O número
De Manual de Estilo DOG
(Diferenzas entre revisións)
(→Palabras rematadas en -r e -z) |
|||
Liña 28: | Liña 28: | ||
=== Palabras rematadas en ''-r'' e ''-z'' === | === Palabras rematadas en ''-r'' e ''-z'' === | ||
- | Estas | + | Estas palabras, incluídos os estranxeirismos xa integrados, engaden o morfema -es sobre o singular: |
+ | calor → calores | ||
+ | luz → luces | ||
+ | dólar → dólares | ||
+ | palier → palieres | ||
+ | somier → somieres | ||
+ | Algúns estranxeirismos pouco integrados poden formar o plural do xeito anterior ou engadindo -s: | ||
+ | póster → pósteres ou pósters | ||
+ | gángster → gángsteres ou gángsters |
Revisión como estaba o 12 de decembro de 2012 ás 10:14
Páxinas principais |
Índice |
Formación do plural
Estas son algunhas observacións verbo da formación do plural:
Palabras rematadas en vogal ou en ditongo
As palabras que finalizan en vogal ‒tónica ou átona‒ ou en ditongo forman o plural engadindo -s:
- custo → custos
- israelí → israelís
- rei → reis
- lei → leis
Os estranxeirismos acabados en vogal forman o plural engadindo -s ou respectando a forma de plural de orixe:
- spray → sprays
- hippy → hippys ou hippies
Palabras rematadas en -r e -z
Estas palabras, incluídos os estranxeirismos xa integrados, engaden o morfema -es sobre o singular: calor → calores luz → luces dólar → dólares palier → palieres somier → somieres Algúns estranxeirismos pouco integrados poden formar o plural do xeito anterior ou engadindo -s: póster → pósteres ou pósters gángster → gángsteres ou gángsters