Utilización dos idiomas galego e castelán no Diario Oficial de Galicia

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(Criterios para a aplicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego)
(O contido da páxina foi eliminado)

(Non se mostra unha revisión do historial.)
Liña 1: Liña 1:

{{Modelo: cabeceira}}

__FORCETOC__

== Introdución ==

Distintas disposicións normativas dispoñen a publicidade das normas como un dos principios xerais do dereito garantidos pola artigo 9.3 da Constitución.

Por outra banda, a evolución dos medios tecnolóxicos levou a Xunta de Galicia a aprobar o Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Este decreto regula a creación do ''Diario Oficial de Galicia'' (DOG) na súa edición electrónica, que terá carácter oficial, auténtico e único, e dótaa de validez xurídica.

En desenvolvemento deste decreto, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ditou a Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do ''Diario Oficial de Galicia'' e se determina a súa posta en funcionamento ([http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110429/Anuncio11B62_gl.html DOG núm. 83, do 29.4.2011]). No seu artigo 12 precisa os documentos que poden ser obxecto de publicación:

«Publícanse no DOG as leis de Galicia e as normas, disposicións de carácter xeral, acordos, resolucións, edictos, notificacións, anuncios e demais actos do Parlamento de Galicia, do Goberno, da Administración xeral da Xunta de Galicia, da Administración de xustiza e doutras administracións, entes e organismos públicos, así como anuncios de particulares, nos supostos en que o determine o ordenamento xurídico e unha vez que as persoas facultadas para ordenar a súa inserción os envíen á entidade xestora nos termos que determina esta orde.»

En materia lingüística, bastante tempo atrás, a respecto da aplicación do réxime de cooficialidade lingüística no DOG, o artigo 5 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, deixou disposto:

«As leis de Galicia, os decretos lexislativos, as disposicións normativas e as resolucións oficiais da Administración pública galega publicaranse en galego e castelán no ''Diario Oficial de Galicia''.»

Este manual de estilo elaborouse, precisamente, para cumprir coas demandas de corrección lingüística enunciadas. Nel daremos unha serie de pautas tendentes a evitar erros frecuentes mediante un recordatorio das normas ortográficas e morfolóxicas. Tamén coidamos necesario recordar as regras gramaticais básicas que se deben seguir para aplicar o principio xeral de todo texto administrativo, isto é, a claridade e a sinxeleza, así como unha serie de  prescricións que permitan unificar criterios idiomáticos alí onde hai opinións distintas, manter a regularidade da lingua e establecer estándares técnicos e de organización na produción de textos.

Por outra banda, do carácter bilingüe do ''Diario Oficial de Galicia'' derivan consideracións como as que expomos a seguir.

A citada [http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110429/Anuncio11B62_gl.html Orde do 28 de abril de 2011] pola que se regula a edición electrónica do ''Diario Oficial de Galicia'', contén varias referencias á materia lingüística. Estas son algunhas:

«Artigo 8. ''Características do DOG''.

1. O DOG numérase de forma correlativa con independencia do ano de publicación e '''publícase en galego e en castelán. As dúas versións teñen carácter oficial'''. [...]

É responsabilidade do organismo ou entidade publicadores garantir a correspondencia entre as dúas versións, sen prexuízo do labor de cotexo que realice o Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de que este, ante posibles discrepancias, acomode unha versión á outra. [...]»

«Artigo 12.3.: Os documentos que deban publicarse no DOG deben reproducirse tal como fosen entregados polos remitentes, e non se poden modificar salvo que estes o autoricen de forma fidedigna. Isto sen prexuízo do establecido no artigo 15 respecto da revisión e cotexo previos dos documentos enviados para publicar e da introdución das pertinentes correccións lingüísticas e ortotipográficas.»

«Artigo 15.1.: Os órganos pertinentes do Parlamento de Galicia, da Administración da Xunta de Galicia, da Administración de xustiza e das administracións, os entes e os organismos públicos correspondentes, así como os particulares que poidan publicar anuncios nos supostos que determina o ordenamento xurídico, deben velar pola adecuación formal e lingüística dos textos que envíen para publicar no DOG. Para este efecto, poden solicitar o asesoramento do Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.»

== A normativa ortográfica do galego e do castelán ==

A redacción en cada unha das linguas oficiais exixe ter en conta as normas e recomendacións emanadas das respectivas academias, nos planos ortográfico, morfolóxico, gramatical e léxico.

Para o galego rexen as ''Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego'', actualizadas en 2003. Poden consultarse nos seguintes enderezos da internet:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf (versión reducida)

http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/62f973c5-a315-48e8-a899-6bdd22910381 (versión completa, con explicacións)

Para cuestións léxicas pode consultarse o dicionario en liña no enderezo web:

http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=

Para o castelán rexe a [http://www.rae.es/rae/gestores/gespub000039.nsf/%28voanexos%29/arch6947C6DBCDECF191C1257800004EF7D9/$FILE/InteriorOrtografia.pdf ''Ortografía de la lengua española''], actualizada en 2010, que incorpora novidades como as que se expoñen na versión en castelán deste manual.

== Criterios para a aplicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego ==

Como dixemos, os textos redactados en galego deberán respectar as [http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/62f973c5-a315-48e8-a899-6bdd22910381 ''Normas ortográficas e morfolóxicas''], aprobadas en 1982 pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG), que foron modificadas en 2003.

O texto modificado de 2003 posibilita, nalgúns casos, a escolla entre diferentes opcións. Por un principio de harmonización, para a publicación no ''Diario Oficial de Galicia'' (DOG) establécense os seguintes criterios:

# Utilización da terminación ''–ble'' (e non ''–bel''): ''accesible, aceptable, recomendable,''...

# Terminación ''–aría'' (e non ''–ería''): ''carpintaría, enxeñaría, gandaría,''...  Exceptúase, por razóns de extensión de uso, a palabra ''consellería''. Ademais, cómpre ter en conta que as palabras ''batería,  galantería,  galería''  e ''mercería'' presentan unicamente a terminación ''–ería''.

# Utilización das formas con ''-x-x-'' (e non ''–s-x-''): ''exaxerar, exixir, oxíxeno,''...

# As formas ''dende'', ''desde'' utilizaranse indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.

# As formas ''ata'' e ''até'' utilizaranse tamén indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.

# No caso de optar polas formas ''pór'' ou ''poñer'' e as súas formas derivadas (''antepor,  apor,  compor,  contrapor,  depor, descompor,  dispor,  expor,  impor,  indispor,  opor,  predispor,  presupor,  propor,  repor,  recompor,  supor,  superpor,  traspor,  xustapor'')  será indiferente o seu uso aínda que cómpre manter a coherencia en todo o texto.

# Nas estruturas comparativas non se utilizarán as formas contractas senón as formas ''ca'' ou ''que'' + artigo: ''máis que na actualidade'' (e non ''máis ca na actualidade''); ''maior que no turismo en xeral'' (e non ''maior ca no turismo en xeral'').

# Con respecto ao artigo determinado, non se utilizará a segunda forma do artigo en ningún escrito, coa excepción do caso en que o seu uso é obrigatorio (''polo''). No resto dos casos escribirase a forma plena do artigo, isto é: ''a, o, as, os''. Escribiremos, por tanto: ''todos os, ambos os, tras os,  mais os, aprobar as normas,  cubrir o expediente,'' ...

# Para os nomes dos días utilizaranse as denominacións ''luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo''. As formas ''segunda feira, terza feira, cuarta/corta feira, quinta feira'' e ''sexta feira'' só se utilizarán cando se transcriban partes de textos que as empreguen.

# Contraccións:

::10.1. Empregaremos a forma ''ao'' para a contracción de ''a'' + ''o'', e o correspondente plural ''aos'' para a contracción de ''a'' + ''os''.

::10.2. No caso da contracción da preposición co numeral ''un, unha'' manteremos a forma contraída: ''no prazo dun mes''. Utilizarase a forma sen contraer na series en que sexa preciso remarcar o significado do numeral: ''de un a varios meses''.

== Cómpre evitar as interferencias entre linguas ==

Non poucas veces, a redacción en dúas linguas provoca interferencias de distinto tipo. Cómpre un especial esforzo para evitalas: tempos simples en galego/compostos en castelán (''entregueino hai pouco''/''lo he entregado hace poco''); xénero distinto dalgunhas palabras ou distinto determinante (''a ponte''/''el puente''; ''el acta''/''a acta''); distinta colocación do pronome átono (''déronlle instrucións''/''le dieron instrucciones''); perífrases verbais (''non deron atopado''/''no consiguieron encontrar''); léxico (''concello''/''ayuntamiento''; ''bolsa''/''beca''; ''axuda de custo''/''dieta''; ''desenvolvemento''/''desarrollo''…).

== Tradutores automáticos e correctores ==

Para axilizar os traballos de tradución dun idioma oficial a outro contamos con tradutores automáticos. Agora ben, cómpre non esquecer que as máquinas non poden ter nunca a última palabra. E que toda tradución saída do tradutor automático debe ser revisada a conciencia para evitar imprecisións e incorreccións de tipo gramatical e léxico.

En canto ao corrector, serve para cuestións ortográficas pero non para as gramaticais ou léxicas. E cómpre ter coidado coas opcións que nos poida ofrecer, pois ás veces dános alternativas só por proximidade fónica, sen ter en conta o significado. Por exemplo, se utilizamos a expresión incorrecta *''a traverso de'', o corrector márcaa e ofrece a alternativa ''a traveso de'', e se poñemos *''plantexe'', o corrector indícanos unha posible substitución por ''plántelle'', porque son as expresións formalmente máis próximas. Por outra banda, pode haber expresións correctas que o corrector nos sinale como incorrectas. Neste caso trátase de expresións pouco usuais que o corrector non ten no seu dicionario pero que son correctas.

== Os contidos deben expresarse, salvo excepcións, na lingua de redacción ==

Cómpre aplicarmos un principio xeral de que todos os conceptos deben ser expresados na lingua en que redactamos.

En aplicación deste principio, na edición en galego do DOG expresaremos neste idioma:

*Os organismos de calquera administración, tanto galega como central ou doutras comunidades autónomas: ''o Ministerio de Facenda; o Tribunal de Contas; a Consellería de Facenda de Andalucía;''...

*As denominacións das autoridades e cargos: ''o rei de España; o presidente do Goberno; a ministra de Sanidade e Asuntos Sociais; o director xeral de Institucións Penitenciarias;''...

*As normas estatais: ''a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; o Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social,''...

E na versión en castelán expresaranse neste idioma:

*Os organismos galegos: ''la Dirección General de Salud Pública; el Consejo de la Cultura Gallega; la Subdirección General de Régimen Jurídico; el Consejo Consultivo;''...

*As denominacións de autoridades e cargos de Galicia: ''la presidenta del Parlamento de Galicia; el Valedor del Pueblo; la directora general de Presupuestos;''...

*As normas galegas: ''la Ley 12/2011, de 26 de diciembre, de medidas fiscales y administrativas; el Decreto 87/2012, de 23 de febrero, por el que se aprueba el Plan de Emergencia Exterior del depósito de lodos rojos de Alcoa, en Xove;''...

Aínda así, esta pauta xeral ten as súas excepcións ou dá lugar ás veces a vacilacións. A seguir, establecemos algúns criterios de aplicación nas publicacións oficiais:

=== Expresións fixadas só en galego ou noutra lingua oficial ===

*As expresións ''Xunta de Galicia, consellería, Consello de la Xunta e conselleiro/a'' mantéñense na súa forma en galego na versión en castelán, aínda que se expresa neste último idioma a área de goberno respectiva: ''el conselleiro de la Presidencia, Administraciones Públicas y Justicia;''...

*Algunhas institucións non galegas de ámbito autonómico, de circulación frecuente en medios de comunicación, adoitan manterse na lingua propia: ''Generalitat de Cataluña; Generalitat Valenciana, Ertzaintza; Junta de Andalucía;'' ... Con todo, non ten por que considerarse incorrecto o seu emprego en forma adaptada ao galego: ''Xeneralidade de Cataluña; Xunta de Andalucía;''...

=== Entes públicos de distinta natureza (organismos autónomas, sociedades públicas, axencias públicas,...) ===

COMPLETAR

=== Denominación das comunidades autónomas ===

A denominación das comunidades autónomas farase respectando o topónimo orixinal (''Castilla y León, Extremadura, La Rioja,''...) e expresando en galego ou castelán, segundo a lingua de redacción, o xenérico que acompaña este: ''A Comunidade Autónoma de Castilla y León / La Comunidad Autónoma de Castilla y León; a Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia / la Comunidad Autónoma de la Región de Murcia;''....

=== Entidades non públicas ===

Na denominación das entidades non públicas respectarase en xeral, nas dúas versións, a forma en que foron inscritas no rexistro respectivo ou aquela en que circulan habitualmente.

Concretamente, aplicaremos os seguintes criterios:

==== Empresas privadas ====

*Expresaranse, nas dúas versións, no nome con que están rexistradas, mesmo que conteñan erros ou topónimos en forma non oficial: ''Xestión e Desenvolvemento Suelo Galego; Enxebre; Grumbarsa Siglo XXI; Caudi Trucks, S.L.; Didaka Lasa Baztarrika; Port Vigo, S.L.; Electra del Jallas, S.A.; Compañía de Tranvías de La Coruña, S.A.;  Transportes Finisterre;''...

==== Asociacións (profesionais, de veciños, de nais e pais, etc.), fundacións, federacións e confederacións (non deportivas), comisións, sindicatos, ONG, etc. ====

*En xeral expresaranse, tanto na versión en galego como en castelán, co nome rexistrado ou con aquel de circulación habitual, mesmo que este conteña, como ás veces sucede, incorreccións: ''Asociación de Consumidores Galegos; Asociación Cultural Amigos del Camino de Santiago de Sureste; Asociación de Empresas del Cerramiento; Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores; Asocación Galega de Empresas Consultoras; Asociación Gallega de Pizarristas; Asociación de Veciños O Rumbo; Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Fundación Asilo de la Santísima Virgen del Carmen, Fundación para os Investimentos de Orixe Galega, Fundación Casa de la Caridad; Federación de Asociaciones de Minusválidos Físicos de Lugo; Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia; Federación de Usuarios del Puerto de Vigo; Federación Ornitológica Regional Gallega; Amnistía Internacional del Estado Español; Asemblea de Cooperación pola Paz; Asociación Galicia Terra de Acollida; Asociación Ledicia Cativa; Manos Unidas; Asociación Unificada de Guardias Civiles; Comisións Labregas; Central Sindical Independiente y de Funcionarios; Sindicato Gallego de Profesionales del Espectáculo;''...

*En todo caso, a lexislación sobre fundacións de interese galego establece que na denominación deberá figurar sempre a palabra Fundación.

OBSERVACIÓN: Respecto destas entidades, '''é responsabilidade de cada publicador''' reproducir a forma con que estean rexistradas ou figuren nos respectivos expedientes. No DOG publicaranse da forma en que veñan expresadas en cada versión.

==== Colexios profesionais ====

*Son corporacións de dereito público. En función disto, aplicaremos o mesmo criterio que para os organismos da Administración, é dicir, expresaranse en galego ou castelán segundo o idioma en que redactemos: ''Colegio de Axentes Comerciais / Colegio de Agentes Comerciales; Colegio de Aparejadores y Arquitectos Técnicos / Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos; Colexio de Axudantes Técnicos Sanitarios / Colegio de Ayudantes Técnicos Sanitarios,''...

==== Federacións deportivas ====

*En galego e castelán, segundo o idioma de redacción: ''Federación Galega de Patinaxe / Federación Gallega de Patinaje; Federación Galega de Piragüismo / Federación Gallega de Piragüismo; Federación Galega de Fútbol Sala / Federación Gallega de Fútbol Sala,''...

=== Áreas de indicación xeográfica e denominacións de orixe ===

COMPLETAR

Revisión actual feita o 12 de abril de 2012 ás 11:23

Ferramentas persoais
Xunta de Galicia