Os idiomas galego e castelán no Diario Oficial de Galicia

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Criterios para a aplicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego)
(Lista das denonimacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas existentes na actualidade)

(Non se mostran 30 revisións do historial.)
Liña 62: Liña 62:
== Criterios para a aplicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego ==
== Criterios para a aplicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego ==

As [[Media:Normas_galego05-1.pdf‎  | Normas ortográficas e morfolóxicas]], aprobadas en 1982 pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG), foron modificadas en 2003.

As vixentes [[Media:Normas_galego05-1.pdf‎  | Normas ortográficas e morfolóxicas]], aprobadas en 1982 pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG), foron modificadas en 2003.

O texto modificado de 2003 posibilita, nalgúns casos, a escolla entre diferentes opcións. Por un principio de harmonización, para a publicación no ''Diario Oficial de Galicia'' (DOG) establécense os seguintes criterios:

As Normas posibilitan, nalgúns casos, a escolla entre varias opcións. Por un principio de harmonización, para a publicación no ''Diario Oficial de Galicia'' (DOG) establécense os seguintes criterios:

:1. Utilización da terminación ''–ble'' (e non ''–bel''): ''accesible, aceptable, recomendable,''...

:1. Utilización da terminación ''–ble'' (e non ''–bel''): ''accesible, aceptable, recomendable''...

:2. Terminación ''–aría'' (e non ''–ería''): ''carpintaría, enxeñaría, gandaría,''...  Exceptúase, por razóns de extensión de uso, a palabra ''consellería''. Ademais, cómpre ter en conta que as palabras ''batería, galantería, galería''  e ''mercería'' presentan unicamente a terminación ''–ería''.

:2. Terminación ''–aría'' (e non ''–ería''): ''carpintaría, enxeñaría, gandaría''...  Exceptúase, por razóns de extensión de uso, a palabra ''consellería''. Ademais, cómpre ter en conta que as palabras ''batería, galantería, galería''  e ''mercería'' presentan unicamente a terminación ''–ería''.

:3. Utilización das formas con ''-x-x-'' (e non ''–s-x-''): ''exaxerar, exixir, oxíxeno,''...

:3. Utilización das formas con ''-x-x-'' (e non ''–s-x-''): ''exaxerar, exixir, oxíxeno''...

:4. As formas ''dende'', ''desde'' utilizaranse indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.

:4. As formas ''dende'', ''desde'' utilizaranse indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.

:5. As formas ''ata'' e ''até'' utilizaranse tamén indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.

:5. As formas ''ata'' e ''até'' utilizaranse tamén indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.

:6. No caso de optar polas formas ''pór'' ou ''poñer'' e as súas formas derivadas (''antepor, apor, compor, contrapor, depor, descompor,dispor, expor, impor, indispor, opor, predispor, presupor, propor, repor, recompor, supor,  superpor, traspor, xustapor'') será indiferente o seu uso aínda que cómpre manter a coherencia en todo o texto.

:6. Poderanse usar indistintamente  as formas ''pór'' ou ''poñer'' e as súas formas derivadas (''antepor/antepoñer, apor/apoñer, compor/compoñer, contrapor/contrapoñer, depor/depoñer, descompor/descompoñer, dispor/dispoñer, expor/expoñer, impor/impoñer...''). Con todo, manterase a coherencia en todo o texto.

:7. Nas estruturas comparativas non se utilizarán as formas contractas senón as formas ''ca'' ou ''que'' + artigo: ''máis que na actualidade'' (e non ''máis ca na actualidade''); ''maior que no turismo en xeral'' (e non ''maior ca no turismo en xeral'').

:7. Nas estruturas comparativas, daráselle preferencia á conxunción ''que'' fronte á conxunción ''ca''. Por tanto, no encontro co artigo utilizaranse as secuencias ''que o'', ''que a'', ''que os'' e ''que as'' e non as formas '''', ''cá'', ''cós'' e ''cás'': ''máis que na actualidade'' (e non ''máis ca na actualidade''); ''maior que no turismo'' (e non ''maior ca no turismo''); ''máis que a norma'' (e non ''máis cá norma''),...

:8. Con respecto ao artigo determinado, non se utilizará a segunda forma do artigo en ningún escrito, coa excepción do caso en que o seu uso é obrigatorio (''polo''). No resto dos casos escribirase a forma plena do artigo, isto é: ''a, o, as, os''. Escribiremos, por tanto: ''todos os, ambos os, tras os,  mais os, aprobar as normas, cubrir o expediente,'' ...

:8. Con respecto ao artigo determinado, non se utilizará a segunda forma do artigo en ningún escrito, coa excepción do caso en que o seu uso é obrigatorio (''polo''). No resto dos casos escribirase a forma plena do artigo, isto é: ''a, o, as, os''. Escribiremos, por tanto: ''todos os, ambos os, tras os,  mais os, aprobar as normas, cubrir o expediente,'' ...

:9. Para os nomes dos días utilizaranse as denominacións ''luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo''. As formas ''segunda feira, terza feira, cuarta/corta feira, quinta feira'' e ''sexta feira'' só se utilizarán cando se transcriban partes de textos que as empreguen.

:9. Para os nomes dos días utilizaranse as denominacións ''luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado'' e ''domingo''''. As formas ''segunda feira, terza feira, cuarta/corta feira, quinta feira'' e ''sexta feira'' só se utilizarán cando se transcriban partes de textos que as empreguen.

:10. Contraccións:

:10. Contraccións:

::10.1. Empregaremos a forma ''ao'' para a contracción de ''a'' + ''o'', e o correspondente plural ''aos'' para a contracción de ''a'' + ''os''.

::10.1. Empregarase a forma ''ao'' para a contracción de ''a'' + ''o'', e o correspondente plural ''aos'' para a contracción de ''a'' + ''os''.

::10.2. No caso da contracción da preposición co numeral ''un, unha'' manteremos a forma contraída: ''no prazo dun mes''. Utilizarase a forma sen contraer na series en que sexa preciso remarcar o significado do numeral: ''de un a varios meses''.

::10.2. No caso da contracción da preposición co numeral ''un, unha'' manterase a forma contraída: ''no prazo dun mes''. Utilizarase a forma sen contraer nas series en que sexa preciso remarcar o significado do numeral: ''de un a varios meses''.

OBSERVACIÓN: Os criterios enunciados serán de aplicación máis flexible nas publicacións distintas do DOG, onde se respectarán as opcións lingüísticas dos redactores.

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>
Liña 183: Liña 186:

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

=== Áreas de indicación xeográfica e denominacións de orixe ===

=== Denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas ===

'''En elaboración'''

A denominación de orixe é un tipo de indicación xeográfica que se aplica a un produto agrícola ou alimenticio cuxa calidade ou característica fundamental se debe ao medio xeográfico en que se produce, transforma e elabora. Ten a función de protexer legalmente certos elementos dunha determinada zona, ao tempo que os seus produtores se comprometen a manter a calidade e os usos tradicionais de produción.

A indicación xeográfica protexida é un nome utilizado para designar un produto agrícola, alimenticio ou doutro tipo que posúe unha orixe xeográfica determinada e cuxa calidade ou reputación se debe ao dito lugar de orixe. Habitualmente consiste no nome da localidade, zona ou lugar de orixe de tal produto. Trátase dun distintivo que verifica que os produtos con selo (IXP) se atopan na lista de produtos agroalimentarios de orixe e cualidades certificadas, protexidos polas normas da Unión Europea.

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

==== Forma de citalas no DOG e noutras publicacións ====

As denominacións de orixe e as indicacións xeográficas de produtos alimenticios existentes en Galicia presentan variedade en canto á lingua en que se expresan: algunhas teñen a súa forma de denominación só en galego, outras só en castelán e outras nas dúas linguas. Nalgúns casos, a forma é coincidente en galego e castelán, aínda que varía o xenérico (''indicación xeográfica protexida Pan de Cea'' / ''indicación geográfica protegida Pan de Cea'', por exemplo).

En consecuencia, no DOG e no resto de publicacións institucionais aplicarase o seguinte criterio:

*As que teñan a denominación só nun idioma ou cuxa expresión coincida en galego e castelán, expresaranse nel calquera que sexa a lingua en que estea redactado o texto. O correspondente xenérico expresarase en galego ou castelán segundo a lingua de redacción: ''denominación de orixe Rías Baixas'' / ''denominación de origen Rías Baixas''; ''indicación xeográfica protexida Ternera Gallega'' / ''indicación geográfica protegida Ternera Gallega''; ''denominación de orixe Valdeorras'' / ''denominación de origen Valdeorras.

*As que teñan fixada a denominación nos dous idiomas, expresaranse en galego ou en castelán segundo a lingua de redacción dos textos: ''denominación de orixe Queixo Tetilla'' / ''denominación de origen Queso Tetilla''; ''indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia'' / ''indicación geográfica protegida Patata de Galicia''.

Un caso á parte merecen aqueles textos en que nos esteamos a referir a algo relativo ao propio nome (por exemplo, un artigo do regulamento no que se está a falar da protección do nome fronte a terceiros). Neste caso debemos escribir as dúas formas, separadas por unha barra ou pola conxunción ''ou'' e poñer entre comiñas a forma que está no idioma que non corresponde co do resto do texto en que se insire: ''o Regulamento da denominación de orixe Pataca de Galicia''/''Patata de Galicia prevé sancións...''; ''en Galicia ya está registrada la indicación geográfica Orujo de Galicia o «Augardente de Galicia»''; etc.

==== Lista das denonimacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas existentes na actualidade ====

*'''Viños'''

{| style="border-collapse: separate; border-spacing: 0; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #ccccff; padding: 10;" cellpadding="10"

! style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Só en galego ou con forma coincidente en galego e castelán

! style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Nas dúas linguas

| style="border-style: solid; border-width: 0 1px 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Monterrei (Denominación de orixe)

– Rías Baixas (Denominación de orixe)

– Ribeira Sacra (Denominación de orixe)

– Ribeiro (Denominación de orixe)

– Valdeorras (Denominación de orixe)

– Barbanza e Iria (Indicación xeográfica protexida)

– Betanzos (Indicación xeográfica protexida)

| style="border-style: solid; border-width: 0 0 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Val do Miño-Ourense / Valle del Miño-Ourense (Indicación xeográfica protexida)

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

*'''Bebidas espirituosas'''

{| style="border-collapse: separate; border-spacing: 0; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #ccccff; padding: 10;" cellpadding="10"

! style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Coincidente en galego e castelán

! style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Nas dúas linguas

| style="border-style: solid; border-width: 0 1px 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Licor Café de Galicia (Indicación xeográfica)

| style="border-style: solid; border-width: 0 0 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Augardente de Galicia / Orujo de Galicia (Indicación xeográfica)

– Augardente de Herbas de Galicia / Aguardiente de Hierbas de Galicia (Indicación xeográfica)

– Licor de Herbas de Galicia / Licor de Hierbas de Galicia (Indicación xeográfica)

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

*'''Queixos'''

{| style="border-collapse: separate; border-spacing: 0; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #ccccff; padding: 10;" cellpadding="10"

! style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Só en galego ou con forma coincidente en galego e castelán

! style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Nas dúas linguas

| style="border-style: solid; border-width: 0 1px 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Arzúa-Ulloa (Denominación de orixe protexida)

– Cebreiro (Denominación de orixe protexida)

– San Simón da Costa (Denominación de orixe protexida)

| style="border-style: solid; border-width: 0 0 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Queixo Tetilla / Queso Tetilla (Denominación de orixe protexida)

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

*'''Cárnicos'''

{| style="border-collapse: separate; border-spacing: 0; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #ccccff; padding: 10;" cellpadding="10"

! style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Só en castelán

! style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Nas dúas linguas

| style="border-style: solid; border-width: 0 1px 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Lacón Gallego (Indicación xeográfica protexida)

– Ternera Gallega (Indicación xeográfica protexida)

| style="border-style: solid; border-width: 0 0 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Vaca e Boi de Galicia / Vaca y Buey de Galicia (Indicación xeográfica protexida)

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

*'''Produtos de horta'''

{| style="border-collapse: separate; border-spacing: 0; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #ccccff; padding: 10;" cellpadding="10"

! style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Só en galego

! style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Nas dúas linguas

| style="border-style: solid; border-width: 0 1px 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Pemento de Herbón (Denominación de orixe protexida)

– Pemento do Couto (Indicación xeográfica protexida)

– Pemento da Arnoia (Indicación xeográfica protexida)

– Pemento de Oímbra (Indicación xeográfica protexida)

– Faba de Lourenzá (Indicación xeográfica protexida)

– Castaña de Galicia (Indicación xeográfica protexida)

– Grelos de Galicia (Indicación xeográfica protexida)

| style="border-style: solid; border-width: 0 0 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Pataca de Galicia / Patata de Galicia (Indicación xeográfica protexida)

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

*'''Produtos de panadaría e pastelaría'''

{| style="border-collapse: separate; border-spacing: 0; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #ccccff; padding: 10;" cellpadding="10"

! style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Coincidente en galego e castelán

! style="border-style: solid; border-width: 0 0 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Só en castelán

| style="border-style: solid; border-width: 0 1px 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Pan de Cea (Indicación xeográfica protexida)

| style="border-style: solid; border-width: 0 0 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Tarta de Santiago (Indicación xeográfica protexida)

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

*'''Outros'''

{| style="border-collapse: separate; border-spacing: 0; border-width: 1px; border-style: solid; border-color: #ccccff; padding: 10;" cellpadding="10"

! style="border-style: solid; border-width: 0 1px 1px 0; border-color: #ccccff; background:#ccccff" width="50%"| Nos dous idiomas

| style="border-style: solid; border-width: 0 1px 0 0; border-color: #ccccff" valign="top" align="justify" | – Mexillón de Galicia / Mejillón de Galicia  (Denominación de orixe protexida)

– Mel de Galicia / Miel de Galicia (Indicación xeográfica protexida)

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude>

Revisión actual feita o 29 de xuño de 2017 ás 07:43

Páxinas principais

Índice

Introdución

Distintas disposicións normativas dispoñen a publicidade das normas como un dos principios xerais do dereito garantidos pola artigo 9.3 da Constitución.

Por outra banda, a evolución dos medios tecnolóxicos levou a Xunta de Galicia a aprobar o Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Este decreto regula a creación do Diario Oficial de Galicia (DOG) na súa edición electrónica, que terá carácter oficial, auténtico e único, e dótaa de validez xurídica.

En desenvolvemento deste decreto, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ditou a Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia e se determina a súa posta en funcionamento (DOG núm. 83, do 29.4.2011). No seu artigo 12 precisa os documentos que poden ser obxecto de publicación:

Publícanse no DOG as leis de Galicia e as normas, disposicións de carácter xeral, acordos, resolucións, edictos, notificacións, anuncios e demais actos do Parlamento de Galicia, do Goberno, da Administración xeral da Xunta de Galicia, da Administración de xustiza e doutras administracións, entes e organismos públicos, así como anuncios de particulares, nos supostos en que o determine o ordenamento xurídico e unha vez que as persoas facultadas para ordenar a súa inserción os envíen á entidade xestora nos termos que determina esta orde.

Neste sentido, e en aplicación do réxime de cooficialidade lingüística, o artigo 5 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón:

As leis de Galicia, os decretos lexislativos, as disposicións normativas e as resolucións oficiais da Administración pública galega publicaranse en galego e castelán no Diario Oficial de Galicia.

Este manual de estilo elaborouse, precisamente, para cumprir coas demandas de corrección lingüística enunciadas. Nel daremos pautas dirixidas a evitar erros frecuentes mediante un recordatorio das normas ortográficas e morfolóxicas. Tamén coidamos necesario recordar as regras gramaticais básicas e aquelas prescricións que permitan unificar criterios idiomáticos alí onde hai opinións distintas, manter a regularidade da lingua e establecer estándares técnicos e de organización na produción de textos.

Por outra banda, do carácter bilingüe do Diario Oficial de Galicia derivan consideracións como as que expomos nas páxinas seguintes.

A citada Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia contén varias referencias á materia lingüística. Estas son algunhas:

Artigo 8. Características do DOG
1. O DOG numérase de forma correlativa con independencia do ano de publicación e publícase en galego e en castelán. As dúas versións teñen carácter oficial. [...]
É responsabilidade do organismo ou entidade publicadores garantir a correspondencia entre as dúas versións, sen prexuízo do labor de cotexo que realice o Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de que este, ante posibles discrepancias, acomode unha versión á outra. [...]

Artigo 12.3: Os documentos que deban publicarse no DOG deben reproducirse tal como fosen entregados polos remitentes, e non se poden modificar salvo que estes o autoricen de forma fidedigna. Isto sen prexuízo do establecido no artigo 15 respecto da revisión e cotexo previos dos documentos enviados para publicar e da introdución das pertinentes correccións lingüísticas e ortotipográficas.

Artigo 15.1: Os órganos pertinentes do Parlamento de Galicia, da Administración da Xunta de Galicia, da Administración de xustiza e das administracións, os entes e os organismos públicos correspondentes, así como os particulares que poidan publicar anuncios nos supostos que determina o ordenamento xurídico, deben velar pola adecuación formal e lingüística dos textos que envíen para publicar no DOG. Para este efecto, poden solicitar o asesoramento do Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
↑ Voltar ↑

A normativa ortográfica do galego e do castelán

A redacción en cada unha das linguas oficiais exixe ter en conta as normas e recomendacións ditadas polas respectivas academias, nos planos ortográfico, morfolóxico, gramatical e léxico.

Para o galego rexen as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, actualizadas en 2003. Poden consultarse nos seguintes enderezos da internet:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf (versión reducida) http://www.realacademiagalega.org/recursos/ (versión completa, con explicacións)

Para cuestións léxicas pode consultarse o dicionario en liña no enderezo web:

http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=

Para o castelán rexe a Ortografía de la lengua española, actualizada en 2010, que incorpora novidades como as que se expoñen na versión en castelán deste manual.

↑ Voltar ↑

Criterios para a aplicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

As vixentes Normas ortográficas e morfolóxicas, aprobadas en 1982 pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG), foron modificadas en 2003.

As Normas posibilitan, nalgúns casos, a escolla entre varias opcións. Por un principio de harmonización, para a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) establécense os seguintes criterios:

1. Utilización da terminación –ble (e non –bel): accesible, aceptable, recomendable...
2. Terminación –aría (e non –ería): carpintaría, enxeñaría, gandaría... Exceptúase, por razóns de extensión de uso, a palabra consellería. Ademais, cómpre ter en conta que as palabras batería, galantería, galería e mercería presentan unicamente a terminación –ería.
3. Utilización das formas con -x-x- (e non –s-x-): exaxerar, exixir, oxíxeno...
4. As formas dende, desde utilizaranse indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.
5. As formas ata e até utilizaranse tamén indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.
6. Poderanse usar indistintamente as formas pór ou poñer e as súas formas derivadas (antepor/antepoñer, apor/apoñer, compor/compoñer, contrapor/contrapoñer, depor/depoñer, descompor/descompoñer, dispor/dispoñer, expor/expoñer, impor/impoñer...). Con todo, manterase a coherencia en todo o texto.
7. Nas estruturas comparativas, daráselle preferencia á conxunción que fronte á conxunción ca. Por tanto, no encontro co artigo utilizaranse as secuencias que o, que a, que os e que as e non as formas , , cós e cás: máis que na actualidade (e non máis ca na actualidade); maior que no turismo (e non maior ca no turismo); máis que a norma (e non máis cá norma),...
8. Con respecto ao artigo determinado, non se utilizará a segunda forma do artigo en ningún escrito, coa excepción do caso en que o seu uso é obrigatorio (polo). No resto dos casos escribirase a forma plena do artigo, isto é: a, o, as, os. Escribiremos, por tanto: todos os, ambos os, tras os, mais os, aprobar as normas, cubrir o expediente, ...
9. Para os nomes dos días utilizaranse as denominacións luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo. As formas segunda feira, terza feira, cuarta/corta feira, quinta feira e sexta feira só se utilizarán cando se transcriban partes de textos que as empreguen.
10. Contraccións:
10.1. Empregarase a forma ao para a contracción de a + o, e o correspondente plural aos para a contracción de a + os.
10.2. No caso da contracción da preposición co numeral un, unha manterase a forma contraída: no prazo dun mes. Utilizarase a forma sen contraer nas series en que sexa preciso remarcar o significado do numeral: de un a varios meses.
OBSERVACIÓN: Os criterios enunciados serán de aplicación máis flexible nas publicacións distintas do DOG, onde se respectarán as opcións lingüísticas dos redactores.
↑ Voltar ↑

Cómpre evitar as interferencias entre linguas

Non poucas veces, a redacción en dúas linguas provoca interferencias de distinto tipo. Cómpre un especial esforzo para evitalas: tempos simples en galego/compostos en castelán (entregueino hai pouco/lo he entregado hace poco); xénero distinto dalgunhas palabras ou distinto determinante (a ponte/el puente; el acta/a acta); distinta colocación do pronome átono (déronlle instrucións/le dieron instrucciones); perífrases verbais (non deron atopado/no consiguieron encontrar); léxico (concello/ayuntamiento; bolsa/beca; axuda de custo/dieta; desenvolvemento/desarrollo…).

↑ Voltar ↑

Tradutores automáticos e correctores

Para axilizar os traballos de tradución dun idioma oficial a outro contamos con tradutores automáticos. Agora ben, cómpre non esquecer que as máquinas non poden ter nunca a última palabra. E que toda tradución saída do tradutor automático debe ser revisada a conciencia para evitar imprecisións e incorreccións de tipo gramatical e léxico.

En canto ao corrector, serve para cuestións ortográficas pero non para as gramaticais ou léxicas. E cómpre ter coidado coas opcións que nos poida ofrecer, pois ás veces dános alternativas só por proximidade fónica, sen ter en conta o significado. Por exemplo, se utilizamos a expresión incorrecta *a traverso de, o corrector márcaa e ofrece a alternativa a traveso de, e se poñemos *plantexe, o corrector indícanos unha posible substitución por plántelle, porque son as expresións formalmente máis próximas. Por outra banda, pode haber expresións correctas que o corrector nos sinale como incorrectas. Neste caso trátase de expresións pouco usuais que o corrector non ten no seu dicionario pero que son correctas.

↑ Voltar ↑

Os contidos deben expresarse, salvo excepcións, na lingua de redacción

Cómpre aplicarmos un principio xeral de que todos os conceptos deben ser expresados na lingua en que redactamos.

En aplicación deste principio, na edición en galego do DOG expresaremos neste idioma:

• Os organismos de calquera administración, tanto galega como central ou doutras comunidades autónomas: o Ministerio de Facenda; o Tribunal de Contas; a Consellería de Facenda de Andalucía;...
• As denominacións das autoridades e cargos: o rei de España; o presidente do Goberno; a ministra de Sanidade e Asuntos Sociais; o director xeral de Institucións Penitenciarias;...
• As normas estatais: a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; o Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social,...

E na versión en castelán expresaranse neste idioma:

• Os organismos galegos: la Dirección General de Salud Pública; el Consejo de la Cultura Gallega; la Subdirección General de Régimen Jurídico; el Consejo Consultivo;...
• As denominacións de autoridades e cargos de Galicia: la presidenta del Parlamento de Galicia; el Valedor del Pueblo; la directora general de Presupuestos;...
• As normas galegas: la Ley 12/2011, de 26 de diciembre, de medidas fiscales y administrativas; el Decreto 87/2012, de 23 de febrero, por el que se aprueba el Plan de Emergencia Exterior del depósito de lodos rojos de Alcoa, en Xove;...

Aínda así, esta pauta xeral ten as súas excepcións ou dá lugar ás veces a vacilacións. A seguir, establecemos algúns criterios de aplicación nas publicacións oficiais:

↑ Voltar ↑

Expresións fixadas só en galego ou noutra lingua oficial

• As expresións Xunta de Galicia, consellería, Consello de la Xunta e conselleiro/a mantéñense na súa forma en galego na versión en castelán, aínda que se expresa neste último idioma a área de goberno respectiva: el conselleiro de la Presidencia, Administraciones Públicas y Justicia;...
• Algunhas institucións non galegas de ámbito autonómico, de circulación frecuente en medios de comunicación, adoitan manterse na lingua propia: Generalitat de Cataluña; Generalitat Valenciana; Ertzaintza; Junta de Andalucía; ... Con todo, non ten por que considerarse incorrecto o seu emprego en forma adaptada ao galego: Xeneralidade de Cataluña; Xunta de Andalucía;...
↑ Voltar ↑

Denominación dos entes públicos autonómicos

Na denominación das entidades integrantes do sector público autonómico aplícanse os seguintes criterios:

1. Expresaranse en galego ou en castelán, segundo o idioma en que redactemos, os seguintes:

a) Os organismos autónomos: Academia Galega de Seguridade Pública / Academia Gallega de Seguridad Pública; Escola Galega de Administración Pública / Escuela Gallega de Administración Pública; Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral / Instituto Gallego de Seguridad y Salud Laboral; Servizo Galego de Saúde / Servicio Gallego de Salud; Tribunal Galego de Defensa da Competencia / Tribunal Gallego de Defensa de la Competencia...
b) As entidades de dereito público (acompañadas, ás veces, do xenérico, que se expresará en minúscula): Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable / Centro Informático para la Gestión Tributaria, Económico-Financiera y Contable; Consello Económico e Social de Galicia / Consejo Económico y Social de Galicia; Consello Galego de Relacións Laborais / Consejo Gallego de Relaciones Laborales; Instituto Enerxético de Galicia / Instituto Energético de Galicia; Instituto Galego de Calidade Alimentaria / Instituto Gallego de Calidad Alimentaria; ente público Portos de Galicia / ente público Puertos de Galicia...
c) Os consorcios. Nalgúns casos, a palabra consorcio forma parte da denominación e debe, por tanto, escribirse con maiúscula inicial, como en Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar / Consorcio Gallego de Servicios de Igualdad y Bienestar. Noutros casos, a palabra consorcio funciona como xenérico e escríbese con minúscula inicial: o consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia / el consorcio Agencia para la Calidad del Sistema Universitario de Galicia; o consorcio Instituto de Estudos Turísticos / el consorcio Instituto de Estudios Turísticos...
d) As axencias públicas: Axencia Galega das Industrias Culturais / Agencia Gallega de las Industrias Culturales; Axencia de Protección da Legalidade Urbanística / Agencia de Protección de la Legalidad Urbanística; Axencia Galega de Desenvolvemento Rural / Agencia Gallega de Desarrollo Rural; Axencia Galega de Emerxencias / Agencia Gallega de Emergencias...

2. Expresaranse nun só idioma, aquel en que estean creados ―xeralmente o galego― os seguintes:

a) As sociedades mercantís ou empresariais públicas (con distinto grao de participación da Comunidade Autónoma): Augas de Galicia; Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A.; Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.; Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.; Galicia Calidade, S.A; Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.; Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.; Sociedade Anónima Xestora Bantegal; Sociedade de Imaxe e Promoción Turística Galicia, S.A. ; Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.; Xesgalicia S. Xestora Entidades de Capital Risco, S.A.; Xestión Plan Xacobeo, S.A.; Xestur A Coruña, S.A.; Xestur Lugo, S.A.; Xestur Ourense, S.A.; Xestur Pontevedra, S.A. ...
b) As fundacións do sector público autonómico:
b.1) En castelán: Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar).
b.2) En galego: Fundación Cidade da Cultura; Fundación Deporte Galego; Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra Chá (e todas as fundacións comarcais); Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense -Expourense; Fundación Feiras e Exposicións para o Desenvolvemento de Galicia–Fexdega; Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico; Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Cesga); Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía (Ingo); Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas); Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia–061; Fundación Galega da Formación para o Traballo...
↑ Voltar ↑

Denominación das comunidades autónomas

A denominación das comunidades autónomas farase respectando o topónimo orixinal (Castilla y León, Extremadura, La Rioja,...) e expresando en galego ou castelán, segundo a lingua de redacción, o xenérico que acompaña este: A Comunidade Autónoma de Castilla y León / La Comunidad Autónoma de Castilla y León; a Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia / la Comunidad Autónoma de la Región de Murcia;....

↑ Voltar ↑

Entidades non públicas

Na denominación das entidades non públicas respectarase en xeral, nas dúas versións, a forma en que foron inscritas no rexistro respectivo ou aquela en que circulan habitualmente.

Concretamente, aplicaremos os seguintes criterios:

Empresas privadas

• Expresaranse, nas dúas versións, no nome con que están rexistradas, mesmo que conteñan erros ou topónimos en forma non oficial: Xestión e Desenvolvemento Suelo Galego; Enxebre; Grumbarsa Siglo XXI; Caudi Trucks, S.L.; Didaka Lasa Baztarrika; Port Vigo, S.L.; Electra del Jallas, S.A.; Compañía de Tranvías de La Coruña, S.A.; Transportes Finisterre;...

Asociacións (profesionais, de veciños, de nais e pais etc.), fundacións, federacións e confederacións non deportivas, comisións, sindicatos, organizacións non gobernamentais etc.

• En xeral expresaranse, tanto na versión en galego como en castelán, co nome rexistrado ou con aquel de circulación habitual, mesmo que este conteña, como ás veces sucede, incorreccións: Asociación de Consumidores Galegos; Asociación Cultural Amigos del Camino de Santiago de Sureste; Asociación de Empresas del Cerramiento; Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores; Asocación Galega de Empresas Consultoras; Asociación Gallega de Pizarristas; Asociación de Veciños O Rumbo; Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Fundación Asilo de la Santísima Virgen del Carmen, Fundación para os Investimentos de Orixe Galega, Fundación Casa de la Caridad; Federación de Asociaciones de Minusválidos Físicos de Lugo; Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia; Federación de Usuarios del Puerto de Vigo; Federación Ornitológica Regional Gallega; Amnistía Internacional del Estado Español; Asemblea de Cooperación pola Paz; Asociación Galicia Terra de Acollida; Asociación Ledicia Cativa; Manos Unidas; Asociación Unificada de Guardias Civiles; Comisións Labregas; Central Sindical Independiente y de Funcionarios; Sindicato Gallego de Profesionales del Espectáculo;...
• En todo caso, a lexislación sobre fundacións de interese galego establece que na denominación deberá figurar sempre a palabra Fundación.

OBSERVACIÓN: Respecto destas entidades, é responsabilidade de cada publicador reproducir a forma con que estean rexistradas ou figuren nos respectivos expedientes. No DOG publicaranse da forma en que veñan expresadas en cada versión.

Colexios profesionais

• Son corporacións de dereito público. En función disto, aplicaremos o mesmo criterio que para os organismos da Administración, é dicir, expresaranse en galego ou castelán segundo o idioma en que redactemos: Colegio de Axentes Comerciais / Colegio de Agentes Comerciales; Colegio de Aparejadores y Arquitectos Técnicos / Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos; Colexio de Axudantes Técnicos Sanitarios / Colegio de Ayudantes Técnicos Sanitarios,...

Federacións deportivas

• En galego e castelán, segundo o idioma de redacción: Federación Galega de Patinaxe / Federación Gallega de Patinaje; Federación Galega de Piragüismo / Federación Gallega de Piragüismo; Federación Galega de Fútbol Sala / Federación Gallega de Fútbol Sala,...
↑ Voltar ↑

Denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas

A denominación de orixe é un tipo de indicación xeográfica que se aplica a un produto agrícola ou alimenticio cuxa calidade ou característica fundamental se debe ao medio xeográfico en que se produce, transforma e elabora. Ten a función de protexer legalmente certos elementos dunha determinada zona, ao tempo que os seus produtores se comprometen a manter a calidade e os usos tradicionais de produción.

A indicación xeográfica protexida é un nome utilizado para designar un produto agrícola, alimenticio ou doutro tipo que posúe unha orixe xeográfica determinada e cuxa calidade ou reputación se debe ao dito lugar de orixe. Habitualmente consiste no nome da localidade, zona ou lugar de orixe de tal produto. Trátase dun distintivo que verifica que os produtos con selo (IXP) se atopan na lista de produtos agroalimentarios de orixe e cualidades certificadas, protexidos polas normas da Unión Europea.

↑ Voltar ↑

Forma de citalas no DOG e noutras publicacións

As denominacións de orixe e as indicacións xeográficas de produtos alimenticios existentes en Galicia presentan variedade en canto á lingua en que se expresan: algunhas teñen a súa forma de denominación só en galego, outras só en castelán e outras nas dúas linguas. Nalgúns casos, a forma é coincidente en galego e castelán, aínda que varía o xenérico (indicación xeográfica protexida Pan de Cea / indicación geográfica protegida Pan de Cea, por exemplo).

En consecuencia, no DOG e no resto de publicacións institucionais aplicarase o seguinte criterio:

• As que teñan a denominación só nun idioma ou cuxa expresión coincida en galego e castelán, expresaranse nel calquera que sexa a lingua en que estea redactado o texto. O correspondente xenérico expresarase en galego ou castelán segundo a lingua de redacción: denominación de orixe Rías Baixas / denominación de origen Rías Baixas; indicación xeográfica protexida Ternera Gallega / indicación geográfica protegida Ternera Gallega; denominación de orixe Valdeorras / denominación de origen Valdeorras.
• As que teñan fixada a denominación nos dous idiomas, expresaranse en galego ou en castelán segundo a lingua de redacción dos textos: denominación de orixe Queixo Tetilla / denominación de origen Queso Tetilla; indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia / indicación geográfica protegida Patata de Galicia.

Un caso á parte merecen aqueles textos en que nos esteamos a referir a algo relativo ao propio nome (por exemplo, un artigo do regulamento no que se está a falar da protección do nome fronte a terceiros). Neste caso debemos escribir as dúas formas, separadas por unha barra ou pola conxunción ou e poñer entre comiñas a forma que está no idioma que non corresponde co do resto do texto en que se insire: o Regulamento da denominación de orixe Pataca de Galicia/Patata de Galicia prevé sancións...; en Galicia ya está registrada la indicación geográfica Orujo de Galicia o «Augardente de Galicia»; etc.

Lista das denonimacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas existentes na actualidade

• Viños
Só en galego ou con forma coincidente en galego e castelán Nas dúas linguas
Monterrei (Denominación de orixe)

Rías Baixas (Denominación de orixe)

Ribeira Sacra (Denominación de orixe)

Ribeiro (Denominación de orixe)

Valdeorras (Denominación de orixe)

Barbanza e Iria (Indicación xeográfica protexida)

Betanzos (Indicación xeográfica protexida)

Val do Miño-Ourense / Valle del Miño-Ourense (Indicación xeográfica protexida)
↑ Voltar ↑
• Bebidas espirituosas
Coincidente en galego e castelán Nas dúas linguas
Licor Café de Galicia (Indicación xeográfica) Augardente de Galicia / Orujo de Galicia (Indicación xeográfica)

Augardente de Herbas de Galicia / Aguardiente de Hierbas de Galicia (Indicación xeográfica)

Licor de Herbas de Galicia / Licor de Hierbas de Galicia (Indicación xeográfica)

↑ Voltar ↑
• Queixos
Só en galego ou con forma coincidente en galego e castelán Nas dúas linguas
Arzúa-Ulloa (Denominación de orixe protexida)

Cebreiro (Denominación de orixe protexida)

San Simón da Costa (Denominación de orixe protexida)

Queixo Tetilla / Queso Tetilla (Denominación de orixe protexida)
↑ Voltar ↑
• Cárnicos
Só en castelán Nas dúas linguas
Lacón Gallego (Indicación xeográfica protexida)

Ternera Gallega (Indicación xeográfica protexida)

Vaca e Boi de Galicia / Vaca y Buey de Galicia (Indicación xeográfica protexida)
↑ Voltar ↑
• Produtos de horta
Só en galego Nas dúas linguas
Pemento de Herbón (Denominación de orixe protexida)

Pemento do Couto (Indicación xeográfica protexida)

Pemento da Arnoia (Indicación xeográfica protexida)

Pemento de Oímbra (Indicación xeográfica protexida)

Faba de Lourenzá (Indicación xeográfica protexida)

Castaña de Galicia (Indicación xeográfica protexida)

Grelos de Galicia (Indicación xeográfica protexida)

Pataca de Galicia / Patata de Galicia (Indicación xeográfica protexida)
↑ Voltar ↑
• Produtos de panadaría e pastelaría
Coincidente en galego e castelán Só en castelán
Pan de Cea (Indicación xeográfica protexida) Tarta de Santiago (Indicación xeográfica protexida)
↑ Voltar ↑
• Outros
Nos dous idiomas
Mexillón de Galicia / Mejillón de Galicia (Denominación de orixe protexida)

Mel de Galicia / Miel de Galicia (Indicación xeográfica protexida)

↑ Voltar ↑
Ferramentas persoais
Xunta de Galicia