O número
De Manual de Estilo DOG
Revisión feita o 21 de febreiro de 2011 ás 19:43 por Dogadmin (Conversa | contribucións)
Páxinas principais |
Galego
- As palabras que finalizan en vogal, tónica ou átona, ou en ditongo forman o plural engadindo -s:
- o custo → os custos
- o israelí → os israelís
- Os estranxeirismos acabados en vogal forman o plural engadindo -s ou respectando a forma de plural de orixe:
- o spray → os sprays
- o hippy → os hippys / hippies
- As palabras que finalizan en -r e -z engaden -es:
- o calor → os calores
- a luz → as luces
- Os estranxeirismos adecúanse á regra xeral:
- o palier → os palieres
- o dólar → os dólares
- Exceptúanse as formas pouco integradas:
- o póster → os pósteres / pósters
- o gángster → os gángsteres / gángsters
- As palabras agudas que finalizan en -s e -x [ks] engaden -es:
- o compás → os compases
- Exceptúanse as que finalizan en grupo consonántico, que fican invariables:
- o luns → os luns
- o fax → os fax
- As palabras graves e esdrúxulas acabadas en -s ou -x [ks] son invariables:
- o lapis → os lapis
- o tórax → os tórax
- As palabras acabadas en -n engaden -s:
- o dolmen → os dolmens
- o mitin → os mitins
- As palabras acabadas en -l:
- As palabras monosílabas acabadas en -l engaden -es:
- o cal → os cales
- o sal → os sales
-
- As palabras agudas polisílabas substitúen o -l final polo morfema -is:
- o aval → os avais
- o control → os controis
-
- As palabras compostas en que o segundo elemento é algún dos monosílabos citados, fan o plural en -les:
- o ollomol → os ollomoles
- o cartafol → os cartafoles
- Téñase en conta que caracol e aerosol non son compostos de col e sol. Os seus plurais son, por tanto, regulares:
- o caracol → os caracois
- o aerosol → os aerosois
-
- As palabras graves que finalizan en -l forman o plural engadindo o morfema -es:
- o difícil → os difíciles
- o útil → os útiles
- As palabras que finalizan noutras consoantes son as máis delas estranxeirismos ou cultismos, e forman o plural engadindo -s:
- o club → os clubs
- o test → os tests
- o álbum → os álbums
- As abreviaturas fan o plural engadindo -s se foron creadas cortando a palabra:
- páx. → páxs. (de páxinas)
- Nas formadas por unha letra o plural exprésase duplicando esta:
- s. → ss. (de seguintes)
- Nas siglas e nos símbolos non se marca o plural:
- a ONG → as ONG
- o CD → os CD
- 25 km
Castelán
- Os substantivos e adxectivos acabados en vogal átona ou en -e tónico forman o plural con -s:
- la casa → las casas
- Os plurais terminados en -ses considéranse vulgares:
- el café → los *cafeses → los cafés
- Os substantivos e adxectivos acabados en -a ou en -o tónicos forman o plural con -s:
- el sofá → los sofás
- Exceptúanse os substantivos faralá e albalá e o adverbio no en función substantiva, que forman o plural con -es:
- el no → los noes
- Tamén é excepción o pronome yo cando funciona como substantivo, pois admite ambos os plurais:
- el yo → los yoes / yos
- Os substantivos e adxectivos acabados en -i ou en -u tónicos admiten dúas formas de plural, unha con -es e outra con -s, aínda que é preferible a primeira:
- el bisturí → los bisturíes / bisturís
- Nos xentilicios darase preferencia aos plurais en -es:
- el israelí → los/las israelíes
- Certas palabras, xeralmente procedentes doutras idiomas ou as que pertencen a rexistros coloquiais ou populares, que apenas forman o plural con -s:
- el menú → los menús
- O plural do adverbio sí, cando funciona como substantivo, é:
- el sí → los síes
- É diferente o caso da nota musical si:
- el si → los sis
- Os substantivos e adxectivos acabados en -y precedida de vogal forman o plural con -es:
- el rey → los reyes
-
- Os substantivos e adxectivos con esta mesma configuración e que se incorporaran ao uso máis recentemente fan o plural en -s. O y do singular mantén en plural o seu carácter vocálico e, por tanto, debe pasar a escribirse i:
- el espray → los espráis
-
- Os estranxeirismos acabados en -y precedido de consoante deben adaptarse graficamente ao español substituíndo o -y por -i, o plural fórmase engadindo un -s:
- el ferri (ingl. ferry) → los ferris
- Non son admisibles, por tanto, os plurais que conservan o -y do singular etimolóxico.
- Os substantivos e adxectivos acabados en -s ou en -x monosílabos ou polisílabos agudos, forman o plural engadindo -es:
- el fax → los faxes
- el francés → los/las franceses/as
- O resto dos casos fican invariables:
- la crisis → las crisis
- Excepcións:
-
- el dux → los dux
- Os polisílabos agudos cando son palabras compostas cuxo segundo elemento xa é un plural:
- el ciempiés → los ciempiés
- Os substantivos e adxectivos acabados en -l, -r, -n, -d, -z, -j se non van precedidos doutra consoante, forman o plural con -es:
- el color → los colores
- el reloj → los relojes
- Os estranxeirismos que acaben nesas consoantes deben seguir a mesma regra:
- el píxel → los píxeles
- el interfaz → los interfaces
- Exceptúanse as palabras esdrúxulas, que fican invariables en plural:
- el cáterin → los cáterin
- O plural de hipérbaton é, de forma excepcional, hipérbatos.
- Os substantivos e adxectivos acabados en consoantes distintas de -l, -r, -n, -d, -z, -j, -s, -x, -ch fan o plural en -s:
- el chip → los chips
- el cómic → los cómics
- Exceptúase desta regra a palabra club, que admite dous plurais:
- el club → los clubs / clubes
- Tamén son excepcións o arabismo imam o latinismo álbum:
- el imam → los imames
- el álbum → los álbumes
- Os substantivos e adxectivos acabados en -ch poden ficar invariables en plural ou facelo en -es:
- el crómlech → los crómlech
- el sándwich → los sándwiches
- Os substantivos e adxectivos que acaban en grupo consonántico forman o plural con -s (agás aqueles que xa acaban en -s, que seguen a regra xeral):
- el iceberg → los icebergs
- Son excepción as palabras: compost, karst, test, trust e kibutz, que fican invariables en plural e lord e milord, cuxos plurais son lores e milores, respectivamente.
- Os latinismos fan o plural en -s, en -es ou fican invariables dependendo das súas características formais:
- el ratio → los ratios
- el plus → los pluses
- el déficit → los déficits
- el ítem → los ítems
- Apenas se afastan desta tendencia os latinismos acabados en -r procedentes de formas verbais, como cónfer, confíteor, exequátur e imprimátur, cuxo plural fica invariable. Outra excepción é a palabra álbum (→ álbumes). En xeral, aconséllase usar con preferencia, cando existan, as variantes hispanizadas dos latinismos e, consecuentemente, tamén o seu plural:
- el currículum → el currículo → los currículos
- Non deben utilizarse en español os plurais latinos en -a:
- el corpus → los *córpora → los corpus
- As locucións latinas, a diferenza dos latinismos simples, fican sempre invariables en plural:
- el status quo → los statu quo
- el currículum vítae → los currículum vítae
- As abreviaturas fan o plural engadindo -s se foron creadas cortando a palabra:
- pág. → págs. (de páginas)
- Nas formadas por unha letra o plural exprésase duplicando esta:
- s. → ss. (de siguientes)
- EE. UU. (de Estados Unidos)
- Nas siglas e nos símbolos non se marca o plural:
- la ONG → las ONG
- el CD → los CD
- 25 km
- Outros casos:
- A vogal tónica é a mesma no singular e no plural, agás nas palabras espécimen, régimen e carácter, en que o acento muda de lugar no plural:
- el espécimen → los especímenes
- el régimen → los regímenes
- el carácter → los caracteres