O número
De Manual de Estilo DOG
Revisión feita o 12 de decembro de 2012 ás 11:06 por Servizotraducion (Conversa | contribucións)
Páxinas principais |
Índice |
Formación do plural
Estas son algunhas observacións verbo da formación do plural:
Palabras rematadas en vogal ou en ditongo
As palabras que finalizan en vogal ‒tónica ou átona‒ ou en ditongo forman o plural engadindo -s:
- custo → custos
- israelí → israelís
- rei → reis
- lei → leis
Os estranxeirismos acabados en vogal forman o plural engadindo -s ou respectando a forma de plural de orixe:
- spray → sprays
- hippy → hippys ou hippies
Palabras rematadas en -r e -z
Estas palabras, incluídos os estranxeirismos xa integrados, engaden o morfema -es sobre o singular:
- calor → calores
- luz → luces
- dólar → dólares
- palier → palieres
- somier → somieres
Algúns estranxeirismos pouco integrados poden formar o plural do xeito anterior ou engadindo -s:
- póster → pósteres ou pósters
- gángster → gángsteres ou gángsters
Palabras rematadas en -s e -x
Engaden -es as que son agudas:
- compás → compases
- deus → deuses
Permanecen invariables as agudas rematadas en grupo consonántico e todas as graves e esdrúxulas:
Singular | Plural |
---|---|
luns
fax lapis martes mércores oasis tórax | luns
fax lapis martes mércores oasis tórax |