O número

De Manual de Estilo DOG

Revisión feita o 12 de decembro de 2012 ás 10:26 por Servizotraducion (Conversa | contribucións)

Páxinas principais


Índice

Formación do plural

Estas son algunhas observacións verbo da formación do plural:

Palabras rematadas en vogal ou en ditongo

As palabras que finalizan en vogal ‒tónica ou átona‒ ou en ditongo forman o plural engadindo -s:

custocustos
israelíisraelís
reireis
leileis

Os estranxeirismos acabados en vogal forman o plural engadindo -s ou respectando a forma de plural de orixe:

spraysprays
hippyhippys ou hippies
↑ Voltar ↑

Palabras rematadas en -r e -z

Estas palabras, incluídos os estranxeirismos xa integrados, engaden o morfema -es sobre o singular:

calor → calores luz → luces dólar → dólares palier → palieres somier → somieres Algúns estranxeirismos pouco integrados poden formar o plural do xeito anterior ou engadindo -s: póster → pósteres ou pósters gángster → gángsteres ou gángsters

Ferramentas persoais