Números, datas e horas
De Manual de Estilo DOG
(→Puntuación e espazos na escrita dos números) |
|||
Liña 122: | Liña 122: | ||
Os anos cítanse cos catro números: | Os anos cítanse cos catro números: | ||
- | |||
- |
Revisión como estaba o 26 de xuño de 2012 ás 11:56
Páxinas principais |
Índice |
Números cardinais
Os números cardinais pódense escribir con algarismos (cifras) ou en letra (por exemplo, 60 ou sesenta). A clareza e a concisión aconsellan escribilos da primeira forma, por iso a regra xeral para o tipo de textos que manexamos é que se deben escribir, en xeral, con algarismos.
Pódense escribir con letra nos seguintes casos:
• Números de menos de tres palabras no medio dun texto non técnico e cos cales non se vaian facer operacións.
- Ao cabo de cinco anos houbo que facer reformas
• Números de máis de tres palabras , xunto cos algarismos e entre parénteses, en cantidades monetarias.
- 1 345 EUR (mil trescentos corenta e cinco euros)
• A palabra millóns pódese escribir en letra cando se trata de cantidades aproximadas. Se son cantidades exactas escríbense en algarismos e suprímese a preposición de antes do nome da unidade:
50 millóns de habitantes 8 590 642 euros
• As medidas de calquera clase de magnitude ou cantidades de calquera cousa (tempo, distancia, extensión etc.) cando van seguidas do nome da unidade, pódense escribir en letra, pero non cando van seguidas do símbolo ou da abreviatura desa mesma unidade; así, é incorrecta a secuencia sesenta km.
Seguidas do nome da unidade | Seguidas do símbolo |
---|---|
sesenta quilómetros, 60 quilómetros | 60 km |
tres quilos, 3 quilos | 3 kg |
sete por centro, 7 por centro | 7 % |
cinco horas, 5 horas | 5 h |
• O día do mes e o ano nas datas dalgúns documentos, como os decretos.
- tres de maio de dous mil doce
• Cando forman parte de topónimos e nomes de rúas.
- Sete Camiños; Dúas Igrexas; rúa Vinte e Cinco de Xullo;
- barrio do Vinte e Un
Números ordinais e partitivos
Os números ordinais e partitivos escríbense sempre en letras, non sendo que se trate de números de identificación dun texto:
- […]diminución proporcional do salario entre un oitavo e a metade da duración da xornada
- Falecemento dun familiar de terceiro grao
- Sección 1ª
Puntuación e espazos na escrita dos números
O sistema internacional de unidades (SI) recomenda que os números superiores á unidade se escriban en grupos de tres, cada serie separada por un espazo. As casas decimais sepáranse con coma sen espazo; tampouco se separan con espazos as cifras dos decimais.
Para introducir o espazo cun procesador de texto débese utilizar a combinación de teclas correspondente ao espazo fixo ou protexido, que ten como finalidade que o número non poida quedar separado en distintas liñas (no procesador Word de Microsoft o espazo fixo é Alt + 0160 ou control+maiúscula barra espazadora). Se non se pode utilizar o espazo fixo, porase no seu lugar un punto.
- 123 344,5343 ou 123.344,5343
Escríbense sen espazos os números de elementos pospostos aos substantivos a que se refiren usados para identificar un elemento dentro dunha serie, e os anos.
- cuarto 317, páxina 27585, artigo 212, ano 2010
As medidas de temperaturas, distancias, porcentaxes etc. seguidas dun símbolo ou calquera cantidade seguida dunha abreviatura van separadas por un espazo fixo do símbolo da unidade de medida que se utilice. Os graos dun ángulo e de alcohol non van separados por espazo, pero si os graos centígrados (V. símbolos):
3 % 250 g ángulo de 90° 25 °C 2 vols.
Nas coordenadas xeográficas tampouco se separan as cifras dos símbolos de grao, minuto e segundo:
42° 4ʹ 49.61″ N 8° 45ʹ 41.94″ W
Anos e períodos plurianuais
Os anos cítanse cos catro números: