Normas xerais de todos os textos

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 23 de marzo de 2011 ás 12:34 por Dogadmin (Conversa | contribucións)

Páxinas principais

Índice

Criterios lingüísticos xerais

Os textos débense redactar nun nivel de linguaxe culto, pero ao mesmo tempo accesible, de xeito claro, preciso e sinxelo. A claridade e sinxeleza exixen respectar a orde normal dos elementos da oración, prescindir de hipérbatos e evitar todo aquilo que, sen achegar precisións de contido, complique ou recargue innecesariamente a redacción: perífrases superfluas (“ser de aplicación” por “aplicarse”), parellas de sinónimos léxicos e sintácticos (“cumprimento dos fins e das funcións establecidos”), epítetos triviais (“axeitada cobertura” ou “axeitada publicidade”). Nesa liña, evitarase o uso de formas de pasiva para aqueles casos en que o galego ten nas oracións activas a súa forma máis adecuada de expresión: (“…polo Pleno do Concello acordouse” no canto de “…o Pleno do Concello acordou” ou “as taxas aboáronse polos interesados” en lugar de “os interesados aboaron as taxas”).

Formato electrónico

Os documentos enviaranse en formatos compatibles con Microsoft Word de Office 2010, con extensións .doc ou .docx. As táboas e relacións poderán ter a extensión .xls. No seu defecto, os documentos deberán ser sempre enviados en formatos editables e convertibles para a edición.

Tipo de letra

Na totalidade dos documentos que se envíen ao DOG deberase utilizar como tipo de letra Arial que, salvo as excepcións que neste documento se nomearán explicitamente, será redonda de tamaño 11.

Interliñado

Excepto no caso de excepcións concretas e que serán debidamente nomenadas e explicadas neste documento, na totalidade dos documentos que se envíen ao DOG deberase utilizar un espazamento de 1,5 entre liñas.

Xustificación

Na totalidade dos documentos que se envíen ao DOG, salvo as excepcións que neste documento se nomearán explicitamente, deberase utilizar xustificación completa.

Letra Cursiva

É aconsellable referirse aos apartados Sumario ou Título, Fórmula Introdutoria, Artigos e Apéndice de Nomes propios para encontrar unha descrición detallada de cada un dos elementos para os cales se debe utilizar a letra cursiva.

Letra negra

É aconsellable referirse aos apartados Elementos_constantes_da_estrutura_xeral_dos_textos#Cabeceira, Subdivisións dos textos normativos e Anexos para encontrar unha descrición detallada de cada un dos elementos para os cales se debe utilizar a letra cursiva.

Letra versaleta

A letra versaleta é un recurso de formatación que xa non se empregará na nova versión electrónica do DOG. Permitirase só o seu uso en documentos anexos, que así estean formatados, e nas citas de textos antigos do DOG en que aínda estaba vixente o seu uso.

Ferramentas persoais