O número
De Manual de Estilo DOG
Revisión feita o 12 de decembro de 2012 ás 10:14 por Servizotraducion (Conversa | contribucións)
Páxinas principais |
Índice |
Formación do plural
Estas son algunhas observacións verbo da formación do plural:
Palabras rematadas en vogal ou en ditongo
As palabras que finalizan en vogal ‒tónica ou átona‒ ou en ditongo forman o plural engadindo -s:
- custo → custos
- israelí → israelís
- rei → reis
- lei → leis
Os estranxeirismos acabados en vogal forman o plural engadindo -s ou respectando a forma de plural de orixe:
- spray → sprays
- hippy → hippys ou hippies
Palabras rematadas en -r e -z
Estas palabras, incluídos os estranxeirismos xa integrados, engaden o morfema -es sobre o singular: calor → calores luz → luces dólar → dólares palier → palieres somier → somieres Algúns estranxeirismos pouco integrados poden formar o plural do xeito anterior ou engadindo -s: póster → pósteres ou pósters gángster → gángsteres ou gángsters