Números, datas e horas

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Anos e períodos plurianuais)
Liña 122: Liña 122:
Os anos cítanse cos catro números:
Os anos cítanse cos catro números:
 +
 +
 +
ano 2009 
 +
Decreto 80/2000 non Decreto 80/00
 +
Cando se indica un período abranguido por dous ou máis anos, as catro cifras dos dous anos citados, primeiro e último, sepáranse por un trazo:
 +
período 1984-2009
 +
Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 
 +
 +
Os períodos entre dous anos, é dicir que comprenden parte dun ano e parte do seguinte, cítanse coas catro cifras do primeiro ano e, neste caso,  só as  dúas últimas do segundo, separadas por barra:
 +
campaña agrícola 1998/99
 +
curso académico 2008/09
 +
ano hidrolóxico 2007/08

Revisión como estaba o 26 de xuño de 2012 ás 12:10

Páxinas principais


Índice

Números cardinais

Os números cardinais pódense escribir con algarismos (cifras) ou en letra (por exemplo, 60 ou sesenta). A clareza e a concisión aconsellan escribilos da primeira forma, por iso a regra xeral para o tipo de textos que manexamos é que se deben escribir, en xeral, con algarismos.

Pódense escribir con letra nos seguintes casos:

Números de menos de tres palabras no medio dun texto non técnico e cos cales non se vaian facer operacións.

Ao cabo de cinco anos houbo que facer reformas

Números de máis de tres palabras , xunto cos algarismos e entre parénteses, en cantidades monetarias.

1 345 EUR (mil trescentos corenta e cinco euros)

A palabra millóns pódese escribir en letra cando se trata de cantidades aproximadas. Se son cantidades exactas escríbense en algarismos e suprímese a preposición de antes do nome da unidade:

50 millóns de habitantes 8 590 642 euros

As medidas de calquera clase de magnitude ou cantidades de calquera cousa (tempo, distancia, extensión etc.) cando van seguidas do nome da unidade, pódense escribir en letra, pero non cando van seguidas do símbolo ou da abreviatura desa mesma unidade; así, é incorrecta a secuencia sesenta km.

Seguidas do nome da unidade Seguidas do símbolo
sesenta quilómetros, 60 quilómetros 60 km
tres quilos, 3 quilos 3 kg
sete por centro, 7 por centro 7 %
cinco horas, 5 horas 5 h

O día do mes e o ano nas datas dalgúns documentos, como os decretos.

tres de maio de dous mil doce

Cando forman parte de topónimos e nomes de rúas.

Sete Camiños; Dúas Igrexas; rúa Vinte e Cinco de Xullo;
barrio do Vinte e Un
↑ Voltar ↑

Números ordinais e partitivos

Os números ordinais e partitivos escríbense sempre en letras, non sendo que se trate de números de identificación dun texto:

[…]diminución proporcional do salario entre un oitavo e a metade da duración da xornada
Falecemento dun familiar de terceiro grao
Sección 1ª
↑ Voltar ↑

Puntuación e espazos na escrita dos números

O sistema internacional de unidades (SI) recomenda que os números superiores á unidade se escriban en grupos de tres, cada serie separada por un espazo. As casas decimais sepáranse con coma sen espazo; tampouco se separan con espazos as cifras dos decimais.

Para introducir o espazo cun procesador de texto débese utilizar a combinación de teclas correspondente ao espazo fixo ou protexido, que ten como finalidade que o número non poida quedar separado en distintas liñas (no procesador Word de Microsoft o espazo fixo é Alt + 0160 ou control+maiúscula barra espazadora). Se non se pode utilizar o espazo fixo, porase no seu lugar un punto.

123 344,5343 ou 123.344,5343

Escríbense sen espazos os números de elementos pospostos aos substantivos a que se refiren usados para identificar un elemento dentro dunha serie, e os anos.

cuarto 317, páxina 27585, artigo 212, ano 2010

As medidas de temperaturas, distancias, porcentaxes etc. seguidas dun símbolo ou calquera cantidade seguida dunha abreviatura van separadas por un espazo fixo do símbolo da unidade de medida que se utilice. Os graos dun ángulo e de alcohol non van separados por espazo, pero si os graos centígrados (V. símbolos):

3 % 250 g ángulo de 90° 25 °C 2 vols.

Nas coordenadas xeográficas tampouco se separan as cifras dos símbolos de grao, minuto e segundo:

42° 4ʹ 49.61″ N 8° 45ʹ 41.94″ W
↑ Voltar ↑


Anos e períodos plurianuais

Os anos cítanse cos catro números:


ano 2009 Decreto 80/2000 non Decreto 80/00 Cando se indica un período abranguido por dous ou máis anos, as catro cifras dos dous anos citados, primeiro e último, sepáranse por un trazo: período 1984-2009 Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015

Os períodos entre dous anos, é dicir que comprenden parte dun ano e parte do seguinte, cítanse coas catro cifras do primeiro ano e, neste caso, só as dúas últimas do segundo, separadas por barra: campaña agrícola 1998/99 curso académico 2008/09 ano hidrolóxico 2007/08

Ferramentas persoais
Xunta de Galicia