|
|
(Non se mostran 29 revisións do historial.) |
Liña 1: |
Liña 1: |
- | {{Modelo: cabeceira}}
| |
| | | |
- | __FORCETOC__
| |
- | == Introdución ==
| |
- |
| |
- | Distintas disposicións normativas dispoñen a publicidade das normas como un dos principios xerais do dereito garantidos pola artigo 9.3 da Constitución.
| |
- |
| |
- | Por outra banda, a evolución dos medios tecnolóxicos levou a Xunta de Galicia a aprobar o Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Este decreto regula a creación do ''Diario Oficial de Galicia'' (DOG) na súa edición electrónica, que terá carácter oficial, auténtico e único, e dótaa de validez xurídica.
| |
- |
| |
- | En desenvolvemento deste decreto, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ditou a Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do ''Diario Oficial de Galicia'' e se determina a súa posta en funcionamento (DOG núm. 83, do 29.4.2011). No seu artigo 12 precisa os documentos que poden ser obxecto de publicación:
| |
- |
| |
- | <blockquote style="background: white; border: 1px solid #ccccff; padding:1em; text-align:justify">
| |
- |
| |
- | «Publícanse no DOG as leis de Galicia e as normas, disposicións de carácter xeral, acordos, resolucións, edictos, notificacións, anuncios e demais actos do Parlamento de Galicia, do Goberno, da Administración xeral da Xunta de Galicia, da Administración de xustiza e doutras administracións, entes e organismos públicos, así como anuncios de particulares, nos supostos en que o determine o ordenamento xurídico e unha vez que as persoas facultadas para ordenar a súa inserción os envíen á entidade xestora nos termos que determina esta orde.»
| |
- |
| |
- | </blockquote>
| |
- |
| |
- | En materia lingüística, bastante tempo atrás, a respecto da aplicación do réxime de cooficialidade lingüística no DOG, o artigo 5 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, deixou disposto:
| |
- |
| |
- | <blockquote style="background: white; border: 1px solid #ccccff; padding:1em; text-align:justify">
| |
- |
| |
- | «As leis de Galicia, os decretos lexislativos, as disposicións normativas e as resolucións oficiais da Administración pública galega publicaranse en galego e castelán no ''Diario Oficial de Galicia''.»
| |
- | </blockquote>
| |
- |
| |
- | A citada Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do ''Diario Oficial de Galicia'', contén varias referencias á materia lingüística. Estas son algunhas:
| |
- |
| |
- | <blockquote style="background: white; border: 1px solid #ccccff; padding:1em; text-align:justify">
| |
- |
| |
- | «Artigo 8. ''Características do DOG''.
| |
- |
| |
- | 1. O DOG numérase de forma correlativa con independencia do ano de publicación e publícase en galego e en castelán. As dúas versións teñen carácter oficial. [...]
| |
- |
| |
- | É responsabilidade do organismo ou entidade publicadores garantir a correspondencia entre as dúas versións, sen prexuízo do labor de cotexo que realice o Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de que este, ante posibles discrepancias, acomode unha versión á outra. [...]»
| |
- |
| |
- | «Artigo 12.3: Os documentos que deban publicarse no DOG deben reproducirse tal como fosen entregados polos remitentes, e non se poden modificar salvo que estes o autoricen de forma fidedigna. Isto sen prexuízo do establecido no artigo 15 respecto da revisión e cotexo previos dos documentos enviados para publicar e da introdución das pertinentes correccións lingüísticas e ortotipográficas.»
| |
- |
| |
- | «Artigo 15.1.: Os órganos pertinentes do Parlamento de Galicia, da Administración da Xunta de Galicia, da Administración de xustiza e das administracións, os entes e os organismos públicos correspondentes, así como os particulares que poidan publicar anuncios nos supostos que determina o ordenamento xurídico, deben velar pola adecuación formal e lingüística dos textos que envíen para publicar no DOG. Para este efecto, poden solicitar o asesoramento do Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.»
| |
- |
| |
- | </blockquote>
| |