Utilización dos idiomas galego e castelán no Diario Oficial de Galicia
De Manual de Estilo DOG
(→A normativa ortográfica do galego e do castelán) |
(→Criterios para a aplicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego) |

Liña 66: | Liña 66: | ||
O texto modificado de 2003 posibilita, nalgúns casos, a escolla entre diferentes opcións. Por un principio de harmonización, para a publicación no ''Diario Oficial de Galicia'' (DOG) establécense os seguintes criterios: | O texto modificado de 2003 posibilita, nalgúns casos, a escolla entre diferentes opcións. Por un principio de harmonización, para a publicación no ''Diario Oficial de Galicia'' (DOG) establécense os seguintes criterios: | ||

- | + | # Utilización da terminación –ble (e non –bel): accesible, aceptable, recomendable,...

- | + | # Terminación –aría (e non –ería): carpintaría, enxeñaría, gandaría,... Exceptúase, por razóns de extensión de uso, a palabra consellería. Ademais, cómpre ter en conta que as palabras batería, galantería, galería e mercería presentan unicamente a terminación –ería.

- | + | # Utilización das formas con -x-x- (e non –s-x-): exaxerar, exixir, oxíxeno,...

- | + | # As formas dende, desde utilizaranse indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.

- | + | # As formas ata e até utilizaranse tamén indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.

- | + | # No caso de optar polas formas pór ou poñer e as súas formas derivadas (antepor, apor, compor, contrapor, depor, descompor, dispor, expor, impor, indispor, opor, predispor, presupor, propor, repor, recompor, supor, superpor, traspor, xustapor) será indiferente o seu uso aínda que cómpre manter a coherencia en todo o texto.

- | + | # Nas estruturas comparativas non se utilizarán as formas contractas senón as formas ca ou que + artigo: máis que na actualidade (e non máis ca na actualidade); maior que no turismo en xeral (e non maior ca no turismo en xeral).

- | + | # Con respecto ao artigo determinado, non se utilizará a segunda forma do artigo en ningún escrito, coa excepción do caso en que o seu uso é obrigatorio (polo). No resto dos casos escribirase a forma plena do artigo, isto é: a, o, as, os. Escribiremos, por tanto: todos os, ambos os, tras os, mais os, aprobar as normas, cubrir o expediente, ...

- | + | # Para os nomes dos días utilizaranse as denominacións luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo. As formas segunda feira, terza feira, cuarta/corta feira, quinta feira e sexta feira só se utilizarán cando se transcriban partes de textos que as empreguen.

- | 10.1. | + | # Contraccións:

- | 10.2. No caso da contracción da preposición co numeral un, unha manteremos a forma contraída: no prazo dun mes. Utilizarase a forma sen contraer na series en que sexa preciso remarcar o significado do numeral: de un a varios meses. | + | ::10.1. Empregaremos a forma ao para a contracción de a + o, e o correspondente plural aos para a contracción de a + os.

+ | ::10.2. No caso da contracción da preposición co numeral un, unha manteremos a forma contraída: no prazo dun mes. Utilizarase a forma sen contraer na series en que sexa preciso remarcar o significado do numeral: de un a varios meses. | ||

Revisión como estaba o 9 de abril de 2012 ás 10:33
Páxinas principais |
Índice |
Introdución
Distintas disposicións normativas dispoñen a publicidade das normas como un dos principios xerais do dereito garantidos pola artigo 9.3 da Constitución.
Por outra banda, a evolución dos medios tecnolóxicos levou a Xunta de Galicia a aprobar o Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Este decreto regula a creación do Diario Oficial de Galicia (DOG) na súa edición electrónica, que terá carácter oficial, auténtico e único, e dótaa de validez xurídica.
En desenvolvemento deste decreto, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ditou a Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia e se determina a súa posta en funcionamento (DOG núm. 83, do 29.4.2011). No seu artigo 12 precisa os documentos que poden ser obxecto de publicación:
«Publícanse no DOG as leis de Galicia e as normas, disposicións de carácter xeral, acordos, resolucións, edictos, notificacións, anuncios e demais actos do Parlamento de Galicia, do Goberno, da Administración xeral da Xunta de Galicia, da Administración de xustiza e doutras administracións, entes e organismos públicos, así como anuncios de particulares, nos supostos en que o determine o ordenamento xurídico e unha vez que as persoas facultadas para ordenar a súa inserción os envíen á entidade xestora nos termos que determina esta orde.»
En materia lingüística, bastante tempo atrás, a respecto da aplicación do réxime de cooficialidade lingüística no DOG, o artigo 5 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, deixou disposto:
«As leis de Galicia, os decretos lexislativos, as disposicións normativas e as resolucións oficiais da Administración pública galega publicaranse en galego e castelán no Diario Oficial de Galicia.»
Este manual de estilo elaborouse, precisamente, para cumprir coas demandas de corrección lingüística enunciadas. Nel daremos unha serie de pautas tendentes a evitar erros frecuentes mediante un recordatorio das normas ortográficas e morfolóxicas. Tamén coidamos necesario recordar as regras gramaticais básicas que se deben seguir para aplicar o principio xeral de todo texto administrativo, isto é, a claridade e a sinxeleza, así como unha serie de prescricións que permitan unificar criterios idiomáticos alí onde hai opinións distintas, manter a regularidade da lingua e establecer estándares técnicos e de organización na produción de textos.
Por outra banda, do carácter bilingüe do Diario Oficial de Galicia derivan consideracións como as que expomos a seguir.
A citada Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia, contén varias referencias á materia lingüística. Estas son algunhas:
«Artigo 8. Características do DOG.
1. O DOG numérase de forma correlativa con independencia do ano de publicación e publícase en galego e en castelán. As dúas versións teñen carácter oficial. [...]
É responsabilidade do organismo ou entidade publicadores garantir a correspondencia entre as dúas versións, sen prexuízo do labor de cotexo que realice o Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de que este, ante posibles discrepancias, acomode unha versión á outra. [...]»
«Artigo 12.3.: Os documentos que deban publicarse no DOG deben reproducirse tal como fosen entregados polos remitentes, e non se poden modificar salvo que estes o autoricen de forma fidedigna. Isto sen prexuízo do establecido no artigo 15 respecto da revisión e cotexo previos dos documentos enviados para publicar e da introdución das pertinentes correccións lingüísticas e ortotipográficas.»
«Artigo 15.1.: Os órganos pertinentes do Parlamento de Galicia, da Administración da Xunta de Galicia, da Administración de xustiza e das administracións, os entes e os organismos públicos correspondentes, así como os particulares que poidan publicar anuncios nos supostos que determina o ordenamento xurídico, deben velar pola adecuación formal e lingüística dos textos que envíen para publicar no DOG. Para este efecto, poden solicitar o asesoramento do Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.»
A normativa ortográfica do galego e do castelán
A redacción en cada unha das linguas oficiais exixe ter en conta as normas e recomendacións emanadas das respectivas academias, nos planos ortográfico, morfolóxico, gramatical e léxico.
Para o galego rexen as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, actualizadas en 2003. Poden consultarse nos seguintes enderezos da internet:
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf (versión reducida) http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/catalog/publications/files/normas_galego05.pdf (versión completa, con explicacións)
Para cuestións léxicas pode consultarse o dicionario en liña no enderezo web:
http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=
Para o castelán rexe a Ortografía de la lengua española, actualizada en 2010, que incorpora novidades como as que se expoñen na versión en castelán deste manual.
Criterios para a aplicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
Como dixemos, os textos redactados en galego deberán respectar as Normas ortográficas e morfolóxicas, aprobadas en 1982 pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG), que foron modificadas en 2003.
O texto modificado de 2003 posibilita, nalgúns casos, a escolla entre diferentes opcións. Por un principio de harmonización, para a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) establécense os seguintes criterios:
- Utilización da terminación –ble (e non –bel): accesible, aceptable, recomendable,...
- Terminación –aría (e non –ería): carpintaría, enxeñaría, gandaría,... Exceptúase, por razóns de extensión de uso, a palabra consellería. Ademais, cómpre ter en conta que as palabras batería, galantería, galería e mercería presentan unicamente a terminación –ería.
- Utilización das formas con -x-x- (e non –s-x-): exaxerar, exixir, oxíxeno,...
- As formas dende, desde utilizaranse indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.
- As formas ata e até utilizaranse tamén indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.
- No caso de optar polas formas pór ou poñer e as súas formas derivadas (antepor, apor, compor, contrapor, depor, descompor, dispor, expor, impor, indispor, opor, predispor, presupor, propor, repor, recompor, supor, superpor, traspor, xustapor) será indiferente o seu uso aínda que cómpre manter a coherencia en todo o texto.
- Nas estruturas comparativas non se utilizarán as formas contractas senón as formas ca ou que + artigo: máis que na actualidade (e non máis ca na actualidade); maior que no turismo en xeral (e non maior ca no turismo en xeral).
- Con respecto ao artigo determinado, non se utilizará a segunda forma do artigo en ningún escrito, coa excepción do caso en que o seu uso é obrigatorio (polo). No resto dos casos escribirase a forma plena do artigo, isto é: a, o, as, os. Escribiremos, por tanto: todos os, ambos os, tras os, mais os, aprobar as normas, cubrir o expediente, ...
- Para os nomes dos días utilizaranse as denominacións luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo. As formas segunda feira, terza feira, cuarta/corta feira, quinta feira e sexta feira só se utilizarán cando se transcriban partes de textos que as empreguen.
- Contraccións:
- 10.1. Empregaremos a forma ao para a contracción de a + o, e o correspondente plural aos para a contracción de a + os.
- 10.2. No caso da contracción da preposición co numeral un, unha manteremos a forma contraída: no prazo dun mes. Utilizarase a forma sen contraer na series en que sexa preciso remarcar o significado do numeral: de un a varios meses.