Tratamentos

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
 
(Non se mostran 3 revisións do historial.)
Liña 2: Liña 2:
__FORCETOC__
__FORCETOC__
-
A Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), dispón, no artigo 18. ''Tratamentos'', o seguinte: «O tratamento oficial dos membros do Goberno e dos altos cargos será o de ''señor/señora'', seguido da denominación do cargo, emprego ou rango corrrespondente».
+
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno [[Media:AnuncioC3B0-110216-0001_gl.pdf| <ins><font color="darkblue">(DOG núm. 30, do 15 de febreiro)</font></ins>]], dispón, no artigo 38.4 ''Tratamentos'', o seguinte: «O tratamento oficial dos membros do Goberno e dos altos cargos será o de ''señor/señora'', seguido da denominación do cargo, emprego ou rango corrrespondente».
Na redacción do DOG, as referencias aos cargos non se marcan con ningún tratamento. Estes son os contextos máis habituais:
Na redacción do DOG, as referencias aos cargos non se marcan con ningún tratamento. Estes son os contextos máis habituais:

Revisión actual feita o 22 de outubro de 2018 ás 19:11

Páxinas principais


A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), dispón, no artigo 38.4 Tratamentos, o seguinte: «O tratamento oficial dos membros do Goberno e dos altos cargos será o de señor/señora, seguido da denominación do cargo, emprego ou rango corrrespondente».

Na redacción do DOG, as referencias aos cargos non se marcan con ningún tratamento. Estes son os contextos máis habituais:

Polo xeral, os cargos non aparecen acompañados do nome propio que os representa: A conselleira de Facenda resolveu...; O recurso pode presentarse ante o director xeral da Función Pública ...
Nas sinaturas tampouco se emprega ningunha forma de tratamento; cítase o nome propio da persoa que exerce o cargo e, a seguir, o cargo que desempeña:
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas

En canto ao tratamento do resto de persoas, os criterios son os seguintes:

Cando as persoas son citadas só polos seus apelidos, por exemplo en sentenzas e textos semellantes, a fórmula de tratamento introdutoria é a de señor/señora. Esta fórmula é a adecuada para referirse ao persoal da avogacía, a xudicatura e a procuradoría: [...] representada polo procurador señor Pedreira (...) e asistida pola letrada señora Méndez [...]
A forma de tratamento don/dona resérvase para introducir o nome completo en modelos de solicitude ou semellantes: Don/Dona......, con DNI....., DECLARO:
Polo demais, cando as persoas son citadas polo seu nome e apelidos, non se introduce ningún tratamento: cítase a Carme Pousa Galego para que compareza...
↑ Voltar ↑
Ferramentas persoais
Xunta de Galicia