O número

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 22 de febreiro de 2011 ás 16:30 por Dogadmin (Conversa | contribucións)

Páxinas principais

Índice

Galego

  • As palabras que finalizan en vogal, tónica ou átona, ou en ditongo forman o plural engadindo -s:
o custo → os custos
o israelí → os israelís
  • Os estranxeirismos acabados en vogal forman o plural engadindo -s ou respectando a forma de plural de orixe:
o spray → os sprays
o hippy → os hippys / hippies
  • As palabras que finalizan en -r e -z engaden -es:
o calor → os calores
a luz → as luces
Os estranxeirismos adecúanse á regra xeral:
o palier → os palieres
o dólar → os dólares
Exceptúanse as formas pouco integradas:
o póster → os pósteres / pósters
o gángster → os gángsteres / gángsters
  • As palabras agudas que finalizan en -s e -x [ks] engaden -es:
o compás → os compases
Exceptúanse as que finalizan en grupo consonántico, que fican invariables:
o luns → os luns
o fax → os fax
As palabras graves e esdrúxulas acabadas en -s ou -x [ks] son invariables:
o lapis → os lapis
o tórax → os tórax
  • As palabras acabadas en -n engaden -s:
o dolmen → os dolmens
o mitin → os mitins
  • As palabras acabadas en -l:
  • As palabras monosílabas acabadas en -l engaden -es:
o cal → os cales
o sal → os sales
  • As palabras agudas polisílabas substitúen o -l final polo morfema -is:
o aval → os avais
o control → os controis
  • As palabras compostas en que o segundo elemento é algún dos monosílabos citados, fan o plural en -les:
o ollomol → os ollomoles
o cartafol → os cartafoles
Téñase en conta que caracol e aerosol non son compostos de col e sol. Os seus plurais son, por tanto, regulares:
o caracol → os caracois
o aerosol → os aerosois
  • As palabras graves que finalizan en -l forman o plural engadindo o morfema -es:
o difícil → os difíciles
o útil → os útiles
  • As palabras que finalizan noutras consoantes son as máis delas estranxeirismos ou cultismos, e forman o plural engadindo -s:
o club → os clubs
o test → os tests
o álbum → os álbums
  • As abreviaturas fan o plural engadindo -s se foron creadas cortando a palabra:
páx. → páxs. (de páxinas)
Nas formadas por unha letra, o plural exprésase duplicando esta:
s. → ss. (de seguintes)
  • Nas siglas e nos símbolos non se marca o plural:
a ONG → as ONG
o CD → os CD
25 km

Castelán

  • Os substantivos e adxectivos acabados en vogal átona ou en -e tónico forman o plural con -s:
la casa → las casas
Os plurais terminados en -ses considéranse vulgares:
el café → los *cafeses → los cafés
  • Os substantivos e adxectivos acabados en -a ou en -o tónicos forman o plural con -s:
el sofá → los sofás
Exceptúanse os substantivos faralá e albalá e o adverbio no en función substantiva, que forman o plural con -es:
el no → los noes
Tamén é excepción o pronome yo cando funciona como substantivo, pois admite ambos os plurais:
el yo → los yoes / yos
  • Os substantivos e adxectivos acabados en -i ou en -u tónicos admiten dúas formas de plural, unha con -es e outra con -s, aínda que é preferible a primeira:
el bisturí → los bisturíes / bisturís
Nos xentilicios darase preferencia aos plurais en -es:
el israelí → los/las israelíes
Certas palabras, xeralmente procedentes doutros idiomas ou as que pertencen a rexistros coloquiais ou populares, que apenas forman o plural con -s:
el menú → los menús
O plural do adverbio , cando funciona como substantivo, é:
el sí → los síes
É diferente o caso da nota musical si:
el si → los sis
  • Os substantivos e adxectivos acabados en -y precedida de vogal forman o plural con -es:
el rey → los reyes
  • Os substantivos e adxectivos con esta mesma configuración e que se incorporaran ao uso máis recentemente fan o plural en -s. O y do singular mantén en plural o seu carácter vocálico e, por tanto, debe pasar a escribirse i:
el espray → los espráis
  • Os estranxeirismos acabados en -y precedido de consoante deben adaptarse graficamente ao español substituíndo o -y por -i, o plural fórmase engadindo un -s:
el ferri (ingl. ferry) → los ferris
Non son admisibles, por tanto, os plurais que conservan o -y do singular etimolóxico.
  • Os substantivos e adxectivos acabados en -s ou en -x monosílabos ou polisílabos agudos, forman o plural engadindo -es:
el fax → los faxes
el francés → los/las franceses/as
O resto dos casos fican invariables:
la crisis → las crisis
Excepcións:
  • el dux → los dux
  • Os polisílabos agudos cando son palabras compostas cuxo segundo elemento xa é un plural:
el ciempiés → los ciempiés
  • Os substantivos e adxectivos acabados en -l, -r, -n, -d, -z, -j se non van precedidos doutra consoante, forman o plural con -es:
el color → los colores
el reloj → los relojes
Os estranxeirismos que acaben nesas consoantes deben seguir a mesma regra:
el píxel → los píxeles
el interfaz → los interfaces
Exceptúanse as palabras esdrúxulas, que fican invariables en plural:
el cáterin → los cáterin
O plural de hipérbaton é, de forma excepcional, hipérbatos.
  • Os substantivos e adxectivos acabados en consoantes distintas de -l, -r, -n, -d, -z, -j, -s, -x, -ch fan o plural en -s:
el chip → los chips
el cómic → los cómics
Exceptúase desta regra a palabra club, que admite dous plurais:
el club → los clubs / clubes
Tamén son excepcións o arabismo imam o latinismo álbum:
el imam → los imames
el álbum → los álbumes
  • Os substantivos e adxectivos acabados en -ch poden ficar invariables en plural ou facelo en -es:
el crómlech → los crómlech
el sándwich → los sándwiches
  • Os substantivos e adxectivos que acaban en grupo consonántico forman o plural con -s (agás aqueles que xa acaban en -s, que seguen a regra xeral):
el iceberg → los icebergs
Son excepción as palabras: compost, karst, test, trust e kibutz, que fican invariables en plural e lord e milord, cuxos plurais son lores e milores, respectivamente.
  • Os latinismos fan o plural en -s, en -es ou fican invariables dependendo das súas características formais:
el ratio → los ratios
el plus → los pluses
el déficit → los déficits
el ítem → los ítems
Apenas se afastan desta tendencia os latinismos acabados en -r procedentes de formas verbais, como cónfer, confíteor, exequátur e imprimátur, cuxo plural fica invariable. Outra excepción é a palabra álbum (→ álbumes). En xeral, aconséllase usar con preferencia, cando existan, as variantes hispanizadas dos latinismos e, consecuentemente, tamén o seu plural:
el currículum → el currículo → los currículos
Non deben utilizarse en español os plurais latinos en -a:
el corpus → los *córpora → los corpus
As locucións latinas, a diferenza dos latinismos simples, fican sempre invariables en plural:
el status quo → los statu quo
el currículum vítae → los currículum vítae
  • As abreviaturas fan o plural engadindo -s se foron creadas cortando a palabra:
pág. → págs. (de páginas)
Nas formadas por unha letra o plural exprésase duplicando esta:
s. → ss. (de siguientes)
EE. UU. (de Estados Unidos)
  • Nas siglas e nos símbolos non se marca o plural:
la ONG → las ONG
el CD → los CD
25 km
  • Outros casos:
  • A vogal tónica é a mesma no singular e no plural, agás nas palabras espécimen, régimen e carácter, en que o acento muda de lugar no plural:
el espécimen → los especímenes
el régimen → los regímenes
el carácter → los caracteres
Ferramentas persoais