O número
De Manual de Estilo DOG
(→Siglas e símbolos) |
(→Siglas e símbolos) |

Liña 224: | Liña 224: | ||

Porén, os acrónimos lexicalizados ‒é dicir, incorporados ao galego como nomes comúns, polo que se escriben en minúsculas‒ pluralízanse coma calquera outra palabra: | Porén, os acrónimos lexicalizados ‒é dicir, incorporados ao galego como nomes comúns, polo que se escriben en minúsculas‒ pluralízanse coma calquera outra palabra: | ||
Liña 232: | Liña 233: | ||
:un tac → varios tacs | :un tac → varios tacs | ||

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> | ||

+ | === Compostos === | ||

+ | Nas palabras compostas, a marca de plural pode aplicarse de distintos xeitos: | ||

+ | • Nalgúns casos, só pluraliza o segundo dos elementos: ''institutos marítimo-pesqueiros; escolas náutico-pesqueiras; características fisicoquímicas''. | ||

+ | • Noutros, pola contra, o plural afecta só o primeiro elemento: ''coches cama, decretos lei''. | ||

+ | • Finalmente, noutros casos, o morfema de plural aplícase aos dous elementos do composto: ''gardas civís, porcos bravos''. | ||

[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> |
[[#bodyContent|↑ Voltar ↑]]
<noinclude> |
Revisión como estaba o 12 de decembro de 2012 ás 12:56
Páxinas principais |
Índice |
Formación do plural
Estas son algunhas observacións verbo da formación do plural:
Palabras rematadas en vogal ou en ditongo
As palabras que finalizan en vogal ‒tónica ou átona‒ ou en ditongo forman o plural engadindo -s:
- custo → custos
- israelí → israelís
- rei → reis
- lei → leis
Os estranxeirismos acabados en vogal forman o plural engadindo -s ou respectando a forma de plural de orixe:
- spray → sprays
- hippy → hippys ou hippies
Palabras rematadas en -r e -z
Estas palabras, incluídos os estranxeirismos xa integrados, engaden o morfema -es sobre o singular:
- calor → calores
- luz → luces
- dólar → dólares
- palier → palieres
- somier → somieres
Algúns estranxeirismos pouco integrados poden formar o plural do xeito anterior ou engadindo -s:
- póster → pósteres ou pósters
- gángster → gángsteres ou gángsters
Palabras rematadas en -s e -x
Engaden -es as que son agudas:
- compás → compases
- deus → deuses
Permanecen invariables as agudas rematadas en grupo consonántico e todas as graves e esdrúxulas:
Singular | Plural |

luns
fax lapis martes mércores oasis tórax | luns
fax lapis martes mércores oasis tórax |
Palabras rematadas en -n
Engaden -s:
- can → cans
- dolmen → dolmens
- mitin → mitins
Palabras rematadas en -l
As palabras monosílabas acabadas en -l engaden -es:
- cal → cales
- el → eles
- mil → miles
- pel → peles
- tal → tales
As palabras agudas polisílabas substitúen o -l final polo morfema -is:
- aval → avais
- civil → civís
- control → controis
- fiel → fieis
- papel → papeis
As palabras compostas en que o segundo elemento é un monosílabo, fan o plural en -es:
- ollomol → ollomoles
- cartafol → cartafoles
As palabras graves que finalizan en -l forman o plural engadindo o morfema -es:
- cónsul → cónsules
- difícil → difíciles
- útil → útiles
Exceptúanse desta norma as palabras acabadas en -bel, que fan o plural en -beis:
- amábel → amábeis
- posíbel → posíbeis
Palabras rematadas noutras consoantes
As máis delas son estranxeirismos ou cultismos e forman o plural engadindo -s:
- álbum → álbums
- boicot → boicots
- club → clubs
- hándicap → hándicaps
- réquiem → réquiems
- test → tests
Algunhas particularidades en canto á formación do plural
Abreviaturas
As abreviaturas formadas por máis dunha letra fan o plural engadindo –s:
- núm. → núms.
- páx. → páxs.
- tfno. → tfnos.
Nas formadas por unha letra, o plural exprésase duplicando esta:
- p. → pp.
- s. → ss.
Siglas e símbolos
Nas siglas e nos símbolos non se marca o plural:
Correcto | Incorrecto |

As ANPA | As ANPAS
As ANPAs As ANPA's |
Varias ONG | Varias ONGS
Varias ONGs Varias ONG's |
50 g | 50 gs |
20 km | 20 kms |
80 l | 80 lts |
Porén, os acrónimos lexicalizados ‒é dicir, incorporados ao galego como nomes comúns, polo que se escriben en minúsculas‒ pluralízanse coma calquera outra palabra:
- a peme → as pemes
- o radar → os radares
- un tac → varios tacs
Compostos
Nas palabras compostas, a marca de plural pode aplicarse de distintos xeitos:
• Nalgúns casos, só pluraliza o segundo dos elementos: institutos marítimo-pesqueiros; escolas náutico-pesqueiras; características fisicoquímicas.
• Noutros, pola contra, o plural afecta só o primeiro elemento: coches cama, decretos lei.
• Finalmente, noutros casos, o morfema de plural aplícase aos dous elementos do composto: gardas civís, porcos bravos.