Nomes numerais (números)

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 22 de febreiro de 2011 ás 19:35 por Dogadmin (Conversa | contribucións)

Páxinas principais

Índice

Números en letras

Os números escríbense de forma estendida, con letras, nos seguintes casos:

  • Os números ata nove, inclusive, por haber apenas un algarismo:
(…) e en dous xornais dos de maior circulación (…)
Exceptúanse os números dunha única cifra cando aparecen en listas.
  • As cantidades que se correspondan con sancións, indemnizacións, orzamentos, inversións etc. ou coa especificación do número de días para prazos, deben ir na súa forma estendida expresada en letras, e, a seguir, a forma en algarismos entre parénteses:
(…) a obriga de satisfacer, en concepto de multa coercitiva, a cantidade de trescentos sesenta euros e sesenta e un céntimos (360,61 €) (…)
Importe total: dezanove millóns oitocentos vinte e dous mil trescentos noventa e catro euros con cincuenta e nove céntimos (19.822.394,59 €), IVE incluído.
Sanción proposta: tres mil cinco euros con sete céntimos de euro (3.005,07 €).
e) Prazo de execución/entrega: vinte (20) días naturais desde a formalización do contrato.
  • Cando se expresen cantidades de tempo (anos, meses etc.):
(…) no prazo máximo de dous meses (…)
  • Cando se trate de cantidades aproximadas:
(…) non faltar máis de doce anos para pasar (…)
  • Cando os números vaian acompañados da palabra vez ou veces:
(…) intentada a notificación persoal dúas veces (…)

Algarismos árabes

Os números escríbense con algarismos árabes nos seguintes casos:

  • Os números maiores de nove:
Máximo 20 puntos (…)
  • As cantidades que se correspondan con sancións, indemnizacións, orzamentos, inversións etc. ou coa especificación do número de días para prazos, deben ir na súa forma estendida expresada en letras, e, a seguir, a forma en algarismos entre parénteses:
(…) a obriga de satisfacer, en concepto de multa coercitiva, a cantidade de trescentos sesenta euros e sesenta e un céntimos (360,61 €) (…)
Importe total: dezanove millóns oitocentos vinte e dous mil trescentos noventa e catro euros con cincuenta e nove céntimos (19.822.394,59 €), IVE incluído.
Sanción proposta: tres mil cinco euros con sete céntimos de euro (3.005,07 €).
e) Prazo de execución/entrega: vinte (20) días naturais desde a formalización do contrato.
Por cuestións de espazo e lexibilidade poderán existir excepcións a esta regra (moitas cantidades nun parágrafo).
  • Cando se mostra unha relación de elementos:
Lote 1: turismos (25).
Lote 2: motocicletas (14).
Lote 3: vehículos todoterreo (15).
  • Coas porcentaxes:
(…) reducirase nun 25% (…)
  • Cos cardinais que aparecen acompañando os textos oficiais, artigos, páxinas, apartados, rúas, edificios etc.:
(…) no artigo 7º da Lei 9/2007, do 13 de xuño (…)
(…) na rúa Gutiérrez Mellado nº 3, 2º andar (…)
  • Coas medidas e magnitudes físicas:
(…) L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 529 metros (…)
  • Nos anos e os días do mes nas datas e nas indicacións horarias:
(…) as 13.00 horas do día 10 de decembro de 2010 (…)
  • En números de expedientes e semellantes:
(…) expedientes INC-OU-171/2010-VNA e INCOU-180/2010-LSA (…)

Numeración romana

A numeración romana utilízase maiormente nos seguintes casos:

  • Nos títulos das seccións, no sumario e na cabeceira (centrado e en negra) que anuncia o comezo da sección:
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
  • Acompañando a palabra anexo cando anuncia o comezo da súa sección (centrado na columna e en cursiva) e cando se cita no corpo do texto:
ANEXO I
(…) que se inclúen como anexo I (…)
  • Cando se cita o número dun capítulo, título, edición, base etc. que así se numera orixinalmente:
(…) o capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000 (…)
  • Cando forman parte dun nome propio, de nomes de estradas ou cando denominan séculos e certas unidades e demarcacións militares:
(…) na rúa Xoán XXIII (…)
(…) con domicilio social na estrada N-VI (…)
(…) metade do século XX (…)

Puntuación

  • Nas cifras, como elemento separador entre enteiros e decimais:
IVE: 26.680,75 euros.
- 0,25 puntos por coñecemento da lingua galega.
  • Deben eliminarse os decimais cando son igual a cero:
  • 27,00 € → 27 €
Poden especificarse os decimais iguais a cero en táboas ou textos en que figuran outras cantidades relacionadas con decimais:
G36118768 Asociación de Amas de Casa (...) 1.162,24
G36584894 Asociación de Mulleres (...) 270,00
  • Os números de conta, de teléfono e de fax non levan puntos e van con espazos:
0000 0000 00 000000000
(…) a través dos números de teléfono 981 54 62 46 ou 981 54 62 54, ou fax: 981 54 63 39 (…)
Ferramentas persoais