula a creación do Diario Oficial de Galicia (DOG) na súa edición electrónica e dota esta de validez xurídica, polo que terá carácter oficial, auténtico e único.

En desenvolvemento deste decreto, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ditou a Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia e se determina a súa posta en funcionamento (DOG núm. 83, do 29.4.2011).

A disposición adicional única da citada orde establece que «a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ditará a resolución de aprobación do manual de estilo do DOG, que será publicada no DOG e mais na súa páxina web. A partir da súa aprobación e publicación, os envíos ao DOG deberán facerse segundo as normas do citado manual».

A resolución que aproba o manual aparece publicada no DOG núm. 134, do 13 de xullo de 2012. Nela establécese a ampliación dos contidos do manual a outro tipo de publicacións, logo do Acordo neste sentido do Consello da Xunta, na súa reunión do día 29 de de xuño de 2012.

Este manual de estilo responde, por tanto, a unha encomenda normativa e tamén á necesidade derivada de pór por escrito unhas pautas de estilo claras, que axuden a facer das publicacións institucionais un produto de calidade.

O manual está editado nun formato wikimedia. Este soporte facilita que os seus contidos se poidan modificar e actualizar de forma permanente, o que a converte nunha ferramenta perdurable. Ademais, é adecuada para o traballo en equipo, xa que poden traballar con ela varias persoas ao mesmo tempo.

Esta obra é eminentemente práctica. Por tanto, non se ofrecen unha ortografía nin unha gramática completas, xa fixadas, por outra parte, en obras específicas deste tipo. A idea foi ofrecerlles ás persoas responsables de redactar, corrixir e maquetar os textos normas concretas para aplicar ao DOG e a outras publicacións institucionais, con casos específicos e exemplos a través dos cales se procurou mostrar a excepción ou a norma.

Ferramentas persoais
Xunta de Galicia