Normas xerais de todos os textos

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Letra maiúscula)
(Letra cursiva)
Liña 72: Liña 72:
* Os títulos de obras literarias e de arte en xeral: <font color="#0066cc">''Longa noite de pedra''</font>; <font color="#0066cc">''Pranto pola muller caída''</font>...
* Os títulos de obras literarias e de arte en xeral: <font color="#0066cc">''Longa noite de pedra''</font>; <font color="#0066cc">''Pranto pola muller caída''</font>...
-
* Os nomes propios de aeronaves, naves, armas, ciclóns etc.: o buque <font color="#0066cc">''Prestige''</font>, o ciclón <font color="#0066cc">''Claus''</font>... Nesta epígrafe incluímos tamén as denominacións de bateas e permisos mineiros, que aparecen con moita frecuencia no DOG: <font color="#0066cc">autorización para transmisión da concesión da batea ''Farruquiña''</font>; <font color="#0066cc">explotación da concesión mineira ''A Farixa''</font> etc.
+
* Os nomes propios de aeronaves, naves, armas, ciclóns etc.: <font color="#0066cc">o buque ''Prestige''</font>, <font color="#0066cc">o ciclón ''Claus''</font>... Nesta epígrafe incluímos tamén as denominacións de bateas e permisos mineiros, que aparecen con moita frecuencia no DOG: <font color="#0066cc">autorización para transmisión da concesión da batea ''Farruquiña''</font>; <font color="#0066cc">explotación da concesión mineira ''A Farixa''</font> etc.
* As voces e locucións latinas: <font color="#0066cc">''a fortiori''</font>, <font color="#0066cc">''ab initio''</font>, <font color="#0066cc">''erga omnes''</font>... Con todo, expresaranse en redonda aquelas locucións que xa estean moi consolidadas, tanto en galego coma en castelán: <font color="#0066cc">per cápita</font>, <font color="#0066cc">déficit</font>, <font color="#0066cc">currículum vítae</font> etc.
* As voces e locucións latinas: <font color="#0066cc">''a fortiori''</font>, <font color="#0066cc">''ab initio''</font>, <font color="#0066cc">''erga omnes''</font>... Con todo, expresaranse en redonda aquelas locucións que xa estean moi consolidadas, tanto en galego coma en castelán: <font color="#0066cc">per cápita</font>, <font color="#0066cc">déficit</font>, <font color="#0066cc">currículum vítae</font> etc.

Revisión como estaba o 12 de xullo de 2012 ás 12:02

Páxinas principais

Índice

Contido desta sección

Aquí recollemos unha serie de pautas de estilo, no tocante a aspectos formais, que se aplicarán na edición do DOG. Moitas das noras de estilo son tamén aplicables a outros textos institucionais.

Os formatos fixados refírense ao produto final, é dicir, aos textos xa publicados. Pero, obviamente, moitas das cuestións poden ser aplicadas polos publicadores na redacción dos orixinais. O resto serán revisadas e, de ser o caso, corrixidas no Servizo de Tradución e na fase de maquetación do DOG.

↑ Voltar ↑

Formato electrónico

  • Os documentos de texto que se envíen para publicar no DOG serano en formatos compatibles con Microsoft Word de Office 2010, coas extensións .doc ou .docx.
  • As táboas e relacións poderán ter a extensión .xls (Microsoft Excel).
  • En todo caso, os documentos deberán ser sempre enviados en formatos editables e convertibles para a edición.
  • Só excepcionalmente se admitirán imaxes, que se reproducirán no DOG tal como foron enviadas. Nestes casos, é inescusable que o organismo responsable da elaboración das imaxes vele pola corrección lingüística dos textos que tales imaxes poidan conter (en cuestións xerais de lingua e noutras como a toponimia). De non ser así, os textos remitidos ao DOG poderán ser devoltos para a súa corrección.
  • Cando no texto se introduzan enlaces de acceso a páxinas web, cómpre asegurarse de que efectivamente leven o lector á páxina a que fan mención (por exemplo, para cubrir un formulario).
↑ Voltar ↑

Tipo de letra, interliñado e xustificación

  • Nos documentos que se envíen ao DOG utilizarase o tipo de letra Arial, redonda e de tamaño 11; un interliñado de 15 pt e xustificación completa.
  • Só en casos xustificados se poderá facer excepción ás normas anteriores.
↑ Voltar ↑

Letra maiúscula

Respecto do uso da maiúscula en inicial de palabra, véxase o punto correspondente das normas lingüísticas ( Uso de minúsculas e maiúsculas nas Normas de estilo e redacción).

En canto ao emprego noutros contextos, é importante ter en conta:

  • Expresaranse con todos os caracteres en maiúscula:
  • A primeira palabra do sumario dos documentos: ORDE do 10 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras...; RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2011 pola que se lles da publicidade ás axudas; ANUNCIO de información pública etc.
  • Nos acrónimos só se expresará en maiúscula a primeira letra: Inega, Sergas, Seaga etc. Para máis detalles, véxase o capítulo correspondente á abreviación.
  • Excepcionalmente, palabras que aparezan deste xeito en formularios.
  • Non se admite o emprego da maiúscula en todas as letras de palabras e sintagmas fóra dos casos anteriores, como sucede con moita frecuencia en edictos de xulgados, en que aparecen deste xeito os nomes e apelidos das persoas citadas.
  • Nas táboas admitirase transitoriamente o emprego de caracteres maiúsculos en nomes, apelidos, enderezos etc. se, por razóns de prazos, non se poden transformar a minúsculas. Con todo, deberase tender ao uso da minúscula, con carácter xeral, nas táboas. Ademais, cómpre ter en conta que a norma lingüística obriga a acentuar tamén as letras maiúsculas.
↑ Voltar ↑

Letra cursiva

Expresaranse en cursiva:

  • O sumario completo das disposicións e anuncios. Neste caso poranse en redonda aquelas expresións que, nun texto redactado en redonda, deban ir en cursiva.
  • O título dos artigos dunha disposición normativa.
  • Os nomes dos boletíns oficiais e das publicacións periódicas: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado, La Vanguardia etc. Nos boletíns oficiais das provincias só se expresan en cursiva (e en maiúsculas inicial) as palabras Boletín Oficial: Boletín Oficial da provincia de Lugo, Boletín Oficial da provincia da Coruña...
  • Os nomes científicos de animais e vexetais: Canis lupus; Pinus pinaster...
  • Os títulos de obras literarias e de arte en xeral: Longa noite de pedra; Pranto pola muller caída...
  • Os nomes propios de aeronaves, naves, armas, ciclóns etc.: o buque Prestige, o ciclón Claus... Nesta epígrafe incluímos tamén as denominacións de bateas e permisos mineiros, que aparecen con moita frecuencia no DOG: autorización para transmisión da concesión da batea Farruquiña; explotación da concesión mineira A Farixa etc.
  • As voces e locucións latinas: a fortiori, ab initio, erga omnes... Con todo, expresaranse en redonda aquelas locucións que xa estean moi consolidadas, tanto en galego coma en castelán: per cápita, déficit, currículum vítae etc.
  • As palabras non galegas, en textos en galego, ou non castelás, en textos neste idioma, cando non estean aínda asimiladas: background, clearing, lobby... Pero expresaranse en redonda aquelas que xa estean integradas: club, estándar, interfaz etc.

Non se escribirán en cursiva:

  • Os nomes de institucións, centros de ensino, empresas e edificios: o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; o IES Rosalía de Castro; o CEIP Curros Enríquez; a empresa Alimentos Cruz del Sur, S.A. etc.
  • Os títulos de obras normativas ou legais: o Código civil, a Lei de axuizamento criminal, a Lei orgánica do Tribunal Constitucional ...

Nas epígrafes referidas a sumario, artigos, seccións e subseccións aparecen referencias máis detalladas sobre a utilización da letra cursiva.

↑ Voltar ↑

Letra negra ou grosa

Escríbense en letra negra ou grosa:

  • Os encabezamentos dos títulos, capítulos e anexos.
  • Excepcionalmente, certas expresións en formularios que poidan utilizala para destacar algún contido.

Nas epígrafes referidas a cabeceira, títulos, capítulos e anexos aparecen referencias máis concretas sobre o emprego da letra negra.

↑ Voltar ↑

Letra versaleta

A letra versaleta non se emprega nos textos que se publican no DOG, aínda que, excepcionalmente, se permite o seu uso en documentos anexos que conteñan este formato e nas citas de textos antigos do DOG en que poida aparecer.


↑ Voltar ↑
Ferramentas persoais