O número

De Manual de Estilo DOG

(Diferenzas entre revisións)
(→Formación do plural)
(→Palabras rematadas en -l)
Liña 131: Liña 131:
:<font color="#0066cc">papel</font> &#8594; <font color="#0066cc">papeis</font>
:<font color="#0066cc">papel</font> &#8594; <font color="#0066cc">papeis</font>
-
As palabras compostas en que o segundo elemento é un monosílabo, fan o plural en <font color=#0066cc">''-es''</font>:  
+
As palabras compostas en que o segundo elemento é un monosílabo, fan o plural en <font color="#0066cc">''-es''</font>:  
:<font color="#0066cc">ollomol</font> &#8594; <font color="#0066cc">ollomoles</font>
:<font color="#0066cc">ollomol</font> &#8594; <font color="#0066cc">ollomoles</font>

Revisión como estaba o 12 de decembro de 2012 ás 12:08

Páxinas principais


Índice

Formación do plural

Estas son algunhas observacións verbo da formación do plural:

Palabras rematadas en vogal ou en ditongo

As palabras que finalizan en vogal ‒tónica ou átona‒ ou en ditongo forman o plural engadindo -s:

custo → custos
israelí → israelís
rei → reis
lei → leis

Os estranxeirismos acabados en vogal forman o plural engadindo -s ou respectando a forma de plural de orixe:

spray → sprays
hippy → hippys ou hippies
↑ Voltar ↑

Palabras rematadas en -r e -z

Estas palabras, incluídos os estranxeirismos xa integrados, engaden o morfema -es sobre o singular:

calor → calores
luz → luces
dólar → dólares
palier → palieres
somier → somieres

Algúns estranxeirismos pouco integrados poden formar o plural do xeito anterior ou engadindo -s:

póster → pósteres ou pósters
gángster → gángsteres ou gángsters
↑ Voltar ↑

Palabras rematadas en -s e -x

Engaden -es as que son agudas:

compás → compases
deus → deuses

Permanecen invariables as agudas rematadas en grupo consonántico e todas as graves e esdrúxulas:

Singular Plural
luns

fax

lapis

martes

mércores

oasis

tórax

luns

fax

lapis

martes

mércores

oasis

tórax

↑ Voltar ↑

Palabras rematadas en -n

Engaden -s:

can → cans
dolmen → dolmens
mitin → mitins
↑ Voltar ↑

Palabras rematadas en -l

As palabras monosílabas acabadas en -l engaden -es:

cal → cales
el → eles
mil → miles
pel → peles
tal → tales

As palabras agudas polisílabas substitúen o -l final polo morfema -is:

aval → avais
civil → civís
control → controis
fiel → fieis
papel → papeis

As palabras compostas en que o segundo elemento é un monosílabo, fan o plural en -es:

ollomol → ollomoles
cartafol → cartafoles

As palabras graves que finalizan en -l forman o plural engadindo o morfema -es:

cónsul → cónsules
difícil → difíciles
útil → útiles

Exceptúanse desta norma as palabras acabadas en -bel, que fan o plural en -beis:

amábel → amábeis
posíbel → posíbeis
↑ Voltar ↑
Ferramentas persoais