Utilización dos idiomas galego e castelán no Diario Oficial de Galicia

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Criterios para a aplicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego)
(O contido da páxina foi eliminado)

(Non se mostran 15 revisións do historial.)
Liña 1: Liña 1:

{{Modelo: cabeceira}}

__FORCETOC__

== Introdución ==

Distintas disposicións normativas dispoñen a publicidade das normas como un dos principios xerais do dereito garantidos pola artigo 9.3 da Constitución.

Por outra banda, a evolución dos medios tecnolóxicos levou a Xunta de Galicia a aprobar o Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Este decreto regula a creación do ''Diario Oficial de Galicia'' (DOG) na súa edición electrónica, que terá carácter oficial, auténtico e único, e dótaa de validez xurídica.

En desenvolvemento deste decreto, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ditou a Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do ''Diario Oficial de Galicia'' e se determina a súa posta en funcionamento ([http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110429/Anuncio11B62_gl.html DOG núm. 83, do 29.4.2011]). No seu artigo 12 precisa os documentos que poden ser obxecto de publicación:

«Publícanse no DOG as leis de Galicia e as normas, disposicións de carácter xeral, acordos, resolucións, edictos, notificacións, anuncios e demais actos do Parlamento de Galicia, do Goberno, da Administración xeral da Xunta de Galicia, da Administración de xustiza e doutras administracións, entes e organismos públicos, así como anuncios de particulares, nos supostos en que o determine o ordenamento xurídico e unha vez que as persoas facultadas para ordenar a súa inserción os envíen á entidade xestora nos termos que determina esta orde.»

En materia lingüística, bastante tempo atrás, a respecto da aplicación do réxime de cooficialidade lingüística no DOG, o artigo 5 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, deixou disposto:

«As leis de Galicia, os decretos lexislativos, as disposicións normativas e as resolucións oficiais da Administración pública galega publicaranse en galego e castelán no ''Diario Oficial de Galicia''.»

Este manual de estilo elaborouse, precisamente, para cumprir coas demandas de corrección lingüística enunciadas. Nel daremos unha serie de pautas tendentes a evitar erros frecuentes mediante un recordatorio das normas ortográficas e morfolóxicas. Tamén coidamos necesario recordar as regras gramaticais básicas que se deben seguir para aplicar o principio xeral de todo texto administrativo, isto é, a claridade e a sinxeleza, así como unha serie de  prescricións que permitan unificar criterios idiomáticos alí onde hai opinións distintas, manter a regularidade da lingua e establecer estándares técnicos e de organización na produción de textos.

Por outra banda, do carácter bilingüe do ''Diario Oficial de Galicia'' derivan consideracións como as que expomos a seguir.

A citada Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do ''Diario Oficial de Galicia'', contén varias referencias á materia lingüística. Estas son algunhas:

«Artigo 8. ''Características do DOG''.

1. O DOG numérase de forma correlativa con independencia do ano de publicación e '''publícase en galego e en castelán. As dúas versións teñen carácter oficial'''. [...]

É responsabilidade do organismo ou entidade publicadores garantir a correspondencia entre as dúas versións, sen prexuízo do labor de cotexo que realice o Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de que este, ante posibles discrepancias, acomode unha versión á outra. [...]»

«Artigo 12.3.: Os documentos que deban publicarse no DOG deben reproducirse tal como fosen entregados polos remitentes, e non se poden modificar salvo que estes o autoricen de forma fidedigna. Isto sen prexuízo do establecido no artigo 15 respecto da revisión e cotexo previos dos documentos enviados para publicar e da introdución das pertinentes correccións lingüísticas e ortotipográficas.»

«Artigo 15.1.: Os órganos pertinentes do Parlamento de Galicia, da Administración da Xunta de Galicia, da Administración de xustiza e das administracións, os entes e os organismos públicos correspondentes, así como os particulares que poidan publicar anuncios nos supostos que determina o ordenamento xurídico, deben velar pola adecuación formal e lingüística dos textos que envíen para publicar no DOG. Para este efecto, poden solicitar o asesoramento do Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.»

== A normativa ortográfica do galego e do castelán ==

A redacción en cada unha das linguas oficiais exixe ter en conta as normas e recomendacións emanadas das respectivas academias, nos planos ortográfico, morfolóxico, gramatical e léxico.

Para o galego rexen as ''Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego'', actualizadas en 2003. Poden consultarse nos seguintes enderezos da internet:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf (versión reducida)

http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/catalog/publications/files/normas_galego05.pdf (versión completa, con explicacións)

Para cuestións léxicas pode consultarse o dicionario en liña no enderezo web:

http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=

Para o castelán rexe a [http://www.rae.es/rae/gestores/gespub000039.nsf/%28voanexos%29/arch6947C6DBCDECF191C1257800004EF7D9/$FILE/InteriorOrtografia.pdf ''Ortografía de la lengua española''], actualizada en 2010, que incorpora novidades como as que se expoñen na versión en castelán deste manual.

== Criterios para a aplicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego ==

Como dixemos, os textos redactados en galego deberán respectar as ''Normas ortográficas e morfolóxicas'', aprobadas en 1982 pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG), que foron modificadas en 2003.

O texto modificado de 2003 posibilita, nalgúns casos, a escolla entre diferentes opcións. Por un principio de harmonización, para a publicación no ''Diario Oficial de Galicia'' (DOG) establécense os seguintes criterios:

# Utilización da terminación ''–ble'' (e non ''–bel''): ''accesible, aceptable, recomendable,''...

# Terminación ''–aría'' (e non ''–ería''): ''carpintaría, enxeñaría, gandaría,''...  Exceptúase, por razóns de extensión de uso, a palabra ''consellería''. Ademais, cómpre ter en conta que as palabras ''batería,  galantería,  galería''  e ''mercería'' presentan unicamente a terminación ''–ería''.

# Utilización das formas con ''-x-x-'' (e non ''–s-x-''): ''exaxerar, exixir, oxíxeno,''...

# As formas ''dende'', ''desde'' utilizaranse indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.

# As formas ''ata'' e ''até'' utilizaranse tamén indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.

# No caso de optar polas formas ''pór'' ou ''poñer'' e as súas formas derivadas (''antepor,  apor,  compor,  contrapor,  depor, descompor,  dispor,  expor,  impor,  indispor,  opor,  predispor,  presupor,  propor,  repor,  recompor,  supor,  superpor,  traspor,  xustapor'')  será indiferente o seu uso aínda que cómpre manter a coherencia en todo o texto.

# Nas estruturas comparativas non se utilizarán as formas contractas senón as formas ''ca'' ou ''que'' + artigo: ''máis que na actualidade'' (e non ''máis ca na actualidade''); ''maior que no turismo en xeral'' (e non ''maior ca no turismo en xeral'').

# Con respecto ao artigo determinado, non se utilizará a segunda forma do artigo en ningún escrito, coa excepción do caso en que o seu uso é obrigatorio (''polo''). No resto dos casos escribirase a forma plena do artigo, isto é: ''a, o, as, os''. Escribiremos, por tanto: ''todos os, ambos os, tras os,  mais os, aprobar as normas,  cubrir o expediente,'' ...

# Para os nomes dos días utilizaranse as denominacións ''luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo''. As formas ''segunda feira, terza feira, cuarta/corta feira, quinta feira'' e ''sexta feira'' só se utilizarán cando se transcriban partes de textos que as empreguen.

# Contraccións:

::10.1. Empregaremos a forma ''ao'' para a contracción de ''a'' + ''o'', e o correspondente plural ''aos'' para a contracción de ''a'' + ''os''.

::10.2. No caso da contracción da preposición co numeral ''un, unha'' manteremos a forma contraída: ''no prazo dun mes''. Utilizarase a forma sen contraer na series en que sexa preciso remarcar o significado do numeral: ''de un a varios meses''.

== Cómpre evitar as interferencias entre linguas ==

Non poucas veces, a redacción en dúas linguas provoca interferencias de distinto tipo. Cómpre un especial esforzo para evitalas: tempos simples en galego/compostos en castelán (entregueino hai pouco/lo he entregado hace poco); xénero distinto dalgunhas palabras ou distinto determinante (a ponte/el puente; el acta/a acta); distinta colocación do pronome átono (déronlle instrucións/le dieron instrucciones); perífrases verbais (non deron atopado(no consiguieron encontrar); léxico (concello/ayuntamiento; bolsa/beca; axuda de custo/dieta; desenvolvemento/desarrollo…).

Revisión actual feita o 12 de abril de 2012 ás 11:23

Ferramentas persoais
Xunta de Galicia