(Non se mostran 9 revisións do historial.) |
Liña 1: |
Liña 1: |
- | {{Modelo: cabeceira}}

- | __FORCETOC__

- | == Introdución ==

- | Distintas disposicións normativas dispoñen a publicidade das normas como un dos principios xerais do dereito garantidos pola artigo 9.3 da Constitución.

- | Por outra banda, a evolución dos medios tecnolóxicos levou a Xunta de Galicia a aprobar o Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Este decreto regula a creación do ''Diario Oficial de Galicia'' (DOG) na súa edición electrónica, que terá carácter oficial, auténtico e único, e dótaa de validez xurídica.

- | En desenvolvemento deste decreto, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ditou a Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do ''Diario Oficial de Galicia'' e se determina a súa posta en funcionamento ([http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110429/Anuncio11B62_gl.html DOG núm. 83, do 29.4.2011]). No seu artigo 12 precisa os documentos que poden ser obxecto de publicación:

- | «Publícanse no DOG as leis de Galicia e as normas, disposicións de carácter xeral, acordos, resolucións, edictos, notificacións, anuncios e demais actos do Parlamento de Galicia, do Goberno, da Administración xeral da Xunta de Galicia, da Administración de xustiza e doutras administracións, entes e organismos públicos, así como anuncios de particulares, nos supostos en que o determine o ordenamento xurídico e unha vez que as persoas facultadas para ordenar a súa inserción os envíen á entidade xestora nos termos que determina esta orde.»

- | En materia lingüística, bastante tempo atrás, a respecto da aplicación do réxime de cooficialidade lingüística no DOG, o artigo 5 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, deixou disposto:

- | «As leis de Galicia, os decretos lexislativos, as disposicións normativas e as resolucións oficiais da Administración pública galega publicaranse en galego e castelán no ''Diario Oficial de Galicia''.»

- | Este manual de estilo elaborouse, precisamente, para cumprir coas demandas de corrección lingüística enunciadas. Nel daremos unha serie de pautas tendentes a evitar erros frecuentes mediante un recordatorio das normas ortográficas e morfolóxicas. Tamén coidamos necesario recordar as regras gramaticais básicas que se deben seguir para aplicar o principio xeral de todo texto administrativo, isto é, a claridade e a sinxeleza, así como unha serie de prescricións que permitan unificar criterios idiomáticos alí onde hai opinións distintas, manter a regularidade da lingua e establecer estándares técnicos e de organización na produción de textos.

- | Por outra banda, do carácter bilingüe do ''Diario Oficial de Galicia'' derivan consideracións como as que expomos a seguir.

- | A citada Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do ''Diario Oficial de Galicia'', contén varias referencias á materia lingüística. Estas son algunhas:

- | «Artigo 8. ''Características do DOG''.

- | 1. O DOG numérase de forma correlativa con independencia do ano de publicación e '''publícase en galego e en castelán. As dúas versións teñen carácter oficial'''. [...]

- | É responsabilidade do organismo ou entidade publicadores garantir a correspondencia entre as dúas versións, sen prexuízo do labor de cotexo que realice o Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de que este, ante posibles discrepancias, acomode unha versión á outra. [...]»

- | «Artigo 12.3.: Os documentos que deban publicarse no DOG deben reproducirse tal como fosen entregados polos remitentes, e non se poden modificar salvo que estes o autoricen de forma fidedigna. Isto sen prexuízo do establecido no artigo 15 respecto da revisión e cotexo previos dos documentos enviados para publicar e da introdución das pertinentes correccións lingüísticas e ortotipográficas.»

- | «Artigo 15.1.: Os órganos pertinentes do Parlamento de Galicia, da Administración da Xunta de Galicia, da Administración de xustiza e das administracións, os entes e os organismos públicos correspondentes, así como os particulares que poidan publicar anuncios nos supostos que determina o ordenamento xurídico, deben velar pola adecuación formal e lingüística dos textos que envíen para publicar no DOG. Para este efecto, poden solicitar o asesoramento do Servizo de Tradución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.»

- | == A normativa ortográfica do galego e do castelán ==

- | A redacción en cada unha das linguas oficiais exixe ter en conta as normas e recomendacións emanadas das respectivas academias, nos planos ortográfico, morfolóxico, gramatical e léxico.

- | Para o galego rexen as ''Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego'', actualizadas en 2003. Poden consultarse nos seguintes enderezos da internet:

- | http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf (versión reducida)

- | http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/catalog/publications/files/normas_galego05.pdf (versión completa, con explicacións)

- | Para cuestións léxicas pode consultarse o dicionario en liña no enderezo web:

- | http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=

- | Para o castelán rexe a [http://www.rae.es/rae/gestores/gespub000039.nsf/%28voanexos%29/arch6947C6DBCDECF191C1257800004EF7D9/$FILE/InteriorOrtografia.pdf ''Ortografía de la lengua española''], actualizada en 2010, que incorpora novidades como as que se expoñen na versión en castelán deste manual.

- | == Criterios para a aplicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego ==

- | Como dixemos, os textos redactados en galego deberán respectar as ''Normas ortográficas e morfolóxicas'', aprobadas en 1982 pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG), que foron modificadas en 2003.

- | O texto modificado de 2003 posibilita, nalgúns casos, a escolla entre diferentes opcións. Por un principio de harmonización, para a publicación no ''Diario Oficial de Galicia'' (DOG) establécense os seguintes criterios:

- | # Utilización da terminación ''–ble'' (e non ''–bel''): ''accesible, aceptable, recomendable,''...

- | # Terminación ''–aría'' (e non ''–ería''): ''carpintaría, enxeñaría, gandaría,''... Exceptúase, por razóns de extensión de uso, a palabra ''consellería''. Ademais, cómpre ter en conta que as palabras ''batería, galantería, galería'' e ''mercería'' presentan unicamente a terminación ''–ería''.

- | # Utilización das formas con ''-x-x-'' (e non ''–s-x-''): ''exaxerar, exixir, oxíxeno,''...

- | # As formas ''dende'', ''desde'' utilizaranse indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.

- | # As formas ''ata'' e ''até'' utilizaranse tamén indistintamente, aínda que cómpre manter unha coherencia en todo o texto.

- | # No caso de optar polas formas ''pór'' ou ''poñer'' e as súas formas derivadas (''antepor, apor, compor, contrapor, depor, descompor, dispor, expor, impor, indispor, opor, predispor, presupor, propor, repor, recompor, supor, superpor, traspor, xustapor'') será indiferente o seu uso aínda que cómpre manter a coherencia en todo o texto.

- | # Nas estruturas comparativas non se utilizarán as formas contractas senón as formas ''ca'' ou ''que'' + artigo: ''máis que na actualidade'' (e non ''máis ca na actualidade''); ''maior que no turismo en xeral'' (e non ''maior ca no turismo en xeral'').

- | # Con respecto ao artigo determinado, non se utilizará a segunda forma do artigo en ningún escrito, coa excepción do caso en que o seu uso é obrigatorio (''polo''). No resto dos casos escribirase a forma plena do artigo, isto é: ''a, o, as, os''. Escribiremos, por tanto: ''todos os, ambos os, tras os, mais os, aprobar as normas, cubrir o expediente,'' ...

- | # Para os nomes dos días utilizaranse as denominacións ''luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo''. As formas ''segunda feira, terza feira, cuarta/corta feira, quinta feira'' e ''sexta feira'' só se utilizarán cando se transcriban partes de textos que as empreguen.

- | # Contraccións:

- | ::10.1. Empregaremos a forma ''ao'' para a contracción de ''a'' + ''o'', e o correspondente plural ''aos'' para a contracción de ''a'' + ''os''.

- | ::10.2. No caso da contracción da preposición co numeral ''un, unha'' manteremos a forma contraída: ''no prazo dun mes''. Utilizarase a forma sen contraer na series en que sexa preciso remarcar o significado do numeral: ''de un a varios meses''.

- | == Cómpre evitar as interferencias entre linguas ==

- | Non poucas veces, a redacción en dúas linguas provoca interferencias de distinto tipo. Cómpre un especial esforzo para evitalas: tempos simples en galego/compostos en castelán (''entregueino hai pouco''/''lo he entregado hace poco''); xénero distinto dalgunhas palabras ou distinto determinante (''a ponte''/''el puente''; ''el acta''/''a acta''); distinta colocación do pronome átono (''déronlle instrucións''/''le dieron instrucciones''); perífrases verbais (''non deron atopado''/''no consiguieron encontrar''); léxico (''concello''/''ayuntamiento''; ''bolsa''/''beca''; ''axuda de custo''/''dieta''; ''desenvolvemento''/''desarrollo''…).

- | == Tradutores automáticos e correctores ==

- | Para axilizar os traballos de tradución dun idioma oficial a outro contamos con tradutores automáticos. Agora ben, cómpre non esquecer que as máquinas non poden ter nunca a última palabra. E que toda tradución saída do tradutor automático debe ser revisada a conciencia para evitar imprecisións e incorreccións de tipo gramatical e léxico.

- | En canto ao corrector, serve para cuestións ortográficas pero non para as gramaticais ou léxicas. E cómpre ter coidado coas opcións que nos poida ofrecer, pois ás veces dános alternativas só por proximidade fónica, sen ter en conta o significado. Por exemplo, se utilizamos a expresión incorrecta *''a traverso de'', o corrector márcaa e ofrece a alternativa ''a traveso de'', e se poñemos *''plantexe'', o corrector indícanos unha posible substitución por ''plántelle'', porque son as expresións formalmente máis próximas. Por outra banda, pode haber expresións correctas que o corrector nos sinale como incorrectas. Neste caso trátase de expresións pouco usuais que o corrector non ten no seu dicionario pero que son correctas.

- | == Os contidos deben expresarse, salvo excepcións, na lingua de redacción ==

- | Cómpre aplicarmos un principio xeral de que todos os conceptos deben ser expresados na lingua en que redactamos.

- | En aplicación deste principio, na edición en galego do DOG expresaremos neste idioma:

- | *Os organismos de calquera administración, tanto galega como central ou doutras comunidades autónomas: ''o Ministerio de Facenda; o Tribunal de Contas; a Consellería de Facenda de Andalucía;''...

- | *As denominacións das autoridades e cargos: ''o rei de España; o presidente do Goberno; a ministra de Sanidade e Asuntos Sociais; o director xeral de Institucións Penitenciarias;''...

- | *As normas estatais: ''a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; o Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social,''...

- | E na versión en castelán expresaranse neste idioma:

- | *Os organismos galegos: ''la Dirección General de Salud Pública; el Consejo de la Cultura Gallega; la Subdirección General de Régimen Jurídico; el Consejo Consultivo;''...

- | *As denominacións de autoridades e cargos de Galicia: ''la presidenta del Parlamento de Galicia; el Valedor del Pueblo; la directora general de Presupuestos;''...

- | *As normas galegas: ''la Ley 12/2011, de 26 de diciembre, de medidas fiscales y administrativas; el Decreto 87/2012, de 23 de febrero, por el que se aprueba el Plan de Emergencia Exterior del depósito de lodos rojos de Alcoa, en Xove;''...

- | Aínda así, esta pauta xeral ten as súas excepcións ou dá lugar ás veces a vacilacións. A seguir, establecemos algúns criterios de aplicación nas publicacións oficiais:

- | ==== Expresións fixadas só en galego ou noutra lingua oficial ====

- | *As expresións ''Xunta de Galicia, consellería, Consello de la Xunta e conselleiro/a'' mantéñense na súa forma en galego na versión en castelán, aínda que se expresa neste último idioma a área de goberno respectiva: ''el conselleiro de la Presidencia, Administraciones Públicas y Justicia;''...

- | *Algunhas institucións non galegas de ámbito autonómico, de circulación frecuente en medios de comunicación, adoitan manterse na lingua propia: ''Generalitat de Cataluña; Generalitat Valenciana, Ertzaintza; Junta de Andalucía;'' ... Con todo, non ten por que considerarse incorrecto o seu emprego en forma adaptada ao galego: ''Xeneralidade de Cataluña; Xunta de Andalucía;''...

- | === Entes públicos de distinta natureza (organismos autónomas, sociedades públicas, axencias públicas,...) ===

- | COMPLETAR

- | === Denominación das comunidades autónomas ===

- | A denominación das comunidades autónomas farase respectando o topónimo orixinal (''Castilla y León, Extremadura, La Rioja,''...) e expresando en galego ou castelán, segundo a lingua de redacción, o xenérico que acompaña este: ''A Comunidade Autónoma de Castilla y León / La Comunidad Autónoma de Castilla y León; a Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia / la Comunidad Autónoma de la Región de Murcia;''....

- | === Entidades non públicas ===

- | Na denominación das entidades non públicas respectarase en xeral, nas dúas versións, a forma en que foron inscritas no rexistro respectivo ou aquela en que circulan habitualmente.

- | Concretamente, aplicaremos os seguintes criterios: